O pasado sábado 23 de abril, coincidindo co Día do Libro, cumplíu catro anos O Segrel do Penedo, o blog da biblioteca do IES de Fene. E para celebralo regálannos unha base de datos de recursos feita en Moodle que nos animan a utilizar e tamén a que participemos nela enchéndoa de contido.A base de datos está elaborada seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal). Co código 3 atopamos ciencias sociais, cos apartados de economía, etnografía e turismo, no 9 xeografía, e historia e no 7 arte, acompañado de música, deportes, espectáculos e unha espectacular base de cine con guías didácticas de varias das películas c
atalogadas.Noraboa ao IES de Fene polo bo traballo realizado. Espero que segan facéndonos estes regalos durante moitos anos.




No hay comentarios:
Publicar un comentario