Enlazo o ligamen do wiki
Creación, reutilización e difusión de contidos que comecei desenvolvendo nun curso do INTEF e no que estou traballando co fin de recopilar información especialmente sobre licenzas e dereitos de autor.
Coa finalidade de aclarar estes aspectos á hora de elaborar, de utilizar, reutilizar e difundir contidos engado exemplos (son simples suxerencias) de cómo citar imaxes, textos, vídeos e presentacións.
Tamén se citan webs onde podemos descargar imaxes, audios, vídeos, presentacións, etc. de uso libre. Convén mirar sempre os dereitos desa imaxe ou outro recurso en particular para cerciorarnos do seu tipo de licenza e reutilización. No caso de dúbida pedir autorización ao seu autor e sempre citar fonte.
Nunha nova páxina teño a idea de elaborar algunhas normas de estilo e no que comezarei cando teña un tempo libre para isto.
Anímovos a que colaboredes neste wiki e tamén a que compartades o voso traballo.
Texto propio e imaxe capturada do wiki Creación, reutilización e difusión de contidos//CC BY-NC-SA
No hay comentarios:
Publicar un comentario