Procesadores de texto
É a ferramenta máis sinxela que podemos empregar, a que estamos máis acostumados. Como a estrutura destas actividades é sempre a mesma podemos preparar un modelo no que solo cambiaríamos o contido. Para os enlaces temos dúas opcións:
- Pegar a URL. Se ao final pulsamos a barra espazadora ou a tecla Intro xa se crea automaticamente a ligazón.
- Escribir un pequeno texto descritivo da páxina, seleccionalo e crear o enlace co menú Insertar - Hipervínculo.
Para entregar a actividade ao alumnado podemos usar varios métodos:
- Entrega do arquivo, copiándoo no ordenador onde traballen ou enviándoo por email. Se o entregamos no formato do procesador de textos para abrir os enlaces teñen que pulsar a tecla Ctrl á vez que pulsan co rato no vínculo. Pódese facilitar esta tarefa gardándoa no formato HTML, (gardar como páxina web).
O procesador de textos OpenOffice permite a gravación en PDF con Arquivo - Exportar a PDF. No arquivo creado funcionan os enlaces pulsando sobre eles. Usando servizos da web 2.0 que permitan subir textos, por exemplo Scribd, Calameo ou Issuu. Permiten subir textos dos formatos máis coñecidos e enlazalos ou incrustalos en blogs, wikis... - Poñelas nun blog ou nunha wiki copiando e pegando o texto directamente.
Creación dunha páxina web
Necesitamos ter ferramentas de creación como NVU (gratuíta), Microsoft FrontPage ou Macromedia Dreamweaver. Na páxina de Isabel López podemos descargar modelos coa estrutura das webquest e nós só teríamos que engadir o contido.
E un pouco máis difícil manexar estes programas que o procesador de textos.
Xeradores en Internet
Hai varios xeradores para este tipo de actividades. Nalgúns, como en PHPWebquest, tamén podemos aloxar a actividade creada. Os xeradores que podemos atopar en castelán ou galego son:
- 1,2,3 a túa caza na rede –En galego. Para facer cazas do tesouro. Creado por Francisco Muñóz de la Peña e Alejandro Valero. Crea unha páxina HTML que temos que gravar no noso disco e despois subir a un servizo de aloxamento web. Tamén hai unha axuda sobre o seu manexo.
- Miniquest... en la red – Aloxado no servidor da Junta de Andalucía. O funcionamento é similar ao anterior.
- 1,2,3 a túa webquest – Tamén en galego. Similar aos dous anteriores, dos mesmos autores e con axuda dispoñible.
- PHPWebquest – Aquí poden facerse webquest, miniquest e cazas. Hai que solicitar unha conta para acceder ao servizo. A actividade queda aloxada no sitio. Hai unha copia do programa na páxina de contidos da Xunta, pero non consigo anotarme. Tamén se instalaba nas páxinas dos centros que solicitaban as webs dinámicas, aínda que hai case dous anos que non o fan.
- Zunal – Aínda que a páxina principal do sitio está en inglés, a ferramenta de creación pode usarse en castelán. Neste sitio tamén poden crearse portfolios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario