- O euro, que significa para nós?: concurso de fotografía organizado pola Comisión Europea. Os participantes deben ter entre 14 e 18 anos residentes en calquera país da Unión Europea. Antes do 31 de marzo deben enviar unha fotografía que ilustre o que significa o euro para eles, xunto cun breve texto explicativo. Os equipos participantes deben ter dous ou tres rapaces ou rapazas e un adulto. Na web do concurso podemos cubrir o formulario de inscrición.
- Rapaces/rapazas contra a exclusión social: concurso de fotografía destinado a estudiantes de secundaria e bacharelato que participan nos proxectos Comenius e Leonardo da Vinci. Deben presentar unha fotografía que mostre a visión do alumnado sobre as dificultades que prantexa a desigualdade social, así como a necesidade de potenciar a solidaridade colectiva e individual na loita contra a pobreza e a exclusión social. Os traballos deben enviarse antes do 19 de febreiro.
- IX edición do Concurso de Proxectos de Educación Vial no Ámbito Escolar: organizado pola Dirección Xeral de Tráfico. Poden participar os centros nos que se imparta educación infantil, primaria, secundaria ou educación especial. O profesorado dos centros participantes debe prepara un proxecto curricular que inclúa o tratamento da educación vial xunto con recursos tecnolóxicos (videoxogos, xogos didácticos...) e unha memoria describindo os materiais empregados, avaliación, etc. Os traballos deben entregarse antes do 15 de xuño.
- Concurso "Ignacio López Bueno" de presentacións informáticas: organizado polo IES Terra de Trasancos de Narón e destinado ao alumnado de ESO, bacharelato e ciclos. Hai que realizar unha presentación sobre a riqueza natural de especies que queremos que perduren no futuro. O prazo de entrega remata o 26 de marzo.
- Paz e Cooperación 2010: con varios apartados: debuxo (ata 6 anos), cartel e lema (de 7 a 12), mural (de 13 a 16), campaña publicitaria (de 16 a 18). Os traballos deben enviarse antes do 5 de xullo.
- Concurso espacial "Navegación por satélite": convocado polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) para estudiantes de segundo ciclo de ESO, ciclos formativos de grao medio e bacharelato. Os equipos deben estar formados por tres ou catro estudiantes e un profesor. O traballo tratará sobre os logros científicos desenrolados no campo espacial que hoxe son de utilidade na vida cotiá. Hai varias modalidades: investigación, robótica espacial, narrativa/comic, animación e experimental.
martes, 9 de febrero de 2010
Concursos
O boletín nº 16 da Consellería de Educación trae información sobre varios concursos. Algún deles pode ser interesante para o profesorado de sociais:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Agardo que sexa do voso interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario