Quedei finalista no concurso : O rincón máis luminoso de Lugo.
Podedes acceder coa seguinte dirección:
http://bit.ly/13LqGHV
| Imaxe de Marta Arias López//CC BY -SA |
Moitas grazas pola colaboración.
| Imaxe de Marta Arias López//CC BY -SA |
| Imaxe tomada de El Progreso |
| Imaxe do logo vía: http://www.ouff.org/web/images/stories/Contidos2011/OFestival/OUffEscola/17OUFF_ouffescola.jpg |
A octava convocatoria da campaña Primavera de Europa desenvólvese dende o 22 de marzo ata o 30 de xuño de 2010. Ten como obxectivo fomentar a educación cidadá acercando Europa aos xóvenes e vai dirixida aos centros de primaria, secundaria e bacharelato de toda Europa. Ao inscribirse o profesorado e o alumnado participa en toda unha serie de actividades, concursos e debates online en directo. Cada ano, Primavera de Europa céntrase nun tema. A campaña deste ano está dedicada á “A cidadanía europea e os dereitos fundamentais”. A iniciativa de Primavera de Europa fixa a atención do alumnado nos temas chave da economía, a sociedade e a política.
Ata o 15 de marzo está aberto o prazo de inscrición para o concurso Euroscola 2010. Está convocado pola oficina do Parlamento Europeo en España en colaboración coa Representación da Comisión Europea en España.Está destinado a alumnado entre 15 e 18 anos e pódese participar formando un grupo de 10 e un profesor ou profesora. Ademais doutros premios os gañadores participarán nunha Xornada Euroescola do Parlamento Europeo en Estrasburgo.
Enviáronme (tarde) o boletín da Oficina do Parlamento Europeo en España avisándome de que está aberto o prazo de inscrición para o concurso Euroscola 2009. Neste concurso poden inscribirse equipos formados por 10 alumnos/as de entre 15 e 18 anos e un proferor/a. Consta de tres fases nas de unha semana con probas individuais e colectivas.Agardo que sexa do voso interese.