Mostrando entradas con la etiqueta Actividades culturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades culturais. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de febrero de 2014

Curso Metodoloxía e recursos para a inclusión

Imaxe de Marta Arias //CC BY-SA

Destinatarios 
Profesorado de educación especial

Normas xerais
Pulsando no seguinte enlace pódese acceder ás normas xerais dentro do  Plan anual de formación do profesorado referentes á criterios de admisión, criterios para a avaliación de actividades e certificación.

Obxectivos

1.Analizar e reflexionar, desde o marco da escola inclusiva, estratexias metodolóxicas que favorezan a adquisición das competencias básicas no ANEAE

2.Revisar e actualizar o coñecemento das distintas posibilidades que ofrecen as TIC na práctica educativa

3.Coñecer estratexias e recursos específicos para o apoio á competencia comunicativa no ANEAE

Contidos

1.A escola inclusiva e o desenvolvemento das competencias básicas no ANEAE.

2.As TIC nos procesos de aprendizaxe e ensinanza.

3.Estratexias metodolóxicas e recursos para o alumnado con dificultades comunicativas.

Profesorado relator
  • 19/02/2014 -  D. Manuel Rey Fernández (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa): A adaptación curricular nunha atención educativa incluínte do alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ANEAE)
  • 26/02/2014 -   D. José Eladio Ferro Fontenla (EOE de Pontevedra): Altas capacidades e xestión de aulas inclusivas
  • 27/02/2014 -  D. José Eladio Ferro Fontenla (EOE de Pontevedra): Altas capacidades e xestión de aulas inclusivas06/03/2014 -  D. Rubén Velasco Fernández (CEE San Cristóbal de Avilés): Utilización de tablets para o traballo con TEA
  • 06/03/2014 -  D. Rubén Velasco Fernández (CEE San Cristóbal de Avilés): Utilización de tables para o traballo conn TEA
  • 12/03/2014 - D. Antonio Alberto Veleiro Vidal (Ceip Sofía Casanova): Dificultades no Desenvolvemento e Atención á Diversidade
  • 20/03/2014 -  D. Rubén Velasco Fernández (CEE San Cristóbal de Avilés): Ferramentas para a elaboración de claves visuais
  • 26/03/2014 -  D. Antonio Alberto Veleiro Vidal (Ceip Sofía Casanova): Trastorno por Déficit de Atención/Hiperactividade. Preguntas frecuentes desde a escola sobre a natureza e características do TDAH
  • 02/04/2014 -  D. Antonio Alberto Veleiro Vidal (Ceip Sofía Casanova): Trastorno por Déficit de Atención/Hiperactividade. Intervención educativa
Asesora responsable da actividade: Marta Arias López


domingo, 24 de octubre de 2010

Os tellados da Catedral de Santiago

Os dous últimos sábados estiven colaborando nas xornadas "Os camiños de Santiago como recurso didáctico".
Para rematar a actividade fixemos unha visita ás cubertas da Catedral. Desde alí pode verse como foi evolucionando a construción pasando por diversos estilos: románico, gótico, renacentista e barroco. Tamén poden contemplarse de xeito distinto outros edificios e rúas de Santiago.
Podedes ver información sobre as cubertas na páxina: http://www.catedraldesantiago.es
Deixo algunhas das fotos que sacamos. A ameaza de chuvia fíxonos temer que non poderíamos subir, pero hoube sorte e tal como nos repetía a coordinadora María Paz Gago, ata o remato non caeu nen unha pinga.
Unha visita recomendable.

lunes, 11 de octubre de 2010

Mapas culturais do Consello da Cultura

Desde a páxina do Consello da Cultura temos acceso a tres mapas que tratan diversos aspectos da cultura de Galicia:
  • Mapa de equipamentos culturais de Galicia, onde se recolle a situación de espazos culturais: museos, cines, teatros, salas de informática, galerías de arte... Pódese buscar por provincia, concello ou categoría.
  • Roteiros, onde se expoñen unha serie de viaxes temáticos: a Xeneración Nós, Castelao en Pontevedra, Uxío Novoneira no Caurel, Curros Enríquez en Ourense... Ten un buscador que nos permite buscar os roteiros que se poden facer a pé ou en coche e roteiros con determinadas características: catedrais, ruinas romanas...
  • As escolas da emigración é un proxecto que pretende recuperar o legado educativo da emigaración rescatando testemuños dos emigrantes. Moitos deles enviaron diñeiro a Galicia co que puideron construírse escolas ou mellorar o equipamento das existentes. A maioría destas escolas están nas provincias de Lugo e Ourense.
    Neste mapa podemos ver a situación destas escolas, o uso que na actualiadade se fai delas, a súa historia, coñecer os promotores...

viernes, 2 de julio de 2010

Cultura aberta nos xardíns da Deputación

Onte comezou o programa Cultura aberta nos xardíns da Deputación de Lugo, un programa destinado ao tempo de lecer no verán de Lugo no que conta coas actuacións musicais de Xoán Curiel, Cesk Freixas, 20Hatz, Katembe Project, Festicultores e Maghúa. Tamén actuará Carlos Blanco co espectáculo de humor "Ordem e progresso". Desenvolveranse todos os xoves de xullo e primeiro de agosto ás nove da noite. O tempo de lecer para os máis pequenos, os Mércores Miúdos, serán todos os mércores ás seis e media. Dentro do programa Sons aromáticos no que onte nos agasallaron cun ramallo de menta fresca Xoán Curiel, compositor, guitarrista , cantante e actor da Fonsagrada sorprendeunos co seu disco Nai dedicado á figura da muller. Todo un agasallo para os nosos sentidos.
Agora déixovos coa seguinte video no que presenta o seu disco.
Agardo que sexa do voso interese.