Para o ámbito de sociais temos varios en tres apartados interesantes:
- Área de Ciencias sociais, constitución e democracia (43 proxectos no momento de escribir este texto).
- Área de Educación ética e en valores humáns (41 proxectos).
- Competencias cidadás (56 proxectos).
- Competencias laborais xerais (2 proxectos).
Todos os proxectos teñen unha ficha na que se fai unha pequena descrición e dan datos sobre o nivel educativo recomendado, a duración, o idioma, país, autores, etc. Algúns dos que me interesaron son:
- Mi escuela, tu escuela. Propón que o alumnado busque informacións sobre a escola noutros países e a intercambien co alumnado doutras escolas. Pode facerse en calquera nivel eductivo. É un proxecto arxentino da Red Telar que ten un blog onde poden lerse experiencias de anos anteriores.
- Calendario multicultural. Proxecto de Educalia para elaborar un calendario a partir do coñecemento dos rasgos identificativos doutras culturas. Para primaria e ESO.
(Educalia vai desaparecer este ano e integrarse en Educared. Supoño que esto non influirá no proxecto). - Cando sexa grande quero ser... Dirixido á Educación Primaria, pretende mostrar as vantaxes do estudio cara a conseguir unha mellor calidade de vida no futuro.
- Creando a miña propia empresa. Outro proxecto arxentino no que se busca a creación dunha empresa compartindo experiencias con estudiantes doutros lugares sobre o comercio en distintos países, a moeda, as leis, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario