- O bipedismo, que permitiu ter as máns libres e explorar novas fontes de alimentos.
- A fabricación de ferramentas que permitiu a caza, co que mellorou a alimentación. Na exposición vese como foron perfeccionando estas ferramentas ao longo do tempo.
- O control do lume que lle permitiu mellorar a dieta e habitar en novos territorios ao proporcionarlle calor, luz e seguridade.
- A autoconciencia, cun estudio das prácticas funerarias.
- A linguaxe simbólica coas primeiras manifestacións artísticas.
sábado, 24 de abril de 2010
Orixes: cinco fitos na evolución humana
Hoxe estiven vendo a exposición Orixes onde se explica a evolución do ser humano ao longo de catro millóns de anos baseándose en cinco fitos que determinaron o noso aspeto actual:
Etiquetas:
Coñecemento do Medio,
Exposicións,
Historia
miércoles, 21 de abril de 2010
Copias de seguranza

Pero hai outros servizos dos cales a súa desaparición podería ser unha catástrofe: Mister-Wong, Blogger, Netvibes, Google Docs, a Moodle do CFR...
- Sobre os meus favoritos en Mister-Wong xa pensara hai tempo na posibilidade de perder os enlaces. Periodicamente vou facendo copias de seguridade na pestana favoritos, ferramentas - exportar marcadores. Garda un arquivo no formato html que logo podo engadir aos marcadores do Firefox ou importar en Delicious, onde teño unha copia dos favoritos.
- O blog tamén o vou gardando, aínda que ás veces penso que se desaparecera libraríame de moito traballo. Faise en configuración - exportar e descargo un arquivo en formato xml co que aínda non intentei facer nada. Un día que teña tempo vou probar subilo noutro servizo para ver como queda.
- Para o Netvibes non atopei cómo facer a copia. Como servizo alternativo teño pensado Pageflakes, pero espero que non sexa necesario.
- Dos documentos que teño no Google Docs vou descargando unha copia cando os vou facendo. Tamén hai a posibilidade de descargar varios nun arquivo comprimido seleccionándoos e pulsando en máis accións - exportar.
- Na páxina Data Liberation, mantida por varios inxenieros de Google, infórmannos da forma de facer copias dos datos de calquera das ferramentas Google: Maps, Sites, Picasa... Non probei case ningunha pero gardo o enderezo para cando sexa necesario.
Etiquetas:
Web 2.0
miércoles, 14 de abril de 2010
Auga. Un mundo sedento.

- A auga, fonte de vida: onde se fai unha descrición de distintos lugares destacando a influencia da auga na formación da paisaxe. Insiste na importancia de que os que vivimos en lugares sen problemas de sequía temos que darnos conta da importancia da de facer un bo uso da auga.
- O gran desxeo: estudo dos problemas económicos e sociais que provoca a perda de xeo nos glaciares do Tibet.
- Augas sagradas: reportaxe fotográfico sobre o uso da auga nos ritos de todas as relixións.
- O peso da sede: sobre a vida en Etiopía e Kenia, facendo fincapé na dureza das tarefas relacionadas coa busca da auga e cómo recaen fundamentalmente nas
mulleres: "Se os millóns de mulleres que teñen que percorrer grandes distancias para ir por auga tivesen unha billa na porta das súas casas, sociedades enteiras transformaríanse."
- Correntes silenciosas: a fauna de auga doce desaparece máis rápidamente ca de terra ou mar debido á actividade humana: industria e agricultura concentrada ao longo dos ríos, verquidos...
- A última gota: esperanzador artigo describindo as medidas adoptadas en varias comunidades para reducir o consumo da auga.
Máis información sobre a auga:
Etiquetas:
Educación para a cidadanía,
Lectura
jueves, 8 de abril de 2010
Primavera de Europa 2010

Este ano tamén é o Ano europeo de loita contra a pobreza e a exclusión social e Primavera de Europa comparte as súas mesmos obxectivos principais, promovendo os encontros, a participación e o debate que axuden a dar forma á Europa do futuro. Ademais, as actividades e concursos de Primavera de Europa abordarán temas como a biodiversidade e o cambio climático.
Se te apuntas a Primavera de Europa poderás:
• Fomentar unha cidadanía europea activa
• Concienciar sobre cómo afectan ás nosas vidas as decisións europeas
• Animar ao alumnado a expresar as súas ideas sobre os temas de actualidade
• Acceder a un amplio abanico de material pedagóxico e asistencial
• Buscar e invitar a visitantes especiais para que acudan ao voso centro escolar
• Practicar e mellorar todo o referente ás TIC e aos idiomas en clase • Recibir un certificado de participación firmado por un alto responsable político da UE
• Compartir experiencias e puntos de vista con outros centros escolares de toda Europa
(Información e logo da web Primavera de Europa 2010)
Etiquetas:
Concurso
miércoles, 7 de abril de 2010
Arte a través do tempo

Os temas tratados son:
- Converxencia de culturas: análise da influencia nas obras de arte dos contactos entre culturas.
- Soños e visións: tratamento das percepcións e fantasías persoais.
- Historia e memoria
- Ceremonias e sociedade
- Cosmoloxía e conviccións: esforzos das persoas en entender a súa razón de ser e o seu lugar no universo.
- A morte
- A vida doméstica
- A escritura: relacións entre arte e texto.
- Retratos
- A natureza
- A vida nas cidades
- Conflitos e resistencia
- O corpo humán
Etiquetas:
Arte
viernes, 2 de abril de 2010
As reproducións ao óleo máis vendidas
Lin no xornal hoyesarte.com o artigo As 10 pinturara ao óleo máis desexadas da década. O título é enganoso porque trata das reproducións máis vendidas na web de venda overstockArt.com durante os últimos dez anos. A maioría son de pintores de finais do século XIX e principios do XX: Van Gogh, Monet, Picasso... Gustaríame ter calquera destas obras para a parede da nova sala onde a miña amiga Elena quere que poña unha tele.
Reproducións ao óleo máis vendidas
View more presentations from oblogdesociais.
Etiquetas:
Arte
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Agardo que sexa do voso interese.