O astronauta xaponés Soichi Noguchi está na Estación Espacial Internacional dende decembro do 2009. Podemos ver
as súas fotos de distintos lugares da Terra sobre os que pasa a estación. Estas fotografías fan que sexa o astronauta máis coñecido en internet e
a súa páxina en Twitter ten máis de 160000 seguidores aínda que non foi o primeiro en usar este recurso (adiantóuselle
Kim Kopra). Hai dúas semanas publicou unha
foto de Vigo que non identificou, poñendo como título "Name this city in Europe!", o que abriu un debate na páxina no que apareceron nomes como Estambul ou Patrás. Nalgún comentario identifícanse sitios como a Ponte de Rande ou a fábrica de Citroen.
En Facebook hai un grupo no que se pide ao alcalde de Vigo que o nome fillo adoptivo.
Ademáis das imaxes de lugares podemos ver fotos espectaculares da lúa e fenómenos astronómicos como as auroras boreais.
Tamén ten un
canal en YouTube con vídeos tomados dende o espacio, pero ata agora non hai moitos. O regreso de Soichi á Terra está previsto para decembro deste ano. Ata entón poderemos seguir disfrutando coas súas fotografías.
Name this city in Europe! moon tonight. Sleep well! Citylights, stars, and aurora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario