Quedei finalista no concurso : O rincón máis luminoso de Lugo.
Podedes acceder coa seguinte dirección:
http://bit.ly/13LqGHV
| Imaxe de Marta Arias López//CC BY -SA |
Moitas grazas pola colaboración.
| Imaxe de Marta Arias López//CC BY -SA |
| Imaxe tomada de El Progreso |
![]() |
| XatacaFoto |
TUTORIAL GIMP: Cosas que puedes hacer con Gimp from jEsuSdA on Vimeo.
Este programa libre e gratuito úsoo a miúdo dende hai dous anos para editar imaxes dixitais despois de facer un curso do ISFTIC onde publicaron o meu traballiño final .Gústame pasar o rato facendo probas con el aínda que olvidase moito do que aprendín. O vídeo vaime dar ideas para seguir facendo prácticas e se hai tempo volverei mirar con tranquilidade os seguintes titoriais .
O astronauta xaponés Soichi Noguchi está na Estación Espacial Internacional dende decembro do 2009. Podemos ver as súas fotos de distintos lugares da Terra sobre os que pasa a estación. Estas fotografías fan que sexa o astronauta máis coñecido en internet e a súa páxina en Twitter ten máis de 160000 seguidores aínda que non foi o primeiro en usar este recurso (adiantóuselle Kim Kopra). Hai dúas semanas publicou unha foto de Vigo que non identificou, poñendo como título "Name this city in Europe!", o que abriu un debate na páxina no que apareceron nomes como Estambul ou Patrás. Nalgún comentario identifícanse sitios como a Ponte de Rande ou a fábrica de Citroen. En Facebook hai un grupo no que se pide ao alcalde de Vigo que o nome fillo adoptivo.
Name this city in Europe!
moon tonight. Sleep well! 

As fotografías tómanse coa axuda do GigaPan EPIC, unha especie de brazo no que se acopla a cámara de fotos. Hai que indicar as coordenadas dunha diagonal da imaxe que queremos sacar e a máquina encárgase de sacar miles de fotos que despois se ensamblan para formar a
panorámica. O aparatiño custa uns 300 dólares, así que de momento non está ao alcance de calquera.
Pasei horas apreciando todos os recunchos da fachada que nos explicou David Chao Castro na visita guiada arredor da Catedral nun curso de arte que fixen no pasado mes de outubro.
Gervasio Sánchez (Córdoba) é un fotógrafo, periodista e reporteiro de guerra que traballa para o Heraldo de Aragón, A Ser, La Vanguardia, El País e Tiempo. O 6 de novembro concedéuselle o Premio Nacional de Fotografía concedido polo Ministerio de Cultura e dotado con 30.000 euros "polo seu compromiso continuado coa fotografía como ferramenta de denuncia da violencia nos conflictos armados, pola súa continuada labor a favor da xusticia e especialmente polo seu traballo sobre as minas anti-persoas" e pola súa aportación á fotografía de reportaxe e por "como a través dela se dignifica ás víctimas fotografiadas, cunha mirada particular que enaltece os mellores valores do fotoperiodismo".
Un amigo matemático recomendoume mirar este blog e levo uns días que o visito en canto teño un ratiño libre. O autor é Paco Lozano, profesor de matemáticas no IES Luna de la Sierra de Adamuz (Córdoba), pero aficionado á fotografía e a pintura, actividades ás que reserva dous seccións no blog.
Conversando cun compañeiro sobre lugares para visitar indicoume unha páxina con imaxes de mosteiros en Rumanía. Investigando sobre o fotógrafo atopei a páxina de José Manuel Oliván con fotografías das súas viaxes, que non son poucas.Agardo que sexa do voso interese.