martes, 16 de septiembre de 2008

TADEGa

Emocionoume a conferencia que impartíu Juan José Fernández García sobre TADEGa no "IX Inforensino".
Falounos sobre a realidade galega das TIC na atención á diversidade, da normativa e accesibilidade dos espazos web así como dos servizos e recursos que nos ofrecenen dita Asociación.
A cambio pídennos que pensemos na accesibilidade e usabilidade das nosas páxinas web e bitácoras, que non nos convirtamos en educadores excluíntes, falando de "atención á diversidade" e "inclusión", pero sen telos en conta nos materiais que preparamos.

Copio aquí as "Correccións manuais con sentido común" que propuxo para que as teñamos en conta nos textos e enlaces que poñamos nos blogs e páxinas web e invítovos a que entredes nesta páxina e colaboredes coa súa gran labor.


Os textos

  • Evita frases de dobre sentido ou de sentido figurado a non ser que as expliques no propio texto.
  • Un páragrafo para unha idea. Unha idea para un páragrafo.
  • Repasa o escrito, non confundas, aclara, axuda. Usa a linguaxe dos teus usuarios, non a túa.
  • Claro, conciso, amigable, familiar, cercano.
  • Organización visual dos elementos clara e ordeada.
  • Aspecto homoxéneo do deseño en todas as páxinas do mesmo sitio.
  • ¿Un texto extenso? Divídeo en partes, encabeza cada parte con títulos e subtítulos seguindo unha ordenación lóxica e congruente cun texto descritivo axeitado para cada caso.
  • Que non dependa o contido da maquetación, senón ao revés.

Os enlaces

  • ¡Non máis "pincha aquí", por favor!
  • ¿Imaxinas a cara duna persoa cega ao ler "pincha no cadro azul"?
  • Nin moitos nin poucos, os xustos para a comprensión e a usabilidade do servizo que se oferta.
  • Non xogues ás adiviñas; que teña elementos de decisión para sopesar se ir ou non a ese sitio.
  • Non enlaces a sitios externos noutra ventá. Se continúa ou non no teu sitio o decide él, non ti.
  • Dous textos iguais non poden apuntar a enlaces diferentes.
  • Dous textos diferentes non poden apuntar ao mesmo enlace.

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.