viernes, 26 de octubre de 2012

OUFF 17 Festival de Cine Internacional de Ourense

Imaxe lo logo do OUFF 17 Festival de cine  Internacional de Ourense
Imaxe do logo vía: http://www.ouff.org/web/images/stories/Contidos2011/OFestival/OUffEscola/17OUFF_ouffescola.jpg
Ata o 3 de novembro ás 23: 59 h podedes votar no OUFF 17 Festival de Cine Internacional de Ourense.
Nesta ocasión preséntanse 46 obras de ensino non universitario de secundaria e 11 de infantil e primaria
Xa que ameaza a choiva, nesta fin de semana podemos aproveitar para pasar un bo rato vendo estos bos traballos e así prepararnos para votar.
Parabéns a todos e que gane o mellor.

viernes, 5 de octubre de 2012

Curso: Lectoescritura na era dixital

Cartel elaborado con fotografía propia, imaxe do ordenador co neno procedente de Picasa (http://xurl.es/4f0c2 // CC BY-NC-ND 3.0 de Mónica Tejedor Arjona) e logo da web do CFR de Lugo
 Seguindo coas actividades formativas  os días 9, 10, 13, 20 e 26 de novembro e 3, 10 e 13 de decembro desenvolverase no CFR de Lugo a actividade Lectoescritura na era dixital que contará co seguinte profesorado relator:
  • LAURA BORRAS CASTANYER:  Universidade de Barcelona, doutora en Filoloxía Románica, licenciada en Filoloxía Catalana, investigadora e experta en publicacións e comunicacións
    •  As metamorfoses da lectura en dixital. Evolucións e revolucións
  • NOA PIÑEIRO LÓPEZ: licenciada en Filoloxía Hispánica, experta en TIC, técnica E-Learning, formadora freelance
    •  A creación multimedia na aula
  • MARÍA YÁÑEZ ANLLO: xornalista, editora, guionista, investigadora e productora de contidos dixitais, compoñente do prox ecto le.es
    •  Xeración transmedia. Experiencias na multipantalla
  • ALBERTO GARCÍA PÉREZ: profesor de Lengua e Literatura no IES Candás, autor do blog La bitácora de la lengua, finalista premio Espiral Edublogs 2012, gañador edición 2012, selo Boas Prácticas do MEC
    •  Experiencias lectoras na era dixital. Taller de escritura con Photopeach e Storybird
  • MARÍA TERESA VILARIÑO PICOS: doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada na USC, experta en ciberliteratura e cultura dixital, investigadora, experta en publicacións e comunicacións, proxecto le.es 
    • Educación literaria en rede

Curso: As novas tecnoloxías como recurso para o profesorado de apoio

Cartel elaborado con fotografía propia, ordenador procedente do banco de imaxes do INTEF (de Félix vallés Calvo // CC BY-NC-SA 3.0), pictograma procedente de Picasa da Galería de pictogramas autismo e logo da web do CFR de Lugo, Accegal, ARASAAC e Comunicador Personal Adaptable

 O 17 de outubro comeza no CFR de Lugo a actividade As novas tecnoloxías como recurso para o profesorado de apoio que se desenvolverá ao longo de 10 sesións en horario de 18:00 h a 21:00 h.

Contaremos co seguinte profesorado relator que abordará unha interesante temática:

  • NOA PIÑEIRO LÓPEZ: licenciada en Filoloxía Hispánica, experta en TIC, técnica E-Learning, formadora freelance 
    • Boas prácticas na rede
  • FELICIANO JOSÉ COUTO ESCANCIANO: mestre de PT e licenciado en Psicopedagoxía, membro de TADEGA, CEEPR Nosa Señora de Lourdes (A Coruña)
    • Uso didáctico de Lim
  • RUBÉN VELASCO FERNÁNDEZ: mestre de PT , diplomado en educación Especial, CEE San Crirtóbal (Avilés)
    • Comunicador Persoal Adaptable
  • JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ GARCÍA: mestre de ducación  primaria, presidente de TADEGA, Ceip Sal Lence (A Coruña)
    • Ferramentas dixitais para a atención á diversidade
  • FÁTIMA MARÍA GARCÍA DOVAL: mestra de AL, PT e FI, licenciad aen Filosofía e Ciencias da Educación, directora de Accegal, CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela)
    • Proxecto ACCEGAL. Comunicadores para dispositivos Android
  • TAMARA PEREIRA VIGIDE: mestra de AL, licenciada en Psicopedagoxía, Ceip a doblada (Vigo)
    • Recursos e ferramentas para traballar problemas de fala
  • ARCADIO RODRÍGUEZ VÁZQUEZ: mestre de educación primaria e licenciado en Psicoloxía e filosofía, capacitación AL logopedia e EE, Ceip Seis do Nadal (Vigo)
    • Aplicación didáctica do EDI para o profesorado de AL e PT
  • DAVID ROMERO CORRAL: diplomado en Educaicón Especial e licenciado en Psicopedagoxía, asesor NNTT no Centro aragonés de Tecnoloxías para a Educación - CATEDU- (Teruel)
    • ARASAAC. Sistemas pictográficos para a Comunicación Aumentativa
  • JOSÉ MANUEL MARCOS RODRIGO: diplomado en Educación Especial, diplomatura postgrao en Perturbacións da audición e Linguaxe (Logopedia) , CPEE Alborada (Zaragoza)
    • ARASAAC. Sistemas pictográficos para a Comunicación Aumentativa 

lunes, 1 de octubre de 2012

Curso: O cine e o ensino da Historia

Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 3.0 Unported (CC BY-NC-SA 3. 0)
Cartel elaborado con fotografía propia, imaxes procedentes do banco de imaxes do INTEF (director de Alberto Arribas Merino, espiral de revelado de Javier Trabadela Robles , sala de cine de Miguel Martinez Monasterio e logo da web do CFR de Lugo

O 29 de outubro comeza esta actividade e que se prolongará ata o 29 de novembro.
As expectativas son boas e agardando o comezo sinalo o profesorado relator e contidos en xeral:

  • ENRIQUE Martínez-Salanova Sánchez:  (Almería), pedagógo, antropólogo, tecnólogo da educación, escritor, educomunicador e debuxante, autor entre outras cousas da web Cine y educación
    •  Cine e educación social. Unha didáctica para a educación integral a través do cine
  • Alba Ambròs Pallarès: (Universidade de Barcelona), mestra, filóloga, doutora en ciencias da Educación, especialista na didáctica do cine e na formación do profesorado, investigadora e autora de numerosas publicacións, coautora  con Ramón Breu entre outros libros de Cine y educación. Ed. Graó, leer.es...
    • Historia, cine e competencias básicas. Un encadre perfecto
    • Análise, valoración e deseño de propostas didácticas competenciais sobre cine e historia
  • Manuel  González Álvarez: profesor no IES concepción Arenal de Ferrol, autor da canle Cliphistoria
    • Cliphistoria. Recursos audiovisuais para o ensino da Historia
  • Felipe Rodríguez Cortés: orientador no IES Concha Méndez Cuesta de Torremolinos (Málaga),  fundador e membro activo da Tribu 2.0
    • Tribu 2.0. Unha viaxe á emoción 2.0 
  • Sabela Figueira Tenreiro e Rubén Pol Valiño: docentes no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía e no CPI Doutor Daniel  Monje de Navia de Suarna
    • Aprender creando. Os recursos audiovisuais aplicados ao ámbito educativo no IES Plurilingüe Fontem Albei 
    • Aproximación á creación audiovisual. Obradoiro de iniciación
  • Miguel Ángel Carbajal Porto: profesor no IES Manuel García Barros de A Estrada
    •  Taller de creación artística do MGB
    •  Iniciación nas técnicas de stop motion para a elaboración dunha curtametraxe 
  • Paula Rábade Otero: licenciada en Publicidade e RR.PP (Universidade de Valladolid), Técnica en Imaxe Dixital, Técnica Superior en Realización e Dirección de Espectáculos e Audiovisuais, experta nas TIC
    • Taller de edición de vídeo

viernes, 31 de agosto de 2012

Danzas ancestrais na Cervela (O Incio)

Os días 26 e 27 de agosto no pobo da Cervela ( O Incio) celebraronse as festas na que catro mozos da zona bailan diante da igrexa unhas antigas danzas ao son da música dos gaiteiros e ataviados con vistosos traxes no honor de Santa Lucía.
Na seguinte presentación podedes ver algunhas das imaxes que saquei o luns.

jueves, 30 de agosto de 2012

Teatros fabuloníricos de Noa Persán


Imaxe cartaz da exposición Teatros fabuloníricos, Noa Persán

Acceso ao vídeo panorámico
Ata o 16 de setembro podemos ver esta exposición de Noa Persán na sala de exposicións do Pazo de San Marcos (Sede da Deputación de Lugo).
Grazas ao traballo de Suso Barral feito para a rede Museística da Deputación de Lugo, a través deste vídeo panorámico de 360º, podes achegarte a esta exposición dende o lugar onde te atopes.
Vía  Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística

miércoles, 1 de agosto de 2012

De Valdoviño a Pantín

Coa idea de percorrer as fermosas zonas que temos en Galicia e así aproveitar para facer algo de exercicio, onte fixen unha ruta dende a praia de A Frouxeira en Valdoviño ata a praia de A Roda en Pantín.
Aínda que nos avisaran de que  non se pasaría emprendemos a ruta. Bordeamos a zona costeira adentrándonos na medida do posible xa que os toxos invaden ás veces o pequeno sendeiro ao comezar o percorrido. Salvando obstáculos chegamos ao pobo de Pantín e logo baixamos a praia de A Roda para voltar pola estrada que bordea a costa.
As vistas e os recunchos son fermosos e tamén os acantilados son impresionantes. O paseo foi agradable e nos vindeiros días seguiremos bordeando as nosas costas. Agora deixo algunhas das imaxes que saquei.

Anoitecer en Valdoviño

Hoxe, comezando as vacacións e despois dunha fermosa ruta bordeando o mar dende Valdoviño ata Pantín, na praia de Valdoviño disfrutei desta panorámica ao anoitecer.

viernes, 13 de julio de 2012

O Museo Virtual da Cultura Castrexa

Imaxe da web do Museo Virtual da Cultura Castrexa
MUVICC
O Museo Virtual da Cultura Castrexa permítenos visitar os castros de Viladonga, Taramundi, Chao de Sanmartín, Castrolandín e Santa Trega de forma virtual  coas visitas aos castros e museos mediante unha a información de expertos con imaxes, opinións e cunha audioguía onde nos explican a vida dos habitantes destes poboados.
A este paseo virtual engádese información relacionada coa vida e cultura castrexa e tamén temos acceso ao catálogo en 3D de obxectos atopados coa imaxe e información detallada de cada peza.
Imaxe dunha  escea dunha casa moderna no castro de Viladonga
Ideal para pasar un bo rato nestes días anubrados.

miércoles, 11 de julio de 2012

A cidade na arte

Imaxe da cabeceira do blog  La ciudad en  el Arte
Cabeceira do blog
Grazas a Diego Sobrino que acaba de enviarme un e-mail recibido de Josué Llull onde solicita a difusión entre todos os membros de CLIO EN RED e agora difúndoo entre todo o profesorado lector deste blog o traballo chamado "La Ciudad en el Arte."  Este proxecto é desenvolvido polo alumnado e o profesorado de Maxisterio da Escola Universitaria Cardenal Cisneros de Alcalá baixo a dirección do Dr. Josué Llull Peñalba, profesor titular da área de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e de D. Isaac Pinto Gismero, xefe de proxectos informáticos da Escola Universitaria Cardenal Cisneros. O obxetivo do traballo é o estudo da cidade e o fenómeno urbano dende unha perspectiva multidisciplinar.
 Contén imaxes histórico-artísticas (pinturas, debuxos, grabados, fotos antigas, etc), textos explicativos, enlaces a páginas web de interese bibliografía e aplicacións de Google maps dedicadas a máis de 100 cidades de todo o mundo. De España temos: Alcalá de Henares, Alicante, Barcelona, Bilbao, Burgos, Cádiz, Madrid (11), Salamanca, Santander, Segovia, Toledo (4), Valencia, Vitoria e Zaragoza.
 Sinalan que o proxecto está en desenvolvemento, pero agradecen a súa difusión e tamén comentarios e suxerencias de mellora.
Dende aquí os meus parabéns.
Podedes acceder dende o seguinte enlace: "A Cidade na Arte"

martes, 10 de julio de 2012

4 anos de O blog de Sociais

Imaxe dunha tarta decorada con 4 velas Xa me olvidara! O 1 de xullo de 2008 comezou a andadura este blog.
  A verdade é que cada vez cústame máis seguir o ritmo que me plantexara naquel verán hai 4 anos. Ganas non me faltan, pero ás veces fáiseme un pouquiño duro.
Agardo cumplir moitos máis  e  aínda que sexa con retraso saboreando esta tarta un bocadiño é para ti.
Apertas e feliz verán
Marta

lunes, 9 de julio de 2012

Os sete países co mellor medio ambiente do mundo

En Eroski Consumer  Alex Fernández Muerza déixanos un artigo onde analiza os sete países co mellor medio ambiente de mundo segundo o índice "Beffer Life" (Mellor Vida) da  Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).  Este índice compara a calidade do medio ambiente segundo varias variables e clasifica os países. Suecia é o país considerado co mellor medio ambiente do mundo e España queda no posto 28.
Merece a pena reflexionar sobre este punto e axudar a mellorar este ranking  e así mellorar a nosa saúde e a calidade de vida.
Pódese ampliar a  información accedendo ao artigo de Eroski Consumer.


Gráfico cos sete países co mellor ambiente do mundo
Os sete países co mellor medio ambiente do mundo

martes, 26 de junio de 2012

Actividades programadas para o curso 2012-2013

A piques de que comecedes as vacacións e desexándovos un feliz verán aproveito para sinalar algunhas das actividades que dende a asesoría Lingüístico social do CFR de Lugo se van ofertar para o curso 2012-2013 e nas que xa vos podedes inscribir:
Imaxe co letra i de información
A inscrición farase entrando na aplicación fprofe.
 Actualización 28/06/2012: Tamén podedes acceder ao Plan anual de formación do profesorado

Cartaz imaxes actividades

sábado, 23 de junio de 2012

ARDE LVCVS MMXII

Un ano máis, Lugo está de festa  celebrando o ARDE LVCVS MMXII, festa declarada de Interese Turístico Galego e na  que durante tres días evocaremos o pasado romano.
Hoxe, pola mañá decidín dar unha volta e saquei algunhas imaxes onde podedes ver como estaba Lugo.

Fotos do ARDE LVCVS MMXII
ARDE LVCVS MMXII

 Agora saio para seguir disfrutando do ambiente festivo.
Programa para descargar dende a web ARDE LVCVS
Actualización 24/06/2012:   Máis imaxes no  álbum  ARDE LVCVS - II
Fotografías do ARDE LVCVS-II
ARDE LVCVS -II

viernes, 8 de junio de 2012

Día SOMOS. Dálle a volta ao mundo

Hoxe, 8 de xuño, sae coa roupa ao revés. Somos así

jueves, 7 de junio de 2012

Plans de formación permanente do profesorado. Curso 2012-2013


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca plans de formación permanente (DOG 28 de maio de 2012) para implantar en centros públicos no curso 2012-2013.
Son Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permiten deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.
Dese xeito o propio centro pode organizar a formación específica de todo o profesorado interesado.
Características
  • Terán como obxecto desenvolver unha ou máis liñas de traballo.
  • As liñas estarán integradas por un ou máis itinerarios formativos.
  • Teñen unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • Deben estar aprobados polo Claustro e polo Consello Escolar e incluiranse na programación xeral anual do centro.
  • Debe participar máis do 50% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.
  • O prazo de presentación é dun mes a partir do día 29 de maio.
  • Orzamento ata 6.000 euros
Podes descargar a información e os documentos dende aquí:
Anexos para cubrir e imprimir:
  1. Anexo I
  2. Anexo II
  3. Anexo III
  4. Anexo IV 
NOTA: Incorporación de  novo profesorado ata o 30 de setembro.
Poderase solicitar a colaboración do CFR da zona.
Prazo dun mes a partires do 29 de maio 

martes, 5 de junio de 2012

Blogs de ciencias sociais premiados en Edublog 2012


A semana pasada entregáronse os VI Premios Espiral Edublogs 2012. Estiven revisando se entre os gañadores había algún de ciencias sociais. A maioría dos atopados están relacionados coa materia Coñecemento do medio de 5º e 6º de primaria pero tamén hai hai varios de historia, arte, cultura clásica e economía. Aquí deixo a lista, co medo de esquecer algún.

  • El blog de 5ºB, do CEIP San José de Calasanz de Yecla. Accesit en Blogs de profesores.
    Ten un apartado de Coñecemento do medio no que destaca unha serie de artigos de historia.
  • Obrím una finestra al món, proxecto no que participan máis de 60 centros de varias comunidades, entre eles o EPAPU de Teixeiro. Peonza de oro en Blogs colectivos.
    Este blogue trata temas relacionados con problemas sociais e dereitos humanos, buscando educar na participación. Na rede Ires podemos ler unha comunicación que parte do profesorado e alumnado participante presentaron no Simposio Internacional de Didáctica de las Ciencias Sociales. Imprescindible.
  • Chicos de 5º trabajando do Colexio Norbridge de Buenos Aires. Peonza de bronce en Blogs de centro.
    Tamén ten unha etiqueta Cs. sociais con máis de 40 entradas. 
  • Curioseo e aprendo, do primeiro ciclo de educación primaria do CEIP La Garena de Alcalá de Henares. Peonza de plata en Blogs de centro.
    A sección de Coñecemento do medio ten un menú moi divertido que enlaza recursos para utilizar nas clases.
  • El blog de quinto Pradera de la Aguilera, do CEIP Pradera de la Aguilera de Villamuriel de Cerrato (Palencia). Accesit en Blogs de centro.
    Ten unha organización en unidades didácticas para utilizar coma se fora un libro dixital. Interesante a experiencia de crear un libro para os "merlucillos" de cuarto.
  • Cataclàs, do IES Lluis Companys de Ripollet. Peonza de bronce en blogs de alumnado de bacharelato.
    Blog sobre cultura clásica no que colabora alumnado de iniciación á tecnoloxía informática e grego. En catalán.
  • L'ombra d'un somni, do INS Gallecs de Mollet del Vallès. Peonza de oro en blogs de alumnado de bacharelato.
    Outro blog de cultura clásica en catalán.
  • Noticies del día, do IES Illa de Rodes de Roses. Peonza de plata en blogs de alumnado de bacharelato.
    Blog con presentacións realizadas a partir das noticias económicas dos xornais. En catalán.
  • Mi espacio del Arte, dos grados de historia e humanidades da Universidade a distancia de Madrid. Peonza de prata en blogs adultos e universidade.
    Neste blog o alumnado de Historia da Arte comparten información sobre os seus intereses: lecturas, viaxes, museos, películas e exposicións.

viernes, 1 de junio de 2012

A muralla de Lugo en Google World Wonders

Imaxe onde se ve a Muralla de Lugo

Dende onte xa temos a nosa muralla en Google World Wonders. Podemos percorrela virtualmente e acceder á información histórica, a diferentes fotografías e a dous vídeos titulados "A Muralla na néboa"  de Círculo Visual e "Dá un paseo por Lugo" (visita por museos e espazos da cidade) feito pola Oficina de Turismo de Lugo.
Ademais da Muralla de Lugo podemos ver unha ducia de maravillas nas que se atopa a Catedral de Santiago, toledo, Salamanca, Ávila, Cuenca, Cáceres, Córdoba, o acueducto de Segovia,  as ruínas de Tarragona, Mérida e San Cristobal de La Laguna.
Fotografías da Muralla en abril do 2011. Actualmente está limpiña.
Agardo que sexa do voso interese.