Conferencia de Sir Ken Robinson para TED// CC BY-NC-SA
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeo. Mostrar todas las entradas
viernes, 19 de julio de 2013
sábado, 1 de octubre de 2011
III Certamen Ouff Escola
O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Concellaría de Normalización Lingüística do concello de Ourense convocaron o III Certamen OUFF Escola, que pretende fomentar a creatividade audiovisual e impulsar o uso do galego entre o alumnado escolar. A este certamen, dentro da categoría de ensino non universitario e entre os 41 presentados, dentro da provincia de Lugo preséntase o IES plurilingüe Fontem Albei de A Fonsagrada coas obras Lid Dub, Biblioman e Lois Pereiro.
Como nesta III edición haberá un premio do público, anímovos a que vexades os vídeos e votedes facendo click no corazón LIKE (gústame).
Como nesta III edición haberá un premio do público, anímovos a que vexades os vídeos e votedes facendo click no corazón LIKE (gústame).
jueves, 28 de julio de 2011
YTTM.tv
Na páxina YTTM pódense ver algúns vídeos de Youtube clasificados por anos. Mediante unha liña do tempo seleccionamos un ano entre 1860 e 2011 e o programa móstranos vídeos sobre acontecementos ocurridos ese ano. Tamén se poden filtrar por tema: acontecementos, musicais, películas, deportes, televisión... A maioría dos vídeos están en inglés.
Na parte inferior da páxina hai un botón "add video" co que se poden propoñer vídeos para engadir á colección. Primeiro ponse o enderezo e, se aínda non está, hai que cubrir unha ficha co ano, país, tema e os datos da persoa que o propón. Hai unhas indicacións sobre as características que deben ter os vídeos para poder estar na páxina. Eu propuxen dous, un sobre o Guernica e un documental de Artehistoria sobre a guerra civil.

domingo, 17 de julio de 2011
martes, 5 de abril de 2011
Human Planet
Pasáronme o trailer desta serie e aínda estou alucinando coas imaxes. Trátase dunha serie da BBC na que se poden ver diversos aspectos da loita do home pola supervivencia en diversos lugares do planeta.
Na web da serie recóllense imaxes da vida en desertos, xunglas, cidades e océanos. É unha pena que os vídeos estean restrinxidos nesta zona.
Non sei cando poderá verse en Galicia. De momento hai que conformarse co trailer.
Incrústoo no blog, pero é mellor que o poñas a pantalla completa.

jueves, 13 de agosto de 2009
Timelapses.tv
Un time-lapse é unha secuencia de fotografías tomadas a determinados intervalos de tempo que se xuntan para formar un vídeo acelerado. Un dos seus usos é mostrar algunha actividade que dura moito tempo. Neste artigo de Fotografía Linfox podedes ler consellos para crear un time-lapse.
No canal timelapses.tv de Vimeo podemos ver varios exemplos: o deseño dunha alfombra floral, unha baixada da marea, atardeceres, o tráfico de Madrid, o movemento das nubes... Algún dos vídeos están tomados na zona de Ferrol.

Etiquetas:
Fotografía,
Vídeo
martes, 26 de mayo de 2009
Home
Home é unha película dirixida por Yand Arthus-Bertrand e coproducida por Luc Besson na que, mediante imaxes aéreas, trátanse os temas medioambientais máis importantes.
Vaise estrenar o venres 5 de xuño, Día Mundial do Medio ambiente, en Youtube. É a primeira vez que unha película estrénase ao mesmo tempo en internet e nas salas comerciais. Tamén se emitirá en canles de televisións nacionais e en pantallas grandes ubicadas en lugares emblemáticos.
Hai que suliñar que cinco capas de Google Earth amosarán contidos creados polos usuarios, sinalando os sitios reais onde se difundirá a película, ofrecerán material educativo sobre os temas do film, etc
Xa teño ganas de vela!!!
En Youtube podemos ver avances do film, da rodaxe, entrevistas, etc.

domingo, 11 de enero de 2009
Antarctica:The Global Warning
Sebastián Copelang é un renombrado fotógrafo de fama internacional otorgándoselle o premio "Mejor fotógrafo Internacional del 2007". É director da Global Green USA, unha póla da Cruz Verde Internacional, organización fundada por Mikhail Gorbachev.O seu libro "Antarctica" (35X26 cm), con introducción de Mikhail Gorbachev e Leonardo di Caprio, recolle aportacións de expertos e impresionantes imaxes co obxectivo de protexer e denunciar a ameaza do eco-sistem
a da Antartica como
consecuencia do quentamento global. Tamén incluie un DVD con imaxe e grabacións dos maravillosos escenarios que recorreron durante as viaxes.Podemos admirar e atopar máis información das súas fotografías e da súa obra pinchando nestes enlaces: Sebastian Copeland e en Antarctica Book.
Antarctica: The Global Warning
Etiquetas:
Antártida,
Arte,
Fotografía,
Vídeo
viernes, 12 de diciembre de 2008
Vídeos de Artehistoria
ArteHistoria é unha revista dixital promocionada pola Xunta de Castela e León para dar a coñecer a historia e a arte, aínda que a información que atopamos nesta páxina non se limita a Castela e León.
Hai apartados moi interesantes como as Cidades da Arte, as Obras maestras da pintura ou o Camiño de Santiago.
A primeiros do ano 2008 abriron un canal en Youtube: arteHistoria.tv, que hoxe é unha das mellores coleccións de vídeos destes temas. Todos os vídeos son producidos por Artehistoria e veñen acompañados dunha breve explicación do seu contido.
Algúns dos temas tratados nestes vídeos son:

- Historia da Arte (114 vídeos)
- Historia de España (135 vídeos)
- Segunda Guerra Mundial (56 vídeos)
- Grandes Civilizacións (76 vídeos)
- Protagonistas da Historia (82 vídeos)
miércoles, 3 de diciembre de 2008
Redetic
A través do boletín nº 11 publicado pola Consellería entérome do cambio de deseño e ampliación de contidos da páxina de Rede de Centros TIC de Galicia. Vexo a páxina máis útil, con novidades como o enlace a unha colección de ferramentas web 2.0 (creación de blogs, ofimática online, recursos para imaxe, vídeo, multimedia...) e aos materiais dos cursos de formación de varios CFR, por exemplo "Unha visión europea ao traballo por competencias" organizado polo CFR de Ferrol, onde se poden ver as experiencias de Portugal e Gales.
Tamén hai unha canle de vídeos educativos en Youtube, onde destaca a serie "¿E por que?" con vídeos para Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.
Tamén hai unha canle de vídeos educativos en Youtube, onde destaca a serie "¿E por que?" con vídeos para Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.
Etiquetas:
Actividades de formación,
Internet,
Vídeo
lunes, 25 de agosto de 2008
O cine, a tv e o video como recursos didácticos
Na seguinte web educativa de economía e sociedade econoaula.com podedes atopar razóns que xustifican a utilización do cine, o video e a televisión nas nosas aulas. Despois de abordar estes motivos analiza a forma en que se pode elaborar o comentario da película e aporta unha clasificación temática de films a utilizar en sociais. Tamén fai unha reseña de programas e canles de tv así como de videos a utilizar en economía.
Na filmoteca virtual da web Aula de cine hai enlaces a material de introducción (ficha técnico-artística, director, suxerencias de aplicación didáctica, puntos de interese,...) para medio centenar de películas. Tamén se atopan referencias a outros materiais didácticos elaborados por diverso profesorado e unha colección de enlaces a espazos web relacionados con este tema:

No blog do Club de lectura da biblioteca do IES Moncho Valcarce Felices Pesadelos podemos atopar información para traballar a película "O nome da rosa.
As webquest fomentan a motivación do alumnado, o traballo en equipo e poñen en marcha actividades creativas e diferentes. Obrigan a utilidade de habilidades cognitivas de alto nivel (comprensión, análise, síntese e avaliación). O alumnado non debe limitarse á búsqueda de información. Debe usar e transformar esa información. Co material presentado neste formato pódese favorecer o aproveitamento didáctico do cine nas aulas. Poderíanse utilizar as seguintes WebQuest ou elaborar algunha nova para traballar aspectos didácticos da película:
Etiquetas:
Cine,
Televisión,
Vídeo,
WebQuest
domingo, 27 de julio de 2008
Vídeos
En internet podemos atopar multitude de páxina de aloxamento de vídeos. A máis coñecida é Youtube, pero hai moitas máis. Moitos destes vídeos poden aproveitarse nas clases de Ciencias Sociais, pero temos que pasar moito tempo buscando e seleccionando.
En videoseducativos.es facilítannos a tarefa. É un proxecto da empresa Ad Libitum Distribución Audiovisual que se encarga de localizar vídeos educativos, clasificalos por materias e colocalos nun entorno que evite distraccións ao alumnado e nos facilite a descarga. No menú atopamos vídeos de arte (28 no momento de escribir este artigo), historia (33) e xeografía (16).
Tamén podemos atopar documentais completos. En bdmundo podemos velos das cadenas de televisión máis coñecidas: BBC, National Geographic, o progerama Redes de Televisíón Española, as guías Pilot... No menú ten clasificados documentais sobre Ciencias Sociais nas entradas sociedade, historia e viaxar.
Joan Ferrés fálanos de tres formas de utilizar os vídeos nas clases:

- A video-lección, que pode usarse para transmitir contidos que precisan ser vistos e escoitados ou como apoio as explicacións dadas na aula.
- O programa motivador, destinado a captar o interese do alumnado cara a un traballo que se fará despois de velo.
- O video-apoio, empregado para ilustrar o discurso do profesor. Para esto quizais sexa necesario facer transformacións no vídeo orixinal: recortar un trociño, quitar o son...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Agardo que sexa do voso interese.