Hoxe pasei un bo e agradable rato agradable vendo fotos antigas en WhatWasThere. Esta páxina permite situar fotografías nun mapa e utilizar o Google Street Wiew para situar a imaxe na súa situación, regulando a transparencia para poder ver a fotografía ou como é o lugar na actualidade.
Hai moitas fotografías de cidades de Estados Unidos e Canadá. En Europa non hai moitas, destacando Londres e arredores con máis de 500 fotos. En España a maioría son de Villaviciosa e Barakaldo.
Rexistrándose pódense subir imaxes. Xa estou buscando fotos antigas de Lugo e do Incio para situalas no mapa.
Mostrando entradas con la etiqueta Mapas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mapas. Mostrar todas las entradas
miércoles, 23 de mayo de 2012
sábado, 12 de mayo de 2012
Orbis, explorando a rede viaria romana
Orbis é un proxecto da universidade de Stanford que reproduce a rede de transportes do mundo romano. Elixindo dúas cidades proporciónanos a ruta entre elas usando as vías terrestres, marítimas e fluviais empregadas hai 2000 anos, calculando a distancia, o tempo e o custo da viaxe segundo o medio de transporte elixido e a época do ano. Permite optar pola ruta máis curta, máis rápida ou máis barata. Os datos para a elección da vía e os cálculos proveñen de documentos da época.
Por exemplo, a ruta máis rápida para cruzar a península desde Tarraco ata Flavium Brigantium ten 1602 km e tardaríase en facela máis de 17 días por rutas terrestres e marítimas.
As rutas pódense descargar no formato kml para incorporalas ao Google Earth.
A páxina de Orbis ofrécenos información moi completa sobre a ferramenta: como utilizala, incluíndo un videotitorial, exemplos, como se realizou, as fontes dos datos empregados, etc.

Etiquetas:
Cartografía,
Historia,
Mapas
miércoles, 18 de mayo de 2011
Mapa do terremoto de Lorca
A través de Twitter chego a este mapa en ikiMap creado por RTBest a partir dunha infografía do xornal El País sobre o terremoto do día 11.
Máis información sobre o terremoto:
Máis información sobre o terremoto:
- Servizo de información sísmica do IGN
- Murcia é a rexión con máis risco de sufrir un terremoto.
- Twitter, mediante os hashtag #terremotomurcia e Lorca
- Alerta terrremotos
Etiquetas:
Coñecemento do Medio,
Mapas
lunes, 3 de enero de 2011
Scribble Maps
Scribble Maps é unha ferramenta que permite editar sobre os mapas de Google Maps engadindo textos, marcas, liñas, áreas e imaxes. Tamén ten ferramentas para calcular distancias sobre o mapa.
Pode importar datos desde arquivos en formatos xls, kmz e shp. O mapa do exemplo está creado a partir dunha folla de cálculo descargada da páxina do Instituto Galego de Estatística con datos dos concellos de Lugo, entre eles a idade media da poboación.
Os mapas creados poden gardarse como imaxe jpg ou nos formatos kml e gpx.
É unha ferramenta cartográfica moi completa. O maior problema que ten é a lentitude para entrar na páxina.

Ferramentas,
Mapas
lunes, 11 de octubre de 2010
Mapas culturais do Consello da Cultura
Desde a páxina do Consello da Cultura temos acceso a tres mapas que tratan diversos aspectos da cultura de Galicia:
- Mapa
de equipamentos culturais de Galicia, onde se recolle a situación de espazos culturais: museos, cines, teatros, salas de informática, galerías de arte... Pódese buscar por provincia, concello ou categoría. - Roteiros, onde se expoñen unha serie de viaxes temáticos: a Xeneración Nós, Castelao en Pontevedra, Uxío Novoneira no Caurel, Curros Enríquez en Ourense... Ten un buscador que nos permite buscar os roteiros que se poden facer a pé ou en coche e roteiros con determinadas características: catedrais, ruinas romanas...
- As
escolas da emigración é un proxecto que pretende recuperar o legado educativo da emigaración rescatando testemuños dos emigrantes. Moitos deles enviaron diñeiro a Galicia co que puideron construírse escolas ou mellorar o equipamento das existentes. A maioría destas escolas están nas provincias de Lugo e Ourense.
Neste mapa podemos ver a situación destas escolas, o uso que na actualiadade se fai delas, a súa historia, coñecer os promotores...
Etiquetas:
Actividades culturais,
Galicia,
Mapas
miércoles, 29 de septiembre de 2010
Ensino da historia a través de Google Earth
É o título co que o ITE publicou en novembro do 2009, un monográfico dedicado ás aplicacións do Google Earth nas clases de historia. En cada un dos artigos describese brevemente a ferramenta empregada e proponse varias actividades para levar á aula.
Os artigos que compoñen este monográfico son:
Os artigos que compoñen este monográfico son:
- Mapas históricos, onde se explica o funcionamento da c
apa "Mapas históricos da colección Rumsey" para comparar as fronteiras actuais coas de séculos pasados ou observar transformacións nas cidades. - Creación de mapas propios. Utilización das ferramentas polígono e rutas para delimitar zonas que ocupaban antigos reinos, conquistas, etc.
- Creación de rutas. Outra aplicación da ferramenta rutas para debuxar traxectorias de viaxes.
- Creación de construcións opacas ou fixas. De novo coa ferramenta rutas, esta vez para debuxar murallas desaparecidas.
- Reconstrución de Roma na antigüidade. Actividades coa capa "A antiga Roma en 3D".
- Observación da paisaxe lunar. Utilizando a ferramenta "Planetas" a as capas que proporcionan fotografías das misións á lúa.
lunes, 20 de septiembre de 2010
Realidade aumentada e Ciencias Sociais
Na web wwwhatsnew.com atopo esta presentación sobre realidade aumentada con fins educativos:

No mesmo artigo hai outras tres presentacións en castelán sobre realidade aumentada e un enlace a unha colección de 13 vídeos que mostran as súas aplicacións nos museos.
Xa teño entretemento para uns días!!!
Realidad Aumentada Con Fines Educativos
Na diapositiva 28 fala de Arsights, un programa que permite obter monumentos e edificios de Google Earth para velos nunha cámara web en realidade aumentada. Hai que descargar a aplicación, instalala e buscar no Google Earth algún monumento co logo de Arsights.View more presentations from Ramiro Lopera.
No mesmo artigo hai outras tres presentacións en castelán sobre realidade aumentada e un enlace a unha colección de 13 vídeos que mostran as súas aplicacións nos museos.
Xa teño entretemento para uns días!!!
martes, 11 de mayo de 2010
Atlas virtuais
Nesta presentación Jordi Vivancos explica como foi evolucionando a representación da terra desde o mapa de Anaximandro do século VI a.C. ata os nosos días con ferramentas como Google Earth.
Vivancos propón varias actividades que podemos crear usando mapas e atlas virtuais: earthquest, geoquest, xogos xeográficos interactivos e wikiatlas. O futuro parece moi prometedor: actividades con realidade virtual, xeografía fantástica, realidade aumentada...

miércoles, 17 de marzo de 2010
Up2Maps
Acabo de descubrir este servizo de creación de mapas temáticos a partir de datos estatísticos. Poden consultarse mapas do mundo ou dunha rexión determinada segundo varias categorías: demografía, educación, economía, linguaxe, relixión, ciencia e tecnoloxía...
A páxina ten un buscador que busca nas etiquetas que colocaron os creadores dos mapas. Ademais fai listados dos últimos engadidos, os máis vistos e os máis votados.
Para probar como funciona rexistreime e creei un mapa representando ao alumnado por ordenador en centros públicos de educación primaria no ano 2007 segundo datos que saquei do Instituto Nacional de Estatística. É moi sinxelo: créase unha folla de cálculo cos nomes das provincias ou comunidades autónomas e os datos correspondentes a cada unha, na páxina selecciónase o país no que traballamos e pulsamos no seu nome (enriba do mapa). Un asistente vainos indicando o que temos que facer en cada paso: elixir se imos escribir os datos ou subir a folla de cálculo, indicar en qué columna da folla están os nomes, en cal os datos e corrixir datos se hai algún problema cos nomes dos sitios.
Cando o mapa xa está creado podemos cambiar parámetros como o número de intervalos de datos e elixir se no mapa van aparecer os nomes das comunidades, etc.
¡Vou seguir practicando!

Mapas,
Xeografía
lunes, 1 de marzo de 2010
Google Earth
Nas últimas sesións do curso Sociasi 2.0 Deseñar tarefas para desenvolver competencias na rede, Francisco Martín Castillo Rodríguez abordou no seu relatorio a temática cartográfica impresionándonos cunha abundante e interesante información sobre as súas posibilidades educativas.
Google Earth, segundo a Wikipedia, é un programa informático creado pola empresa Keyhole Inc., que permite visualizar imaxes en 3D do planeta, dende galaxias do espacio ata os cañóns do océano, combinando imaxes de satélite, mapas e o motor de busca de Google. Podemos voar a calquer lugar da terra explorando un rico contido xeográfico, gardar os lugares visitados e compartirlos con outras persoas.
Visionando os seguintes vídeos que atopei en internet podemos repasar a utilización de Google Earth e Google Street View.
Cómo utilizar Google Earth
Cómo utilizar Google Street View
Enlaces:
Portal en español de aficionados a Google Earth
Sitio Oficial de Google Earth
Google Earth Blog (español)
Web Google Earth
Coordenadas de lugares famosos, cousas raras, edificios, etc.
Catálogo monumental de España: http://www.mcu.es/archivos/MC/AGA/CME/CME.html
Comunidad educativa en torno a recursos educativos basados en Google Earth e relacionados con literatura, arte, historia, ciencias... (inglés)
A volta ao mundo en 80 minutos
Blog de Noel Jenkis
Canais de video
Eduteka:
- Google Earth en clase de xeografía: http://www.eduteka.org/GoogleEarth.php
- Proposta de actividades con Google Earth para clases de xeografía: http://www.eduteka.org/GoogleEarth2.php
Google Earth, segundo a Wikipedia, é un programa informático creado pola empresa Keyhole Inc., que permite visualizar imaxes en 3D do planeta, dende galaxias do espacio ata os cañóns do océano, combinando imaxes de satélite, mapas e o motor de busca de Google. Podemos voar a calquer lugar da terra explorando un rico contido xeográfico, gardar os lugares visitados e compartirlos con outras persoas.
Funcións de Google Earth 5:
- Imaxes históricas de todo o mundo
- Datos dos fondos mariños e a superficie oceánica proporcionados por expertos
- Viaxes simplificados con posibilidade de engadir audio e grabacións de voz
A páxina oficial contén un titorial onde se describen as novas posibilidades:
(Información sacada da web de Google Earth)Visionando os seguintes vídeos que atopei en internet podemos repasar a utilización de Google Earth e Google Street View.
Cómo utilizar Google Earth
Cómo utilizar Google Street View
Enlaces:
Portal en español de aficionados a Google Earth
Sitio Oficial de Google Earth
Google Earth Blog (español)
Web Google Earth
Coordenadas de lugares famosos, cousas raras, edificios, etc.
Catálogo monumental de España: http://www.mcu.es/archivos/MC/
Comunidad educativa en torno a recursos educativos basados en Google Earth e relacionados con literatura, arte, historia, ciencias... (inglés)
A volta ao mundo en 80 minutos
Blog de Noel Jenkis
Canais de video
Eduteka:
- Google Earth en clase de xeografía: http://www.eduteka.org/
- Proposta de actividades con Google Earth para clases de xeografía: http://www.eduteka.org/
martes, 13 de octubre de 2009
¿Por que razón necesitamos diferentes tipos de mapas?
No último boletín de Eduteka fala deste proxecto colaborativo preparado por ePals e traducido ao castelán por Eduteka. Os seus obxectivos son:- Usar un mapa físico, un climático e un político para reunir información coa finalidade de formular e responder preguntas sobre un sitio determinado.
- Utilizar da mellor maneira os correos electrónicos para facer preguntas e atopar respostas, sobre a súa propia ubicación xeográfica e a de outras persoas.
- Prantexar preguntas sobre xeografía e obter información xeográfica usando unha linguaxe académica e diferentes tipos de mapas.
jueves, 23 de julio de 2009
Atlas Nacional de España
Entre as funcións do Instituto Geográfico Nacional está a elaboración e actualización do Atlas Nacional de España. En 1986 comézase a preparar o proxecto do Atlas elaborando un índice xeral e organizando 48 grupos de traballo organizados en 13 seccións para tratar todos os aspectos da xeografía física e humana de España. A edición completa finaliza en 1997.O Atlas consta de 6 tomos ou 48 fascículos independentes. O índice toponómico está nun tomo independente. A escala dos mapas é de 1:500000. A partir do ano 2004 o Atlas distribúese como libro electrónico.
Actualmente están desenvolvendo o proxecto SIANE (Sistema de Información del Atlas Nacional de España) para crear unha ferramenta para a xestión, elaboración e publicación automatizada do Atlas. Un dos productos que pretenden obter con este sistema é a publicación na web mediante visualizadores interactivos e proporcionar servizos de geoposicionamento para a elaboración asistida de cartografía temática.
Na web do Atlas Nacional de España temos acceso a unha serie de táboas de datos xeográficos clasificadas en cinco apartados: datos xerais, datos de poboación, espacios naturais, datos de hidrografía e datos de orografía. Hai un enlace para a descarga de mapas temáticos pero non está activo.
Tamén hai dous recursos didacticos relacionados cos mapas:
- A poboación en España, no que mediante cartografías temáticas e gráficos pódese coñecer a realidade da poboación española, a súa distribución e organización, así como a caracterización dos diferentes espacios xeográficos (comunidades autónomas, provincias e principais cidades). Os contidos están organizados para os niveis de primaria, secundaria, bacharelato e universidade.
A miña impresión é que esta páxina non está rematada. Hai moitos materiais, pero é difícil atopar o mapa que necesitamos e faltan textos explicativos e actividades que den unha estructura de unidade didáctica. - España a través dos mapas. Preparado para a ESO e o 2º curso do Bacharelato. Os materiais están organizados en catro bloques: organización territorial, medio ambente, ocupación e procesos territoriais e desequilibrios territoriais. Partindo dun mapa temático faise unha explicación mediante un texto a través do cal pódese acceder aos materiais complementarios: táboas de datos, mapas, gráficos, animacións e actividades.
miércoles, 15 de julio de 2009
Instituto Geográfico Nacional (IGN)
O Instituto Xeográfico Nacional creouse o ano 1870 para realizar traballos relativos á determinación da forma e dimensións da terra, triangulacións xeodésicas e topográficas, topografía do mapa e do catastro e cuestións relativas aos pesos e medidas. Actualmente depende do Ministerio de Fomento e encárgase de tarefas astronómicas, xeofísicas, xeodésicas e cartográficas.Entre as súas funcións está a formación e actualización dos mapas cartográficos e o mantemento do Sistema de Información Xeográfica Nacional. Para elo manteñen o Atlas Nacional de España, o Rexistro Central de Cartografía e o Nomenclator Xeográfico Nacional.
A Web o IGN é un bo lugar para atopar datos xeodésicos, cartográficos, sísmicos e volcánicos. Entre as ferramentas de esta páxina destacan:
- Acceso ao Atlas Nacional de España, sobre o que publicarei outro artigo próximamente.
O visor de imaxes Iberpix, co que podemos calcular distancias, superficies e ver información dun lugar coñecendo as súas coordenadas.- Consulta na base de datos da Cartoteca, lugar onde se conservan uns 100000 documentos: fondos cartográficos nacionais e internacionais, tanto xeográficos como temáticos. Destacan as follas do Mapa Topográfico Nacional en escalas 1:25000 e 1:50000. Tamén se poden consultar outras bases de datos cartográficas: DIGA (Directorio de Información Xeográfica), IDEE (Infraestructura de Datos Espaciais de España) e SIGNA (Sistema de Información Xeográfica Nacional).
- O Museo Virtual, cunha colección de imaxes de instrumentos topográficos, meteorolóxicos, astronómicos, etc. e unha sección de cartografía histórica con documentos entre os séculos XVI e XIX na que podemos buscar mediante tres índices: topográfico, onomástico e de materias.
- Consulta de información sobre terremotos e volcáns.
- Unha serie de cursos para facer online mediante unha plataforma Moodle. Este ano realizáronse este ano os cursos "Cartografía temática", "Infraestructuras de datos espaciais" e "Sistemas de información xeográfica" entre os meses de abril e maio.
A miña amiga a Terra, unidades didácticas para últimos cursos de primaria e primeiro ciclo de secundaria sobre orientación no espacio, mapas e globos, sistema solar, litosfera, hidrosfera, atmósfera e biosfera (non me funcionaron co navegador Firefox).
Etiquetas:
Ferramentas,
Internet,
Mapas,
Xeografía
jueves, 2 de julio de 2009
O mapa topográfico "máis preciso" da Terra
A NASA e o goberno de Xapón elaboraron o mapa virtual máis detallado da Terra abarcando o 99% da súa superficie.Segundo fontes de varios xornais, o novo modelo dixital de elevación da Terra foi creado a partir de 1,3 millóns de imaxes que foron tomadas polo "Aster", un dos cinco instrumentos de observación da Terra ubicado no satélite "Terra", que se lanzou en decembro de 1999. As imaxes poden descargarse libremente de internet e a xuizo do responsable do programa "Aster", Woody Turner, "son os datos dixitais máis completos e coherentes postos á disposición do mundo".
Para Mike Ab
rams, científico do "Aster", a nova información topográfica "será de valor para todas as ciencias da Terra e ten moitas aplicacións prácticas". Poderá utilizarse para inxeniería, exploración de enerxía, conservación de recursos naturais, xeoloxía, loita contra os incendios...Agora, A NASA está traballando para combinar os datos de "Aster" cos da "Shuttle Radar Topography Mision" e outras fontes para producir un mellor mapa topográfico mundial.
As fotografías anteriores corresponden ao Mapa do Mundo e ao Glaciar do Himalaia en Bhutan e a que temos a continuación ao Val da Morte , en California, segundo o novo mapa topográfico.
Etiquetas:
Ferramentas,
Mapas
viernes, 8 de mayo de 2009
Panorámicas xeorreferenciadas
Outro servizo para relacionar fotografías son os mapas de Google Maps. En ViewAT atopamos fotografías panorámicas cunha descrición do lugar sacada da Wikipedia e a localización do lugar no mapa. Hai unhas poucas fotografías de Galicia como a do Interior dunha palloza, O Cebreiro , Montañas de Los Ancares de Enrique Álvarez e A Torre de Hércules de Susana López, Faro Islas Cies de Ricardo Cambón, BACABÚ no Museo Provincial de Lugo e o Museo do Pobo Galego de Jesús Martínez, etc.
A páxina ten un buscador no que podemos elixir a temática das fotografías: lugares históricos, curiosidades, espazos espirituais...
Tamén poden verse as panorámicas no Google Earth aproximándose desde o espazo.
Na imaxe podemos ver a Praza do Obradoiro de Santiago durante os fogos do apóstolo. É unha fotografía de Ricardo Cambón.

Fotografía,
Mapas
miércoles, 4 de febrero de 2009
Google Earth 5 beta
Acabo de descargar a beta da versión 5.0 do Google Earth. Como novidades máis destacadas ten:
Mellora das imaxes dos mares e océanos explorando o fondo en tres dimensións, xunto con varias capas dedicadas ao seu estudo: materiais de National Geographic, Jacques Cousteau, o mapa histórico de Marie Tharp, estudo de especies protexidas, censo da vida marina, rastreo de animais, etc. A toda esta información podemos acceder coa función Ocean.- Mostra de imaxes históricas. Pode abrirse un deslizador cunha escala de tempo onde se pode elixir o ano que queremos ver. Para a Porta do Sol de Madrid hai imaxes entre 2002 e 2009. Co tempo pode ser unha boa ferramenta para estudiar a evolución das cidades.
- Posibilidade de gravar son. Pulsando no botón "gardar unha viaxe" ou no menú "Añadir - Visita guiada" ábrese un grabador de son e, cun micrófono, podemos gravar un texto asociado a unha marca ou a unha ruta.
Etiquetas:
Informática,
Mapas
domingo, 1 de febrero de 2009
Mapas anamórficos
Son mapas nos que as superficies dos países modifícanse para facelas proporcionais a un fenómeno que se quere representar, por exemplo a tasa de natalidade. O país representado mantense recoñecible. Coñezo dous sitios que crean mapas deste tipo. Paréceme unha forma agradable de comprender o que representan os datos estatísticos.
- Show®/World . É unha ferramenta presente en internet desde maio do 2008 que toma datos de organizacións como a Unesco, Amnistía Internacional, o Banco Mundial, Unicef... Podemos atopar uns 125 mapas clasificados nas categorías poboación, planeta, traballo, política e vida. Podemos descargar unha imaxe do mapa, unha animación que se pode colocar nun blog ou nunha páxina web ou baixar os datos no formato xls. Nesta animación represéntase o número de usuarios de internet. Pulsa na frecha do centro para que comeze.
- Worldmapper . Máis de 300 mapas representando parámetros como a fabricación de coches ou ordenadores, o alumnado dos distintos niveis educativos, medios de comunicación, datos demográficos... A maioría dos datos para estes mapas foron tomados entre os anos 2002 e 2004. Os mapas poden localizarse en orde alfabética (en inglés), por categorías (educación, traballo, producción, relixión...) ou elixindo a miniatura. Pode descargarse unha imaxe nos formatos jpg e tiff ou un arquivo PDF no que podemos ver a imaxe e unha pequena explicación en inglés do representado no mapa. Tamén podemos descargar os datos en formato xls. Como exemplo poño unha gráfica onde se representan os prezos das vivendas
sábado, 17 de enero de 2009
Arte no Google Maps
Atopei dúas páxinas que usan os servizos do Google Maps e Google Earth para visualizar pinturas utilizando imaxes de alta resolución.
O Museo do Prado está poñendo algunhas obras cunha resolución de 14000 millóns de píxels. De momento vai haber 14 obras, que xa poden verse no Google Earth activando a capa "edificios 3D" e buscando o museo. No Google Maps había 4 a última vez que mirei. Pulsando na imaxe de cada cadro ábrese unha ventá na que o mapa típico de Google é sustituído por unha pintura. Podemos usar as ferramentas de ampliación e movemento ata apreciar case as pinceladas do pintor.
Os cadros que podemos ver son:
- 'La Crucifixión', de Juan de Flandes
- 'El caballero de la mano en el pecho', de El Greco
- 'Las Meninas', de Velázquez
- 'El sueño de Jacob', de Ribera
- '3 de mayo', de Goya
- 'La Anunciación', de Fra Angelico
- 'El Cardenal', de Rafael
- 'El emperador Carlos V, a caballo en Mühlberg', de Tiziano
- 'Inmaculada Concepción', de Tiepolo
- 'El Descendimiento', de Roger van der Weyden
- 'El jardín de las Delicias', de El Bosco
- 'Las tres Gracias', de Rubens
- 'Autorretrato', de Durero
- 'Artemisa', de Rembrandt
The Kremer Collection é unha colección de pintura holandesa e flamenca do século XVII xestionada pola Fundación Aetas Aurea. Podemos ver obras de 40 artistas. Pulsando no cadro abre unha ventá na que podemos navegar pola obra.
O Museo do Prado está poñendo algunhas obras cunha resolución de 14000 millóns de píxels. De momento vai haber 14 obras, que xa poden verse no Google Earth activando a capa "edificios 3D" e buscando o museo. No Google Maps había 4 a última vez que mirei. Pulsando na imaxe de cada cadro ábrese unha ventá na que o mapa típico de Google é sustituído por unha pintura. Podemos usar as ferramentas de ampliación e movemento ata apreciar case as pinceladas do pintor.Os cadros que podemos ver son:
- 'La Crucifixión', de Juan de Flandes
- 'El caballero de la mano en el pecho', de El Greco
- 'Las Meninas', de Velázquez
- 'El sueño de Jacob', de Ribera
- '3 de mayo', de Goya
- 'La Anunciación', de Fra Angelico
- 'El Cardenal', de Rafael
- 'El emperador Carlos V, a caballo en Mühlberg', de Tiziano
- 'Inmaculada Concepción', de Tiepolo
- 'El Descendimiento', de Roger van der Weyden
- 'El jardín de las Delicias', de El Bosco
- 'Las tres Gracias', de Rubens
- 'Autorretrato', de Durero
- 'Artemisa', de Rembrandt
The Kremer Collection é unha colección de pintura holandesa e flamenca do século XVII xestionada pola Fundación Aetas Aurea. Podemos ver obras de 40 artistas. Pulsando no cadro abre unha ventá na que podemos navegar pola obra.
sábado, 3 de enero de 2009
Colección de mapas de David Rumsey
Mediante Blographos entérome de que parte da colección de mapas de David Rumsay pode consultarse en Google Maps e Google Earth.
A colección consta de máis de 18000 mapas dos séculos XVIII, XIX e XX. A maioría son de América, aínda que tamén hai unha pequena sección de mapas de España. O sistema usado para visualizalos é o Luna Imaging.
Coas ferramentas de Google poden consultarse actualmente uns 120 mapas, pero imaxino que esta colección seguirase ampliando.

lunes, 3 de noviembre de 2008
Maps of War
Na web Maps of War atopamos un conxunto de animacións empregando mapas nas que resumen acontecementos históricos en 90 segundos. Algúns dos mapas que podemos atopar tratan da evolución da democracia, a historia das relixións, as guerras nas que interveu Estados Unidos ou os imperios que dominaron o Oriente Medio ao longo da historia.
Pódense descargar algúns dos mapas en formato SWF, WMV ou MPEG. Tamén hai unha presentación na que están incrustadas as animacións.
Por último, ten un apartado con enlaces á animacións publicadas noutros medios, por exemplo, unha sobre a Segunda Guerra Mundial ou un mapa das migracións.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Agardo que sexa do voso interese.