Vía Eroski Consumer, nun artigo de Alex Fernández Muerza, podemos informarnos sobre as cinco novas incorporacións, incorporacións Naturais e especiais pola súa paisaxe e a súa biodiversidade: O Mar de Area (Namibia), a cadea montañosa de Xinjiang Tianshan (China), o Parque Nacional Tayik (Tayikistán), o monte Etna (Italia) e o deserto de Pinacate (México).
miércoles, 21 de agosto de 2013
Novas Maravillas Naturais Patrimonio da Humanidade
Vía Eroski Consumer, nun artigo de Alex Fernández Muerza, podemos informarnos sobre as cinco novas incorporacións, incorporacións Naturais e especiais pola súa paisaxe e a súa biodiversidade: O Mar de Area (Namibia), a cadea montañosa de Xinjiang Tianshan (China), o Parque Nacional Tayik (Tayikistán), o monte Etna (Italia) e o deserto de Pinacate (México).
viernes, 31 de agosto de 2012
Danzas ancestrais na Cervela (O Incio)
Na seguinte presentación podedes ver algunhas das imaxes que saquei o luns.
viernes, 13 de julio de 2012
O Museo Virtual da Cultura Castrexa
![]() |
| MUVICC |
A este paseo virtual engádese información relacionada coa vida e cultura castrexa e tamén temos acceso ao catálogo en 3D de obxectos atopados coa imaxe e información detallada de cada peza.
Ideal para pasar un bo rato nestes días anubrados.
lunes, 2 de abril de 2012
Fragas do Eume
V Televisión percorre o corazón das Fragas do Eume. Información sobre a Fraga do Eume:
- Parque natural As Fragas do Eume en Galicia Máxica
- Materiais da Consellería do Medio Rural e do Mar
- Noticias sobre incendios en Galicia en La Voz de Galicia
![]() |
| Fragas do Eume |
miércoles, 4 de mayo de 2011
Patrimonio galego
Entérome en Código cero da formación dun grupo de traballo que ten o obxectivo de inventariar o patrimonio cultural galego, creando a páxina web patrimoniogalego.net onde van recoller datos dos bens culturais galegos: tipo de ben, situación, época, propiedade, estado de conservación, referencias bibliográficas... Poden verse algunhas fichas de exemplo do traballo a realizar, por exemplo ésta do mosteiro de Corenza, na comarca de Noia.De momento a páxina está en probas, con vistas a comezar despois das Letras Galegas. Parece que vai ter catro apartados:
- Proxecto e equipo, onde explican as características do proxecto e a forma de colaborar.
- Que debes saber sobre o patrimonio, queconterá lexislación, enlaces a asociacións de defensa do patrimonio e como denunciar unha agresión.
- O catálogo social do patrimonio, onde se poden facer buscas por tipo de ben, concello, época e camiño para chegar ao ben.
- A lista vermella, que non teño claro que vai conter. Supoño que un catálogo dos bens en estado de conservación crítico.
Desexámoslles que pronto teñan o catálogo cheo de lugares.
domingo, 24 de octubre de 2010
Os tellados da Catedral de Santiago
Para rematar a actividade fixemos unha visita ás cubertas da Catedral. Desde alí pode verse como foi evolucionando a construción pasando por diversos estilos: románico, gótico, renacentista e barroco. Tamén poden contemplarse de xeito distinto outros edificios e rúas de Santiago.
Podedes ver información sobre as cubertas na páxina: http://www.catedraldesantiago.es
Deixo algunhas das fotos que sacamos. A ameaza de chuvia fíxonos temer que non poderíamos subir, pero hoube sorte e tal como nos repetía a coordinadora María Paz Gago, ata o remato non caeu nen unha pinga.
Unha visita recomendable.
lunes, 7 de diciembre de 2009
Descubre lugares patrimonio da Humanidade con Street View
De momento só se poden ver algúns dos lugares do patrimonio europeo, moitos deles en España, e entre eles a Praza do Obradoiro en Santiago, a Praza Maior de Salamanca e a Cidade Vella de Cáceres.
Agardamos que moi pronto podamos visionar outros lugares que pola súa distancia non podemos ir tan fácilmente.
martes, 27 de octubre de 2009
Patrimonio da Humanidade 2009
No mapa situei nestes lugares as descricións da Unesco e enlaces a diversas páxinas informativas.
Ver Patrimonio da humanidade 2009 en un mapa más grande
domingo, 30 de agosto de 2009
Rede de Parques Nacionais
O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño mantén unha páxina dedicadas aos 14 Parques Nacionais na que temos información sobre as características da rede de parques, historia, lexislación, áreas de influencia socioeconómica...Co menú visitas podemos acceder a unhas fichas con información detallada de cada un dos parques: localización, mapa, impresos para solicitar autorizacións, información sobre instalacións e servizos, normas, municipios, patrimonio histórico e cultural, etc.
O apartado visita virtual permite ver imaxes da flora e fauna e coñecer as rutas máis destacadas.
Na páxina hai unha sección de descarga de cartografía na que podemos obter arquivos no formato shp para usar con calquera programa de manexo de información xeográfica, por exemplo o gvSIG. As capas que podemos obter son a zonificación, núcleos de poboación, carreteras, masas de auga, itinerarios de uso público e áreas recreativas.
A páxina complétase con catro xogos para o alumnado máis pequeno: o xogo dos contedores, ¿onde están os Parques?, ¿de que Parque é esta paisaxe? e ¿quen come a quen?
miércoles, 8 de julio de 2009
O Camiño de Santiago elixido tesouro do Patrimonio Inmaterial de España
O Bureau Internacional de Capitais Culturais seleccionou os 10 tesouros do Patrimonio Cultural Inmaterial de España mediante unha votación na que se emitiron máis de 150000 votos desde todas as comunidades autónomas e españois residentes no extranxeiro.O terceiro lugar ocupouno o Camiño de Santiago, soamente superado pola Semana Grande de Bilbao e o Filandón de León.
O patrimonio cultural inmaterial maniféstase, en particular, nos ámbitos seguintes: tradicións e expresións orais; artes do espectáculo, como a música tradicional, a danza y o teatro; usos sociais, rituais e actos festivos; coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo; técnicas artesanais tradicionais.
Á elección tamén se presentaron a Rapa das Bestas de Sabucedo, que quedou no undécimo lugar e as Festas do Apóstolo en Santiago, no lugar 36.
Páxinas con información sobre o Camiño de Santiago:
lunes, 29 de junio de 2009
A Torre de Hércules
O sábado pasado declarouse monumento Patrimonio da Humanidade a Torre de Hercules, que se converteu no cuarto monumento galego en ser destacado tras o Casco histórico de Santiago de Compostela (1985), o Camiño de Santiago (1993) e a Muralla Romana de Lugo (2000).
A torre é un antigo faro romano construído no século I, que ao longo da historio sufriu varias reconstruccións. A fachada actual de estilo neoclásico é do século XVIII.
torre de hércules from Instituto Torre de Hércules on Vimeo.
Máis información:lunes, 18 de mayo de 2009
ArsVIRTUAL
Ars VIRTUAL é un programa desenvolto pola Fundación Telefónica na que podemos coñecer varios monumentos de España, América Latina e Marrocos mediante visitas virtuais desenvolvidas mediante técnicas 3D.Podemos navegar pola web mediante o menú ou cun mapa do patrimonio onde podemos ver a situación dos monumentos. Os lugares españois están clasificados en reales sitios (Granxa de San Ildefonso, Mosteiro do Escorial, Palacio de Aranjuez, etc.), templos (catedrais de León, Burgos, Sagrada Familia, Toledo e as tres culturas), patrimonio natural (As Médulas e o Parque Natural de Cabárceno) e outros monumentos (conxunto románico do Vall de Boí, Alhambra de Granada e Atapuerca). En Marrocos e América Latina de momento hai poucas visitas.
En Galicia non ten catalogado ningún monumento, quedamos ás portas coa visita Ás Médulas. Esperemos que coa chegada do AVE podan acercarse a esta terra.
Unha vez elixido o monumento ábrese unha nova ventá do navegador na que temos acceso ás distintas seccións da visita. Dependen do monumento elixido, pero na maioría podemos ver unha reseña histórica, explicación das características do monumento e imaxes panorámicas dos aspectos máis representativos. Na imaxe da esquerda temos a portada da Catedral de León.A maioría das visitas déronme problemas no navegador Firefox porque é necesario ter instalado un control Activex que só funciona no Explorer. Algunhas, como a das Médulas poden facerse instalando o Adobe Shockwave ou o Adobe Flash Player. Cando é necesario algún destes plugins a páxina facilítanos a súa descarga e instalación, así que en pocos minutos xa podemos ver a páxina sen problemas.
miércoles, 18 de marzo de 2009
Cultura e patrimonio galegos
A exposición celebra o 25 aniversario do Consello da Cultura. Pode verse no Museo do Pobo Galego de Santiago durante os meses de marzo e abril. Na web podemos ver folletos das actividades desenvolvidas polo Consello entre 1983 e 2008 e uns vídeos relacionados con estas actividades. Debido ao seu tamaño non conseguín ver ben os folletos co navegador (Firefox) así que recoméndoche abrilos noutra pestaña, gardar as imaxes no disco do teu ordenador e usar un programa de fotografía para poñer o zoom nun tamaño cómodo. Tamén podemos descargar o libro Galicia 25 anos. Unha cultura para un novo século en formato PDF. Paciencia porque son case 10 Mb.
A web do patrimonio cultural de Galicia está creada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Neste momento ten catalogados 130 bens culturais: igrexas, cruceiros, castros, pontes, pazos, horreos... Ten un buscador xeográfico e outro avanzado que permite buscas por categoría, estilo e data.
Cada ben ten unha ficha con datos como a situación, grao de protección, data, imaxes e unha breve descrición. A fotografía do pé deste artigo é a igrexa de San Pedro Fiz no Incio, sacada desta páxina.
A web complétase con seccións para a escola con materiais didácticos para as distintas etapas educativas, recomendacións para visitas e rutas, documentos e utilidades, entre as que destaca o formulario "É teu, cóidao" para informar sobre agresións aos bens do patrimonio cultural.
Agardo que sexa do voso interese.




