Mal de escuela de Daniel Pennac. Ed. Mondadori, 2008
No seguinte enlace podemos acceder a un video no que se ofrece unha entrevista a dito autor: Video entrevista
Las cinco mentes del futuro de Howard Gardner
Howard Gardner and Five Minds for the Future ( www. video google.com)
Guía de mediación escolar de Mª Carme Boqué Torremorell. Ed. Octaedro
Comprender os conflictos, comunicarse abertamente, recoñecer e expresar emocións e sentimentos, desenvolver habilidades de pensamento, participar activamente, convivir en paz e redescubrir os procesos de mediación constituien os eixes vertebradores desta obra. Desenvolve un programa de actividades orientadas principalmente hacia Primaria eSecundaria, a toda a comunidad educativa. Presentadas de manera sistemática, práctica e participativa, a súa finalidade é contribuir á construcción de actitudes e valores para a convivencia e crear un entramado humano onde superando as barrerias da incomprensión e a violencia, adultos e xóvenes disfruten do feito de ensinar e aprender.
Nos seguintes pdf podemos ler artigos da mesma autora:
Resolución de conflictos en el aula de Juan Vaello Orts
Este libro pretende aportar algunhas ideas prácticas que sirvan ao educador para afrontar esos conflictos desde un enfoque constructivoe formativo, é dicir, considerando cada conflicto como unha ocasión propicia para transmitir ao alumno habilidades sociais que contribuian á convivencia.
Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades de Xesús R. Jares. Ed. Xerais
Malia posuíren unha finalidade educativa en si mesmos, os xogos non son neutrais. A través deles podemos aprender uns valores determinados, de aí a importancia de seleccionalos. Os presentados en Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades teñen unha característica especial: aínda que habitualmente nos xogos a competitividade é o elemento que mantén a tensión, neste caso enfatízanse as estratexias cooperativas para a súa execución, de tal xeito que non hai gañadores nin perdedores; todos participan por igual sen quedar ninguén excluído. Estes xogos e dinámicas cooperativas foron utilizados en distintas situacións e con idades diferentes para construír grupos vertebrados desde o mutuo coñecemento, a confianza, a comunicación, a ledicia e a cooperación. Esta obra de Xesús R. Jares resultará moi útil para o profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e da Universidade, así como para os responsables das actividades de educación non formal, tempo libre, asociacionismo, etc. Do mesmo xeito, este libro tamén pode ser utilizado en grupos de diferentes tipoloxías: asociacións de pais e nais, asociacións veciñais, empresas, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario