![]() |
Imaxe de Marta Arias López//CC BY-SA |
O curso computa 50 horas de formación e 30
serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede
titorizadas por unha persoa experta na didáctica por proxectos) onde se
elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto que poderá desenvolverse de forma colaborativa.
As sesións presenciais abordarán contidos como o traballo por proxectos, o patrimonio cultural, paisaxístico, artístico e natural da nosa contorna. Teremos en conta as contornas de aprendizaxe colaborativa e recursos multimedia como o uso das tecnoloxías móbiles e dixitais. Tamén se desenvolverán saídas didácticas para visitar a cidade e algunhos museos.
As sesións presenciais abordarán contidos como o traballo por proxectos, o patrimonio cultural, paisaxístico, artístico e natural da nosa contorna. Teremos en conta as contornas de aprendizaxe colaborativa e recursos multimedia como o uso das tecnoloxías móbiles e dixitais. Tamén se desenvolverán saídas didácticas para visitar a cidade e algunhos museos.
O proxecto a desenvolver dentro da fase non presencial poderá ser elaborado de forma colaborativa polo profesorado que perteza a un mesmo centro.
Dentro dos criterios de selección en primeiro lugar daráselle preferencia ao profesorado do ámbito lingüístico e social, ao profesorado dun mesmo centro e criterios xerais do plan de formación.
Referencia: L1301016
Centro de formación e recursos: Lugo
Temporalización: 1º trimestre, Curso académico 2013/2014
Data límite de inscrición: 20/09/2013
Lugar: Lugo
Prazas: 20
Obxectivos:
- Capacitar ao profesorado para planificar e desenvolver actividades de aula nas que se empregue o traballo por proxectos e propostas metodolóxicas colaborativas.
- Empregar os recursos educativos da contorna próxima.
- Analizar, integrar, crear e valorar materiais TIC no ensino-aprendizaxe do patrimonio.
Contidos:
- Traballo por proxectos no ámbito social. Proceso e instrumentos de planificación. Deseño de proxectos para a aula. Experimentación e avaliación.
- Didáctica do patrimonio e contornas de aprendizaxe colaborativa, locais e en rede. As TIC como instrumento de traballo na aula aplicado ao traballo por proxectos (portfolios dixitais, aulas virtuais, blogues, wikis, etc.).
- Recursos multimedia no tratamento de contidos sociais. O emprego de tecnoloxías móbiles e dixitais.
- Presentación de diferentes modelos e experiencias prácticas da didáctica do patrimonio segundo a metodoloxía por proxectos.
- Establecer criterios para elaborar un plan de experimentación e avaliación dunha proposta de actividade de aula en relación co traballo por proxectos.
Pulsa para facer a inscricíón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario