
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dentro da programación do
Proxectoterra e en colaboración co CFR de Lugo organiza a actividade
O lugar no que vivimos dirixida a profesorado de educación primaria. Dita actividade desenvolverase o 17, 18 e 19 de xaneiro en Lugo e terá unha certificación de 10 h. Aportan recursos educativos diferenciados para cada un dos tres ciclos tanto en soporte impreso como audiovisual que se remitirá gratuítamente aos centros nos que haxa participado profesorado.
Obxectivos: presentar os recursos educativos do
Proxectoterra.Relatores:
Dn. José Luis González Fernández: "
Espazo e tempo na educación primaria. Recursos educativos para o 1º ciclo"
Dn. Xosé Manuel Rosales Noves (coordinador do Proxectoterra): "
Recursos educativos para o 2º ciclo. Recursos educativos para o 3º ciclo. Actividades complementarias do proxectoterra para educación primaria"
Podedes facer a inscrición accedendo con este enlace para
inscribirse.
1 comentario:
Un proxecto fantástico e "Premio Nacional de Urbanismo". Parabéns por levalo ao CFR.
Publicar un comentario