Na sala de exposicións da Fundación Caixa Galicia de Lugo vin “Auga: o sangue da terra” que mostra como a auga vai modelando a paisaxe e as costumes dos habitantes mediante imaxes de lugares dos cinco continentes:
- Europa: río Lor en Galicia
- Asia: plantacións de arroz de Guilín en China e Vanarasi no río Ganxes na India
- África: río Níxer en Malí
- América: Deserto de Atacama en Chile
- Oceanía: glaciares do monte Cook en Nova Celandia
Por outra banda, no Mosteiro San Martiño Pinario de Santiago está ata o 1 de agosto “Regreso á orixe, unha viaxe contemporánea. Xerusalén, Roma e Santiago.” A mostra componse de 80 fotografías de Manuel Valcárcel e un documental de 20 minutos con música do compositor Alejandro González na que amosan “a tradición cultural e a sensibilidade relixiosa” a través das paisaxes e as rutas de peregrinación na viaxe a estas tres cidades, as tres grandes metas das peregrinacións a través da viaxe polo Próximo Oriente, Turquía, Europa do Este, o Mediterráneo, o norte peninsular e a Galicia xacobea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario