Orbis é un proxecto da universidade de Stanford que reproduce a rede de transportes do mundo romano. Elixindo dúas cidades proporciónanos a ruta entre elas usando as vías terrestres, marítimas e fluviais empregadas hai 2000 anos, calculando a distancia, o tempo e o custo da viaxe segundo o medio de transporte elixido e a época do ano. Permite optar pola ruta máis curta, máis rápida ou máis barata. Os datos para a elección da vía e os cálculos proveñen de documentos da época.
Por exemplo, a ruta máis rápida para cruzar a península desde Tarraco ata Flavium Brigantium ten 1602 km e tardaríase en facela máis de 17 días por rutas terrestres e marítimas.
As rutas pódense descargar no formato kml para incorporalas ao Google Earth.
A páxina de Orbis ofrécenos información moi completa sobre a ferramenta: como utilizala, incluíndo un videotitorial, exemplos, como se realizou, as fontes dos datos empregados, etc.
Con este blog pretendo amosar unha pequena selección de recursos, enlaces, acontecementos e novidades que agardo sexan de interese para o traballo na aula. Tamén serve de complemento ao traballo desenvolvido dentro da asesoría. Toda a persoa que queira colaborar pode mandar as súas aportacións a tamar.arias@gmail.com Moitas grazas polas vosas visitas, comentarios e aportacións. Marta Arias López
Emblema
Docente ABP
Emblema
Docente Evaluador
Emblema
Docente activo
Emblema
Emblema PLE docente
Emblema
Emblema MOOCafé
Emblema
Emblema Docente conectado
PLE de Marta
Blog do curso Entornos Personales de Aprendizaje
ARASAAC. Candidatura Premio Píncipe de Asturias 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario