- A auga, fonte de vida: onde se fai unha descrición de distintos lugares destacando a influencia da auga na formación da paisaxe. Insiste na importancia de que os que vivimos en lugares sen problemas de sequía temos que darnos conta da importancia da de facer un bo uso da auga.
- O gran desxeo: estudo dos problemas económicos e sociais que provoca a perda de xeo nos glaciares do Tibet.
- Augas sagradas: reportaxe fotográfico sobre o uso da auga nos ritos de todas as relixións.
- O peso da sede: sobre a vida en Etiopía e Kenia, facendo fincapé na dureza das tarefas relacionadas coa busca da auga e cómo recaen fundamentalmente nas mulleres: "Se os millóns de mulleres que teñen que percorrer grandes distancias para ir por auga tivesen unha billa na porta das súas casas, sociedades enteiras transformaríanse."
- Correntes silenciosas: a fauna de auga doce desaparece máis rápidamente ca de terra ou mar debido á actividade humana: industria e agricultura concentrada ao longo dos ríos, verquidos...
- A última gota: esperanzador artigo describindo as medidas adoptadas en varias comunidades para reducir o consumo da auga.
Máis información sobre a auga:
No hay comentarios:
Publicar un comentario