"É difícil ter conviccións precisas cando se fala das razóns do corazón, sostén Pereira."
Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade. Mostrar todas las entradas
lunes, 26 de marzo de 2012
viernes, 2 de diciembre de 2011
Linguaxe non sexista
A continuación déixovos unha aplicación e webs que vos poden servir de axuda á hora de escribir para empregar unha linguaxe non sexista:
- Exeria é unha aplicación lingüística que facilita a revisión lingüística de textos, ofrece alternativas para o uso de linguaxe non sexista, detecta os termos que poden ter unha utilización sexista e propón suxestións para a mellora destes usos posibilitando a elección aos mellores adecuados aos diferentes tipos de textos. (Información sacada da web)
- Mulleres en Galicia
- Guía rápida para unha linguxe non sexista, traducida ao galego por Olga Castro
- Criterios de linguaxe non sexista (outubro de 2011) é unha guía publicada polo O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero da que son coautores Manuel Bermúdez Blanco e Alba Cid Fernández da USC. Pódese descargar en pdf.
viernes, 25 de noviembre de 2011
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Co desexo de que cese xa a violencia, déixovos o seguinte vídeo:
Canción "Maltrato" de Suspiros del Sur
miércoles, 26 de octubre de 2011
Mulleres artistas
Mulleres artistas é un proxecto educativo pola igualdade de xénero elaborado polo grupo CREHA (Colectivo para la Renovación de los Estudios de Historia del Arte).
O estudo abarca diferentes terreos da Historia da Arte dende a Idade Media ata a Contemporánea contemplando a arquitectura, pintura e arqueoloxía industrial.
No proxecto plasman a biografía de 97 mulleres, unha clasificación por xéneros estilísticos, mulleres no cine e webs recomendadas.
Acompáñase o traballo de propostas didácticas e unha zona de información docente.
Segundo o equipo de traballo este proxecto "ten un plantexamento atendendo aos principios do traballo por competencias, multidisciplinar e concrétanse posibilidades de tarefas na aula dende diferentes áreas e materias".

martes, 1 de diciembre de 2009
Contos Solidarios
Contos Solidarios é un proxecto promovido pola ONG de Chantada Bicis pola Paz. Na presentación da páxina podemos ler:
"Contos Solidarios percorreu máis cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramenta lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica….. Contos Solidarios abre esta páxina web para achegar os contos e o traballo de Bicis pola Paz e Papaventos a todas/os que queirades coñecelo, e para que colaboredes con esta iniciativa que reivindica outro mundo posible a través dun universo paralelo formado polos contos solidarios, no que nos poidamos refuxiar para construír un mundo real de xustiza e liberdade."
Nesta páxina hai unha selección de contos ilustrados, algúns por alumnado dos colexios de Chantada e outros por artistas como Cristina Ouro ou Irene Contreras. Pódense ler mediante unha agradable interface feita en flash na que soamente hai que pulsar na frechas para pasar á páxina seguinte.
Na sección cineteca podemos ver recomendacións de películas e libros.
Co diñerio recadado co proxecto Contos Solidarios finánciase a compra de bicicletas doadas para o profesorado, persoal médico, promotores e promotoras da saúde e veterinarias e veterinarios de países de Asia, África e América Latina.

miércoles, 25 de noviembre de 2009
25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero
O ano 1999 a ONU declarou o día 25 de novembro como Día Internacional contra a violencia cara a muller.Foi elexido este día polo asasinato no ano 1960 das irmás Patria, Minerva e María Teresa Mirabal a mans da policía salvadoreña.Déixovos con este video con música de Beyoncé que atopei en Youtube.
sábado, 31 de octubre de 2009
WebQuest sobre igualdade
Amar na diversidade, vivir na igualdade. WebQuest creada por Marcelino Veiguela Fuentes e Esther Mato Méndez do IES Chapela de Redondela que acadou o primeiro premio ás webquest sobre educación afectivo-sexual (Resolución conxunta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. 31 de mayo de 2007).Nela faise unha análise da linguaxe sexista nos refráns e letras de cancións centrándose na transmisión de estereotipos e a persecución da homosexualidade e exclusión social de determinadas persoas.
Crea unha campaña. Nesta webquest trátasede concienciar ao alumnado sobre a violencia de xénero e, ao mesmo tempo, coñecer algunhas claves da lenguaxe publicitaria. Ten cinco actividades destinadas a crear unha campaña publicitaria co seu slogan, imaxes e un vídeo cunha banda sonora e voz. Para deseñar a webquest e colocala en internet utilízase WordPress, ferramenta de xestión de blogs.Está creada como traballo para o e seminario para Diversificación Curricular e PIEE do Berritzegune de Getxo (Bizkaia) polas profesoras Mari Paz Balagué, Adela Fernández e Marta Pelayo e o profesor Patxi García.
8 de marzo: día da muller. Creada por Valle Rodríguez Félix para o alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria, dentro dunha unidade didáctica realizada con motivo do Día Internacional da Muller. Estúdianse as diferenzas entre homes e mulleres nos ámbitos lexislativo, laboral, educativo e periodístico. A clase divídese en catro grupos que se encargan de preparar cada un destes ámbitos e despois expoñen na aula as conclusións a que chegaron.
Dereitos humanos. Preparada por Axial dentro de unha unidade didáctica sobre os dereitos humanos. A principal fonte de información que hai que manexar é o vídeo, en particular os de Human Rights. Tras a visualización dos vídeos o alumnado sacará conclusións sobre as consecuencias positivas que nos aporta o seu complimento. Un dos grupos dedícase aos dereitos da muller.
Rosa Caramelo. Webquest para educación infantil e primeiro ciclo de primaria creada por Rocío Cabanillas. A partir dun conto propón unha serie de actividades que conclúen nun mural colectivo de xoguetes non sexistas e un libro de xogos para a coeducación.O deseño está moi coidado, con arquivos de son que axudan ao alumnado e indicacións para o profesorado.
Etiquetas:
Educación para a cidadanía,
Igualdade,
WebQuest
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Agardo que sexa do voso interese.