Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de mayo de 2012

Where in the World


No blog de Google entérome de que está disponible o xogo Where in the World en castelán. Cada mes hai que localizar un lugar no Google Maps partindo dunha imaxe e varias pistas. Para resolvelo hai que indicar en qué lugar se atopa a imaxe e a súa localización  no mapa.
As pistas e o formulario para responder poden verse en https://sites.google.com/site/whereintheworldversionespanol/.
O premio non é gran cosa: felicitan á primeira persoa que de a resposta na páxina de G+, no foro de Google Earth e en Twitter. Pero buscando o lugar pásase un rato agradable.
Xa intentara nalgunha ocasión con xogos similares en inglés con pouca sorte e, agora, sego sen tela. Levo case unha hora buscando a imaxe nos arredores de Londres sen atopar nada parecido. Haberá que seguir probando.

sábado, 11 de junio de 2011

Free rice 2.0

Free rice é un xogo de vocabulario creado polo Programa Mundial de Alimentos das Nacións Unidas e traducido ao castelán polo Instituto Cervantes de Nueva York.
Visualmente non ten nada novo: na pantalla vemos unha pregunta tipo test con catro opcións a elixir. A medida que imos acertando preguntas subimos o nivel e vanse facendo máis difíciles.
A novidade do xogo é que por cada pregunta acertada os patrocinadores que se anuncian no sitio donan 10 graos de arroz. A versión en inglés do xogo recibe uns 40000 usuarios diarios, que contribuíron á recaudar máis de mil millóns de graos de arroz.
Ademáis de vocabulario, o xogo ten preguntas sobre temas de interese nas ciencias sociais: adiviñar o autor de obras de arte, o nome dos países que aparecen situados nun mapa e as capitais dos países.
Esperemos que a versión en castelán teña o mesmo éxito ca inglesa.

sábado, 10 de octubre de 2009

¡Alto aos desastres!

A EIRD son as siglas da Estratexia Internacional para a Redución dos Desastres. Depende da Organización das Nacións Unidas e propón medidas para a redución dos efectos dos desastres causados por perigos naturais como inundacións, terremotos e volcáns.
Entre as súas actividades formativas está a páxina ¡Alto aos desastres!, destinada a mozas e mozos entre 9 e 16 anos. Trátase de cinco xogos de simulación nos que hai que enfrentarse a situacións provocadas por desastres naturais: tsunami, ciclón, incendio forestal, terremoto e inundación. O obxectivo do xogo é construír un entorno seguro para a poboación e avaliar o risco de desastre intentando reducir os danos humanos, físicos e o coste económico.

domingo, 1 de marzo de 2009

Concurso Euroscola 2009

Enviáronme (tarde) o boletín da Oficina do Parlamento Europeo en España avisándome de que está aberto o prazo de inscrición para o concurso Euroscola 2009. Neste concurso poden inscribirse equipos formados por 10 alumnos/as de entre 15 e 18 anos e un proferor/a. Consta de tres fases nas de unha semana con probas individuais e colectivas.
O prazo para rexistrarse remata o venres 6 de marzo ás 12, así que se estades interesados consultade as bases do concurso e anotádevos na web do concurso.
Sorte a todos os participantes.

jueves, 16 de octubre de 2008

Blogincana

Juan Pablo Medina é un profesor extremeño que escribe no blog Post-TIC artigos sobre o uso das TIC no ensino. Coñecino virtualmente a través do texto Blogincana. Como facer unha gincana cun blog que lin en Planeta Educativo. Neste artigo explica como utilizou un blog nunha semana cultural do IES Luís de Morales para facer unha gincana na que as probas resólvense utilizando un ordenador, un buscador e unha enciclopedia.
As probas da gincana colocanse nos distintos artigos do blog e as respostan van aparecendo como comentarios. Os artigos prepáranse con antelación á proba, manteñense no borrador e vanse publicando según se resolven as probas anteriores. Os comentarios do blog deben configurarse de forma que non sexan moderados e só podan publicar determinadas persoas.
Ademais do artigo de Planeta Educativo podemos ver o blog coas gincanas e as aclaracións que fai Juan Pablo a partir dos comentarios que recibiu sobre a experiencia.
Tamén pode usarse o método dentro dunha aula de informática con probas relacionadas coa unidade que estamos explicando, o que pode facer que aumente o interese do alumnado cara o tema. Coma sempre, sen abusar.

lunes, 18 de agosto de 2008

Xogos de simulación

Na rede existen varios xogos interesantes aplicados ás Ciencias Sociais e dos que anotamos tres aos que se pode acceder directamente tecleando o seu nome en Google:

Los dados de la vida
: Centrado en aspectos xeográficos relacionados co mundo e as súas desigualdades.
Mercápolis: Sobre o comercio e os conflitos coloniais que se orixinaban no antigo Réxime.
Iter-Itineris: Sobre a vida dunha familia na cidade de Bruxas no século XV.
Juego para emprendedores: Trátase dun xogo para reflexionar sobre situacións que poden pasar no día a día dun proxecto empresarial.
Agardo que sexa do voso interese.