Neste agosto tiven a oportunidade de ver a exposición "Fantin-Latour" na Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa. En colaboración con este museo en España poderémola ver no Museo Thyssen desde o 29 de setembro ata o 10 de xaneiro de 2010. Fantin-Latour (Grenoble, 1836 - Buré, 1904) formouse á carón de seu pai, tamén artista, e nos obradoiros de Lecocq de Boisbaudran e Courbet. Amigo dos impresionistas mantivo nos seus cadros un realismo lírico propio. Gran parte dos seus traballos podemolos ver no Musée d´Orsay e no Musée des Beaux-Arts de Grenoble. Compañeiro de xeración de Manet, Degas e Whistle, compartiu con eles moitas das súas aspiracións.A esposición consta de arredor de 70 pinturas, consideradas de primordial importancia e algunhos debuxos preparatorios amosados cronoloxicamente e estructurados en seccións:
- Autorretratos nos que busca a expresión de emocións a través da súa propia imaxe.
- Copias de obras do Louvre, entre os que destacan os traballos de Titian, Veronese, Rubens e Delacroix.
- Retratos intimistas xeralmente de figuras femininas bañados de silencio e dunha melancolía que reflexa a intimidade entre a modelo e o pintor.
- Ramos e cadros de flores feitas con rigurosas mezclas de formas e cores.
- Naturezas mortas elaboradas por Fantin-Latour na súa xuventude.
- Estudos e lecturas
- Retratos de artistas e escritores que lle foron contemporáneos.
- Obras de tema musical constituiron unha fonte boa de inspiración do seu traballo.
- Retratos austeros e retratos familiares coma o retrato da parella Edwards, o de Charlotte Dubourg e o do seu amigo Léon Maïtre son os mellores.
- Temas simbolistas e naturezas mortas da fase de madurez do pintor.
Henri Fantin-Latour
View more presentations or Upload your own.




No hay comentarios:
Publicar un comentario