Mostrando entradas con la etiqueta Informática. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Informática. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de febrero de 2012

Principios Neurocognitivos para o ensino de nativos dixitais

Despois dun longo período de "obrigado descanso" debido a  unha fractura de Colles, engado unha nova entrada  con este vídeo que atopei do Dr . Roberto Rosler  (médico neurociruxano na Universidade de Bos Aires).  Roberto Rosler, tendo en conta os Principios Neurocognitivos de cómo funciona o cerebro dos nativos dixitais,  dunha forma divertida  e didáctica indícanos unha serie de recomendacións á hora de elaborar presentacións e desenvolver unha clase.
Merece a pena escoitalo!
 

Nos seguintes enlaces: Un menage a trois cerebral: "Reptiles, Emociones y Cogniciones" analiza tamén de forma  científica, educativa e sen deixar de ser divertida o funcionamento do noso cerebro.
1/3: Un menage a trois cerebral: "Reptiles, Emociones y Cogniciones"
2/3: Un menage a trois cerebral: "Reptiles, Emociones y Cogniciones"
3/3: Un menage a trois cerebral: "Reptiles, Emociones y Cogniciones"

sábado, 23 de mayo de 2009

Constructor

O Constructor é unha ferramenta de creación de contidos educativos dixitais creada no marco do Proxecto Atenea da Junta de Extremadura. Pode xerar 47 modelos de actividades (encrucillados, dictados de palabras ou frases, emparellamentos, composicións musicais, reconstrucción de figuras...) de forma moi sinxela. Na páxina do programa hai un curso para aprender a crear materiais con esta ferramenta.
Ten versións para os sistemas Linux e Windows. Para usar os materiais creados non fai falta ter instalado o programa: chega con ter un navegador e o plugin do Flash. Tamén pode ser necesario contar cun programa para descomprimir arquivos porque os materiais quedan empaquetados nun arquivo ZIP.
As actividades creadas co Constructor distribúense cunha licencia Creative Commons que permite a copia da obra recoñecendo ao autor, sen empregala en usos comerciais e compartindo as modificacións coa mesma licencia.
No catálogo de materiais podemos atopar actividades para todos os niveis educativos. En secundaria atopo 26 recursos para Ciencias Sociais e en primaria 74 recursos de Coñecemento do Medio.

miércoles, 4 de febrero de 2009

Google Earth 5 beta

Acabo de descargar a beta da versión 5.0 do Google Earth. Como novidades máis destacadas ten:
  • Mellora das imaxes dos mares e océanos explorando o fondo en tres dimensións, xunto con varias capas dedicadas ao seu estudo: materiais de National Geographic, Jacques Cousteau, o mapa histórico de Marie Tharp, estudo de especies protexidas, censo da vida marina, rastreo de animais, etc. A toda esta información podemos acceder coa función Ocean.
  • Mostra de imaxes históricas. Pode abrirse un deslizador cunha escala de tempo onde se pode elixir o ano que queremos ver. Para a Porta do Sol de Madrid hai imaxes entre 2002 e 2009. Co tempo pode ser unha boa ferramenta para estudiar a evolución das cidades.
  • Posibilidade de gravar son. Pulsando no botón "gardar unha viaxe" ou no menú "Añadir - Visita guiada" ábrese un grabador de son e, cun micrófono, podemos gravar un texto asociado a unha marca ou a unha ruta.

jueves, 4 de diciembre de 2008

A Web de Sociais

Estou facendo un curso de formación a distancia de edición básica de HTML. Como traballo final teño que deseñar unha web. Total que estiven todo o fin de semana traballando en awebdesociais, para a que aproveitei parte dos materiais que xa tiña neste blog.
Aínda non a teño rematada, espero darlle outro empuxonciño no que queda de mes.
Non teño claro se despois do curso seguirei traballando nesta web. A tarefa fáiseme moi complicada e o tempo dispoñible é escaso. Pero o curso servíume para apreciar a facilidade na edición do blog e para atreverme a remexer na edición HTML dos artigos e na prantilla de deseño do blog. Como podedes apreciar, traballar no blog é moito máis sinxelo.
Espero que vos guste a web e queda aberta á vosa colaboración.

viernes, 28 de noviembre de 2008

As wikis

Son outra ferramenta da web 2.0, moi parecida aos blogs no seu funcionamento aínda que menos coñecida e utilizada. E moi útil para facer vocabularios e coleccións de apuntes.
O mellor exemplo de wiki é a Wikipedia (ou a súa versión galega, a Galipedia). Trátase de enciclopedias colaborativas nas que os textos dispoñibles nos termos da Licenza de documentación libre GNU.
No ámbito das Ciencias Sociais podemos ver algunhos exemplos:
Como servizos para facer e aloxar unha wiki en España úsanse sobre todo dous: Wikispaces e Wetpaint. Os dous son gratuítos e pódese solicitar a retirada da publicidade se a wiki ten fins educativos. Sobre Wikispaces podemos atopar moitos manuais na rede, por exemplo o do profesor da Universidade de Vigo Pedro Cuesta. Tamén é interesante o texto "Como aproveitar as Wikis no ámbito educativo" de Francisco Muñóz de la Peña.

Para rematar deixo algún exemplo de wikis curiosas:

martes, 23 de septiembre de 2008

Web con mapas de cidades

Onte estiven revivindo a viaxe que fixen a París este verán. Na web de OnionMap temos planos interactivos de varias cidades: Madrid, París, Berlín, Roma, Praga, ...
No menú da parte inferior podemos seleccionar monumentos, hoteis, tendas, etc. Pulsando neles lévanos a súa situación no plano, con información sobre horarios, formas de chegar, etc.
Paseino moi ben recorrendo no plano as rutas que fixemos e lembrando todo o que vimos.

martes, 16 de septiembre de 2008

TADEGa

Emocionoume a conferencia que impartíu Juan José Fernández García sobre TADEGa no "IX Inforensino".
Falounos sobre a realidade galega das TIC na atención á diversidade, da normativa e accesibilidade dos espazos web así como dos servizos e recursos que nos ofrecenen dita Asociación.
A cambio pídennos que pensemos na accesibilidade e usabilidade das nosas páxinas web e bitácoras, que non nos convirtamos en educadores excluíntes, falando de "atención á diversidade" e "inclusión", pero sen telos en conta nos materiais que preparamos.

Copio aquí as "Correccións manuais con sentido común" que propuxo para que as teñamos en conta nos textos e enlaces que poñamos nos blogs e páxinas web e invítovos a que entredes nesta páxina e colaboredes coa súa gran labor.


Os textos

  • Evita frases de dobre sentido ou de sentido figurado a non ser que as expliques no propio texto.
  • Un páragrafo para unha idea. Unha idea para un páragrafo.
  • Repasa o escrito, non confundas, aclara, axuda. Usa a linguaxe dos teus usuarios, non a túa.
  • Claro, conciso, amigable, familiar, cercano.
  • Organización visual dos elementos clara e ordeada.
  • Aspecto homoxéneo do deseño en todas as páxinas do mesmo sitio.
  • ¿Un texto extenso? Divídeo en partes, encabeza cada parte con títulos e subtítulos seguindo unha ordenación lóxica e congruente cun texto descritivo axeitado para cada caso.
  • Que non dependa o contido da maquetación, senón ao revés.

Os enlaces

  • ¡Non máis "pincha aquí", por favor!
  • ¿Imaxinas a cara duna persoa cega ao ler "pincha no cadro azul"?
  • Nin moitos nin poucos, os xustos para a comprensión e a usabilidade do servizo que se oferta.
  • Non xogues ás adiviñas; que teña elementos de decisión para sopesar se ir ou non a ese sitio.
  • Non enlaces a sitios externos noutra ventá. Se continúa ou non no teu sitio o decide él, non ti.
  • Dous textos iguais non poden apuntar a enlaces diferentes.
  • Dous textos diferentes non poden apuntar ao mesmo enlace.

martes, 9 de septiembre de 2008

Google News Archive

A través de Microsiervos entérome dun novo servicio de Google, un buscador no texto dos arquivos de periódicos chamado Google News. Pódense facer buscas avanzadas indicando o idioma, o nome do periódico, o prezo do artigo (nos resultados mostra tanto os resultados nas hemerotecas gratuítas como nas de pago) e as típicas do buscador da frase completa, todas as palabras, algunha palabra...
Nas probas atopei artigos buscando en "La Voz de Galicia" e "El Correo Gallego", pero non en "El Progreso" nin en "O Correo Galego".

lunes, 8 de septiembre de 2008

Uso educativo dos blogs

No portal de Eduteka publicaron este mes un artigo sobre o uso educativo dos blogs. Fala das posibilidades dos blogs para un docente e da forma de de utilizar o RSS para facilitar o acceso ao publicado nos blogs dos estudiantes.
Complétase o artigo cun titorial sobre Wordpress, un dos servicios de publicación de blogs máis utilizados. Se preferides utilizar Blogger podedes atopar moitos na rede, por exemplo o do Seminario de blogs do IES de Villaviciosa.
Outros materiais interesantes sobre o uso dos blogs nas aulas son esta presentación de Tiscar Lara, a introducción ao uso didáctico das bitácoras de Educastur Blogs ou o mapa conceptual de Felipe Zayas que aparece citado no artigo de Eduteka.

viernes, 22 de agosto de 2008

Mister-Wong

Para facilitar a busca dos recursos que imos poñendo neste blog abrin unha conta en Mister-Wong donde os irei clasificando. Por se non o coñecedes, Mister-Wong é unha páxina de marcadores sociais, unha especie de extensión dos favoritos ou marcadores do navegador con algunha vantaxe como a de poder velos desde calquera ordenador ou saber a xente que garda favoritos similares aos nosos. Preparei unha axuda sobre algunha das súas posibilidades, que irei completando según vaia empregando novas funcións.
Estiven buscando grupos con enlaces relacionados coas Ciencias Sociais e solo atopei o CCSS, ao que xa estou anotada. De momento solo somos dúas usuarias e hai poquiños enlaces. Espero que cando comence o curso vaia animándose.

miércoles, 9 de julio de 2008

Probas dun fotoblog con Nirudia

Estou facendo probas có Google Maps e ferramentas relacionadas. Con Nirudia pódense crear fotoblogs asociando unha fotografía ao seu lugar no mapa. Para utilizalo hai que empezar rexistrándose. Como en case todos os sitios fai falta ter unha dirección de correo e cubrir un formulario cós datos.

Para colocar unha foto pídenos os datos:
  • Nome e situación do arquivo no ordenador. Non probei que formatos colle, pero parece que os máis comúns (jpg, gif, png) non dan problemas. O tamaño debe ser menor de 5 Mb, o que quere dicir que case non hai limitación. O orixinal da foto que puxen no exemplo ten pouco máis de 1 a resolución 2300x1700. Decidín reducilo a 500x375 para que a colocación no fotoblog non fose eterna.
  • Colocación da imaxe no Google Maps. Pódese facer mediante as coordenadas (lonxitude e latitude do lugar) ou a ollo, facendo clic no mapa. O ideal sería buscar as coordenadas.
  • Título do artigo no fotoblog.
  • Categoría (tag). Puxen o lugar onde foi sacada a foto (Ancares). Nas fotos que vin hai clasificacións para todos os gustos (nosotros, a familia, excursión...). Pódense utilizar varias categorías.
  • Descrición da foto e/ou do lugar.
  • Licencia (copyright ou creative commons).

Ao final créase unha entrada nun blog no que se poden ver as fotos e os mapas. O que creei para o exemplo está en http://oblogdesociais.nirudia.com/. Xa solo falta encherlo con máis fotos e ir buscando aplicacións:
  • Facer que o alumnado traia unha foto do lugar onde pasou as vacacións e escriba unha descrición do sitio.
  • Falar na clase de varios monumentos para que localizen unha imaxe e a sitúen no mapa.
  • Rutas literarias, debuxando lugares descritos nun libro, escaneando as imaxes e colocándoas no blog.
Máis ideas?

oblogdesociais

martes, 1 de julio de 2008

Cursos de informática aplicada ás Ciencias Sociais

Enlaces a cursos de ferramentas informáticas nos que os autores explican a súas aplicacións nas clases de Ciencias Sociais. Nestes cursos podemos atoparinformación sobre: usos dos buscadores, WebQuest, cazas do tesouro, Power Point, pizarra dixital, gráficas, aprendizaxe por proxectos, etc.

A utilización de internet no ensino da historia de Juan Carlos Ocaña:
http://www.historiasiglo20.org/curso/

Curso de novas tecnoloxías para o profesorado de Ciencias Sociais de Fulgencio Murcia Belmonte: http://www.edukatic.com/curso/

Agardo que sexa do voso interese.