Mostrando entradas con la etiqueta Cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cine. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de enero de 2014

Clases de historia a través do cine e YouTube

De vez en cando podemos oír e ver algo emocionante  nas noticias da nosa televisión.
Moitas persoas xa somos coñecedoras do bo facer de Manolo González no IES Concepción Arenal de Ferrol, pero para as que non o coñecen abaixo poden escoitar esta pequena reportaxe.

 Clases de histoira a través do cine e You Tube

Os meus parabéns de novo.

viernes, 26 de octubre de 2012

OUFF 17 Festival de Cine Internacional de Ourense

Imaxe lo logo do OUFF 17 Festival de cine  Internacional de Ourense
Imaxe do logo vía: http://www.ouff.org/web/images/stories/Contidos2011/OFestival/OUffEscola/17OUFF_ouffescola.jpg
Ata o 3 de novembro ás 23: 59 h podedes votar no OUFF 17 Festival de Cine Internacional de Ourense.
Nesta ocasión preséntanse 46 obras de ensino non universitario de secundaria e 11 de infantil e primaria
Xa que ameaza a choiva, nesta fin de semana podemos aproveitar para pasar un bo rato vendo estos bos traballos e así prepararnos para votar.
Parabéns a todos e que gane o mellor.

miércoles, 27 de abril de 2011

O Segrel do Penedo

O pasado sábado 23 de abril, coincidindo co Día do Libro, cumplíu catro anos O Segrel do Penedo, o blog da biblioteca do IES de Fene. E para celebralo regálannos unha base de datos de recursos feita en Moodle que nos animan a utilizar e tamén a que participemos nela enchéndoa de contido.
A base de datos está elaborada seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal). Co código 3 atopamos ciencias sociais, cos apartados de economía, etnografía e turismo, no 9 xeografía, e historia e no 7 arte, acompañado de música, deportes, espectáculos e unha espectacular base de cine con guías didácticas de varias das películas catalogadas.
Noraboa ao IES de Fene polo bo traballo realizado. Espero que segan facéndonos estes regalos durante moitos anos.

martes, 25 de enero de 2011

También la lluvia

Onte fun ver a película También la lluvia e aproveito para poñer o trailer e a entrevista feita por TVE á profesora Conchita López e ao alumnado de 6º de educación primaria do colexio Virgen de Belén de Jacarrilla polo traballo desenvolvido en torno a este film (elaboración dun blog colaborativo aberto no mes de outubro, Nueva expedición de Colón, onde profesorado e alumnado amosa a súa particular visión arredor do descubrimento de América e o que representou para o mundo mediante spots en 3D, escritura creativa con fotos da película, microrrelatos, retratos, cómics, videos, presentacións, relatos...).





Neste proxecto participaron 18 cidades españolas e o responsable é un personaxe ficticio "dona Díriga" que enreda pola rede.
Dentro do blog educativo También la lluvia , no que se pode participar como coautor ou coautora ou cos nosos comentarios, aporta artigos relacionados coa temática, enlace a un Caderno pedagóxico que se pode descargar en pdf aportando información sobre o contexto histórico, datos de Cristóbal Colón, Frei Antonio Montesinos e Frei Bartolomé de las Casas, Bolivia e a guerra da auga (resumo da guerra, loita das mulleres). Cada artigo vai acompañado dunha proposta de actividades conexionando os textos e a película.
Nota: Imaxe da web oficial e información das páxinas citadas.

sábado, 13 de noviembre de 2010

Adeus, Luís García Berlanga

Hoxe lamentando a morte do director de cine Luís García Berlanga recordamos o motivo anuncio protagonizado por Berlanga para a campaña de Médicos sen Fronteiras Pastillas contra a dor allea.


Ver máis información:
Video de J.Minguell / P. Casado onde repasan a súa obra: El rey del esperpento
El País
No País: Adiós Mr. Berlanga

viernes, 11 de junio de 2010

Glengarry Glen Ross

Onte fun ver a obra de teatro Glengarry Glen Ross. É moi apropiada para reflexionar sobre as relacións laborais nos tempos de crise que padecemos: unha empresa inmobiliaria decide "estimular" aos seus traballadores premiando aos mellores e despedindo ao que venda menos. A competencia fai que os vendedores empreguen métodos non moi éticos para acadar os seus obxectivos.
A obra está dirixida polo arxentino Daniel Veronese e interpretada por Carlos Hipólito, Ginés García Millán, Alberto Jiménez, Andrés Herrera, Gonzalo de Castro, Jorge Bosch e Alberto Iglesias.
Está escrita por David Mamet, que obtivo o premio Pullitzer con ela e tamén escribiu o guión dunha película baseada nesta obra e protagonizada por Al Pacino, Jack Lemmon e Alec Baldwin.
Nos vídeos podemos comparar as versións teatral e cinematográfica. Eu quédome coa proximidade do teatro.

lunes, 28 de septiembre de 2009

Séraphine de Senlis

O venres fun ver a película Séraphine, proxectada na XXXI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Narra a vida da pintora francesa Séraphine Louis, tamén coñecida por Séraphine de Senlis. Esta muller traballou como pastora na súa infancia e, posteriormente, limpando casas. Fabricaba ela mesma as cores mezclando a pintura máis barata con cera de candeas que collía na igrexa, terra, a súa sangue...
O marchante de arte Willien Uhde a coñeceu nunha temporada que pasou en Senlis antes da 1ª Guerra Mundial, cando Séraphine limpaba a súa casa. Promocionouna comprando os seus cadros e incluíndoos na exposición colectiva "Los primitivos modernos".
Séraphine non soubo administrar os cartos obtidos nos seus anos de éxito. A crise económica de 1930 provocou a ruina de Williem Uhde e, por tanto, Séraphine voltou á pobreza. Os últimos anos da súa vida pasounos nun asilo psiquiátrico.


A película está dirixida por Martin Provost e protagonizada por Yolande Moreau e Ulrich Tukur.
Déixovos co seu trailer.

viernes, 19 de junio de 2009

Las alas de la vida

"No nos llevaremos nada, dejaremos hecho para los demás nuestra única forma de trascendencia" (Carlos Cristos)


Hoxe, na TVE2, proxectarase o documental "Las alas de la vida". Este documental trata sobre a vida de Carlos Cristos, un médico ao que lle foi diagnosticada unha enfermidade coñecida como "Atrofia Multisistemia". Na película vese como afronta esta enfermidade dexenerativa e relata un pouco os últimos anos da súa vida.
Este documental foi premiado no Festival de Cine de Valladolid hai 3 anos, ademais doutros premios. Tamén se proxectou na Semana de Cine Internacional de Lugo no 2007.
O equipo pedagóxico da película propón material didáctico para alumnado de secundaria a fin de reflexionar sobre os diferentes temas que o film vai plantexando a través do seu protagonista, Carlos Cristos.
O material pode ser utilizado antes de visionar a película e despois. O programa consta de: ficha técnica da película; índice dos capítulos, caderno de cuestións previas ao visionado, ficha para traballar en clase despois da proxección, apuntes de psicoloxía adolescente, propostas didácticas e metodolóxicas, así como bibliografía e lecturas relacionadas cos temas tratados.

Reportaxe sobre o documental dirixido por Antoni P. Canet.

Parte primeira

Parte segunda

martes, 26 de mayo de 2009

Home

Home é unha película dirixida por Yand Arthus-Bertrand e coproducida por Luc Besson na que, mediante imaxes aéreas, trátanse os temas medioambientais máis importantes.
Vaise estrenar o venres 5 de xuño, Día Mundial do Medio ambiente, en Youtube. É a primeira vez que unha película estrénase ao mesmo tempo en internet e nas salas comerciais. Tamén se emitirá en canles de televisións nacionais e en pantallas grandes ubicadas en lugares emblemáticos.
Hai que suliñar que cinco capas de Google Earth amosarán contidos creados polos usuarios, sinalando os sitios reais onde se difundirá a película, ofrecerán material educativo sobre os temas do film, etc
Xa teño ganas de vela!!!

En Youtube podemos ver avances do film, da rodaxe, entrevistas, etc.

miércoles, 25 de marzo de 2009

Cine e educación

Enrique Martínez-Salanova Sánchez na páxina Cine y educación fai unha recopilación temática e análise do cine aplicado á educación. A web está destinada á aprendizaxe a través do cine, da súa didáctica, da tecnoloxía da educación, do ensino do cine e o seu uso.
Trata temas como: o cine e o dereito á educación, cine e menores abandonados, o poder da educación no cine, alumnos e profesores nas aulas, lecturas de cine, unidades didácticas, cine e historia, alumnos e migracións, mulleres no cine, muller maltratada, etc.
O autor, entre outros temas interesantes, presenta varios dos seus artigos que resultan de interese:
Tamén hai unha sección sobre A historia tratada no cine, na que sobre todo fala da Guerra Civil española.

lunes, 25 de agosto de 2008

O cine, a tv e o video como recursos didácticos

Na seguinte web educativa de economía e sociedade econoaula.com podedes atopar razóns que xustifican a utilización do cine, o video e a televisión nas nosas aulas. Despois de abordar estes motivos analiza a forma en que se pode elaborar o comentario da película e aporta unha clasificación temática de films a utilizar en sociais. Tamén fai unha reseña de programas e canles de tv así como de videos a utilizar en economía.
Na filmoteca virtual da web Aula de cine hai enlaces a material de introducción (ficha técnico-artística, director, suxerencias de aplicación didáctica, puntos de interese,...) para medio centenar de películas. Tamén se atopan referencias a outros materiais didácticos elaborados por diverso profesorado e unha colección de enlaces a espazos web relacionados con este tema:

No blog do Club de lectura da biblioteca do IES Moncho Valcarce Felices Pesadelos podemos atopar información para traballar a película "O nome da rosa.

As webquest fomentan a motivación do alumnado, o traballo en equipo e poñen en marcha actividades creativas e diferentes. Obrigan a utilidade de habilidades cognitivas de alto nivel (comprensión, análise, síntese e avaliación). O alumnado non debe limitarse á búsqueda de información. Debe usar e transformar esa información. Co material presentado neste formato pódese favorecer o aproveitamento didáctico do cine nas aulas. Poderíanse utilizar as seguintes WebQuest ou elaborar algunha nova para traballar aspectos didácticos da película:

Agardo que sexa do voso interese.