A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria convoca plans de formación permanente (DOG 28 de maio de 2012) para implantar en centros
públicos no curso 2012-2013.
Son Plans específicos de formación permanente que,
partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permiten deseñar accións
formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias
profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos
resultados escolares.
Dese xeito o propio centro pode organizar a formación
específica de todo o profesorado interesado.
Características
- Terán como obxecto desenvolver unha ou máis liñas de traballo.
- As liñas estarán integradas por un ou máis itinerarios formativos.
- Teñen unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
- Deben estar aprobados polo Claustro e polo Consello Escolar e incluiranse na programación xeral anual do centro.
- Debe participar máis do 50% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.
- O prazo de presentación é dun mes a partir do día 29 de maio.
- Orzamento ata 6.000 euros
Podes descargar a información e os documentos dende aquí:
Anexos para cubrir e imprimir:
NOTA: Incorporación de novo profesorado ata o 30 de setembro.Poderase solicitar a colaboración do CFR da zona.
Prazo dun mes a partires do 29 de maio
No hay comentarios:
Publicar un comentario