Cartel elaborado con imaxes propias, mans de: http://mrg.bz/PNHw50//licenza libre Morguefile//CC BY-NC-SA |
Esta nova actividade de formación computa 50 horas de formación e 30 serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede titorizadas por unha persoa experta na didáctica por proxectos) onde se elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto de forma colaborativa.
As sesións presenciais abordarán contidos como o traballo por proxectos, o patrimonio cultural, paisaxístico, artístico e natural da nosa contorna. Tamén teremos en conta as contornas de aprendizaxe colaborativa e recursos multimedia como o uso das tecnoloxías móbiles e dixitais.
Dentro dos criterios de selección en primeiro lugar daráselle preferencia ao profesorado do ámbito lingüístico e social e ao profesorado dun mesmo centro.
Aínda estades a tempo de facer a inscrición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario