Enrique Martínez-Salanova Sánchez na páxina Cine y educación fai unha recopilación temática e análise do cine aplicado á educación. A web está destinada á aprendizaxe a través do cine, da súa didáctica, da tecnoloxía da educación, do ensino do cine e o seu uso.Trata temas como: o cine e o dereito á educación, cine e menores abandonados, o poder da educación no cine, alumnos e profesores nas aulas, lecturas de cine, unidades didácticas, cine e historia, alumnos e migracións, mulleres no cine, muller maltratada, etc.
O autor, entre outros temas interesantes, presenta varios dos seus artigos que resultan de interese:
- Pecho rico, pecho pobre: Unha análise sobre os medios de comunicación e a solidariedade.
- Intereses comunes o contienda feroz: Profesores-alumnos no cine.
- Aprender pasándolo de película: Utilización do cine na aula.
- Cine e inmigración: otra ventana abierta para el debate.
- Propuestas críticas y mediativas para vivir en la nueva sociedad mediática.




No hay comentarios:
Publicar un comentario