Vía Rincón Didáctico Ciencias Sociales atopamos unha recopilación de arredor de 50 infografías publicadas polo períódico El Mundo que poden ser de interese para estudiar diversas temáticas en 1º de ESO. Preséntanse en formato pdf co cal pódense descargar e imprimir.
"A infografía é unha representación máiss visual que os propios
textos; na que interveñen descricións, narracións, ou interpretacións, presentadas de maneira gráfica normalmente figurativa, que poden ou non coiincidir con grafismos abstractos e/ou sons. A infografía naceu coma un medio de transmitir información gráficamente. Os mapas, gra´ficos, viñetas, etc son infogramas, é dicir, partes da infografía, coa que se presenta unha información completa aínda que poda ser complementaria ou de síntese".
Texto e máis información sacada da wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Infograf%C3%ADa// Licenza CC SA, revisado o 22/01/13
Eroski consumer é outra das web onde podemos atopar infografías catalogadas por temáticas: alimentación, bricolaxe, economía, educación, mascotas, medio ambiente, tecnoloxía, bebé, saúde, seguridade alimentaria, solidariedade, viaxes e vivenda.
Ofrecen tamén a posibilidade de descargalas para usos docentes e formativos.
Imaxe de Gustavb procedente da Wikipedia //CC BY-SA
Mostrando entradas con la etiqueta Arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arte. Mostrar todas las entradas
viernes, 8 de febrero de 2013
jueves, 30 de agosto de 2012
Teatros fabuloníricos de Noa Persán
![]() |
Acceso ao vídeo panorámico |
Grazas ao traballo de Suso Barral feito para a rede Museística da Deputación de Lugo, a través deste vídeo panorámico de 360º, podes achegarte a esta exposición dende o lugar onde te atopes.
Vía Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística
Etiquetas:
Arte,
Exposicións
viernes, 13 de julio de 2012
O Museo Virtual da Cultura Castrexa
![]() |
| MUVICC |
A este paseo virtual engádese información relacionada coa vida e cultura castrexa e tamén temos acceso ao catálogo en 3D de obxectos atopados coa imaxe e información detallada de cada peza.
Ideal para pasar un bo rato nestes días anubrados.
Etiquetas:
Arte,
Historia,
Museos,
Patrimonio
miércoles, 11 de julio de 2012
A cidade na arte
![]() |
| Cabeceira do blog |
Contén imaxes histórico-artísticas (pinturas, debuxos, grabados, fotos antigas, etc), textos explicativos, enlaces a páginas web de interese bibliografía e aplicacións de Google maps dedicadas a máis de 100 cidades de todo o mundo. De España temos: Alcalá de Henares, Alicante, Barcelona, Bilbao, Burgos, Cádiz, Madrid (11), Salamanca, Santander, Segovia, Toledo (4), Valencia, Vitoria e Zaragoza.
Sinalan que o proxecto está en desenvolvemento, pero agradecen a súa difusión e tamén comentarios e suxerencias de mellora.
Dende aquí os meus parabéns.
Podedes acceder dende o seguinte enlace: "A Cidade na Arte"
domingo, 6 de mayo de 2012
WikiPaintings
Acabo de descubrir WikiPaintings, un proxecto que pretende crear un repositorio de obras de arte de alta calidade abarcando dende a arte rupestre ata a actualizade.
Trátase dun proxecto sen ánimo de lucro onde o pesoal usuario pode contribuír engadindo imaxes ou modificando as descricións, corrixindo datos, traducindo a páxina a outros idiomas ou axudando no mantemento da base de datos.
A páxina permite buscas por obras ou artistas con varios criterios de clasificación: movemento artístico, cronolóxicamente, nacionalidade, estilo...
Tamén se pode facer unha presentación de diapositivas coas obras dun autor.
Intentei crear unha conta, pero de momento a páxina está en fase de probas e recibín un correo informando que temporalmente non é posible rexistrarse.
Un proxecto interesante, que convén seguir e apoiar para ver como evoluciona.

martes, 1 de noviembre de 2011
Amelia Peláez, unha mirada en retrospectiva
Hoxe pola mañá fun ver na Fundación novacaixagalicia-CSM a exposición "Amelia Peláez, unha mirada en retrospectiva" na que podemos ver 65 obras (óleos, témperas, lápis e tinta sobre papel) procedentes do Museo de Belas Artes da Habana.
Amelia Peláez é autora de numerosas obras líricas e está considerada coma unha das figuras máis representativas da pintura moderna cubana e unha das máis destacadas do continente.
Nesta exposición na que podemos ver 65 obras predominan as naturezas mortas, bodegóns crioulos e a figura da muller.
"No me interesa copiar el objeto. A veces me pregunto ¿para qué pintar naranjas de un verismo exterior? Lo que importa es la relación del motivo con uno mismo, con nuestra personalidad, y el poder que tiene el artista de organizar sus emociones. Esta es la razón por la cual rompí, deliberadamente con las apariencias. Una de las grandes adquisiciones de los artistas de hoy es haber encontrado la expresión por el color. Siguiendo este principio he dedicado todos mis mejores esfuerzos durante estos últimos años. Acostumbrada a expresar mis emociones valiéndome de la pintura, qué podría decir yo al público por medio de la palabra escrita a fin de hacerlo sentir, no comprender, desde luego, esta honda emoción, este choque de mi sensibilidad con el natural. Confieso que es dura la tarea, y que la obra realizada, el motivo plástico plasmado, resuelto en forma y color, debe responder ampliamente a todas las interrogantes que se formulen".
Amelia Peláez, 1936
Ata o 8 de xaneiro podemos ver esta exposición e o Servizo Educativo desta Fundación convídanos a levar ao noso alumnado e participar nas actividades educativas relacionadas con esta autora.

miércoles, 26 de octubre de 2011
Mulleres artistas
Mulleres artistas é un proxecto educativo pola igualdade de xénero elaborado polo grupo CREHA (Colectivo para la Renovación de los Estudios de Historia del Arte).
O estudo abarca diferentes terreos da Historia da Arte dende a Idade Media ata a Contemporánea contemplando a arquitectura, pintura e arqueoloxía industrial.
No proxecto plasman a biografía de 97 mulleres, unha clasificación por xéneros estilísticos, mulleres no cine e webs recomendadas.
Acompáñase o traballo de propostas didácticas e unha zona de información docente.
Segundo o equipo de traballo este proxecto "ten un plantexamento atendendo aos principios do traballo por competencias, multidisciplinar e concrétanse posibilidades de tarefas na aula dende diferentes áreas e materias".

martes, 23 de agosto de 2011
Falecemento de Juan Diego Caballero
A piques de rematar as vacacións, despois de estar varios días sen revisar o correo, a través dunha mensaxe enviada por Diego Sobrino a todos os que somos membros de CLIO EN RED entérome do falecemento de Juan Diego Caballero (catedrático de Xeografía e Historia do IES Néstor Almendros e autor, entre outros recursos, do blog Enseñ-arte).
Dende fai longo tempo veño apreciando e seguindo o seu gran facer e nun dos primeiros artigos deste blog, concretamente publicado o 1 de xullo do 2008, fixen referencia ao traballo desenvolvido por Juan Diego Caballero cunha entrada co título Enseñ-arte.
Lamentando a súa perda só queda decir que permanecerá no noso recordo.

viernes, 24 de junio de 2011
Your Paintings
A través de Wwwhat's new entérome do proxecto Your Paintings co que a BBC, en colaboración con galerías e coleccionistas privados, pretende dixitalizar todos os cadros do Reino Unido. Neste momento hai case 63000 obras e, segundo a gráfica que pode verse na páxina, queren chegar ás 200000.
Os cadros están clasificados por título, autor e galería. Tamén hai un buscador que utiliza os tag con que están etiquetados os contidos da obra. Neste etiquetado poden participar os usuarios e usuarias das páxinas.
Como complemento hai unha serie de vídeos onde persoas críticas de arte e persoal historiador inglés fai recorridos temáticos a través das pinturas da páxina: mitos e monstruos sobre a forma en que os artistas e as artistas interpretan os mitos gregos e romanos, el arte de la guerra, Shakespeare, el arte del romance...

Arte
miércoles, 23 de marzo de 2011
Día Meteorolóxico Mundial 2011. O clima e ti
Hoxe, 23 de febreiro de 2011, celébrase o Día Meteorolóxico Mundial 2011. O póster oficial presentado pola Organización Mundial da Meteoroloxía (OMM) leva por lema " O clima e ti" para informarnos de que o 23 de marzo de 1950 entrou en vigor un convenio pola que se creou dita organización co fin de contribuir a seguridade das persoas, ao seu benestar, etc. ofrecendo información continuada sobre o tempo, os océanos, o medio ambiente, os perigos naturais e os beneficios sociais e económicos derivados das investigaciós. A OMM ten máis de 10.000 estacións terrestres, 1.000 buques no mar e 66 satélites en órbita.Con motivo deste día en Xinebra celébrase o Blue Art for Climate, dirixido pola pintora Laurence Longueville. A idea é que se visionen os videos e logo tratar de pintar ou debuxar algo inspirándose nas imáxes que nos proporcionan ditos videos.
Máis información:
- Cadernos de actividades didácticas
- RTVE El tiempo
- MeteoGalicia: xornada de portas abertas
- MeteoGalicia: exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
- Agencia Estatal de Meteorología
- Por delante del tiempo, Aemet en la vida diaria, Climatología, Cambio climático, o reto do século XXI
martes, 1 de febrero de 2011
Art Project
A páxina de Google sorprendeume hoxe co anuncio "Explora museos de todo o mundo. Descubre o Art Project coa tecnoloxía de Google". Así que lanceime a exploralo e non dou parado.
Pódese pasear polas salas de 17 museos, entre eles o Thyssen-Bornemisza e o Reina Sofía usando os controis de movemento e o zoom do Google Earth. Pulsando no signo + que aparece ao lado dalgunha das obras ou seleccionado o título no desplegable da parte superior podemos ver o cadro en alta resolución, cun zoom que nos permite fixarnos nos detalles.
Pulsando no botón cunha i que hai na parte superior dereita dános información do cadro, o autor, enlaces a vídeos relacionados, outra obras, etc.
O botón Visitor guide lévanos a un vídeo que amosa o funcionamento da páxina e unha lista das preguntas máis correntes.
Agora vou seguir visitando o Palacio de Versalles. Déixovos cunhas preguntas: de que cadro é esta imaxe? en que museo está?

martes, 11 de enero de 2011
Monet

Acabo de descubrir a páxina web da exposición Monet organizada por Galeries Nationales en París aínda que esta exposición leva case catro meses aberta e está a punto de rematar.
A páxina é impresionante a pesar da súa lentitude, que convirte o cambio entre dúas seccións nunha tarefa desesperante.
Na galería podemos ver as obras expostas nunha liña do tempo, na que tamén aparecen informacións sobre a vida de Monet. Pulsando nunha das obras vémola máis grande cunha breve descrición. Pulsando outra vez na imaxe danos a opción de vela en alta resolución, ampliando algunha zona para poder ver os seus detalles. A carga destas imaxes de alta resolución é moi lenta.
Hai outras dúas formas de explorar a galería: buscando o título da obra, mediante un listado das pinturas en orde alfabético, ao que se accede pulsando o botón "Todos os cadros" ou cunha clasificación temática que divide a exposición en tres bloques: "Monet e a nación", "Figuras e bodegóns" e "Soños e reflexións".
Na viaxe podemos dar un paseo a través de varios dos cadros mediante unha presentación interactiva. Non engade ningunha información á galería, pero é espectacular e anima a facer un curso de Flash.
No vídeo pódese ver a noticia da expoxición na axencia EFE:
Etiquetas:
Arte,
Exposicións
jueves, 6 de enero de 2011
Rubens 360º
Na páxina do Museo do Prado podemos ver un vídeo interactivo sobre a exposición de Rubens. Situando o cursor sobre o vídeo aparecen iconos que nos indican que hai material relacionado. Pulsando sobre estas iconas accedemos aos distintos recursos.
Os materiais enlazados son de tres tipos, indicados pola icona que aparece sobre o vídeo:
Tamén pódese ver un resumo do documental Rubens, o espectáculo da vida (unha biografía coproducida polo Museo) nas súas salas os sábados ás 12 h e os domingos ás 17 mentras dura a exposición.
Se queres ver esta exposición hai que apurar: pecha o 23 de xaneiro.
Os materiais enlazados son de tres tipos, indicados pola icona que aparece sobre o vídeo:
- Imaxes de alta resolución dos cadros xunto con fichas das obras.
- Imaxes de alta resolución con audioguía e ficha.
- Vídeos con comentarios.
Tamén pódese ver un resumo do documental Rubens, o espectáculo da vida (unha biografía coproducida polo Museo) nas súas salas os sábados ás 12 h e os domingos ás 17 mentras dura a exposición.
Se queres ver esta exposición hai que apurar: pecha o 23 de xaneiro.
Etiquetas:
Arte,
Exposicións,
Museos
jueves, 4 de noviembre de 2010
Mural Locator
A través dun twit do MoMA coñecín a páxina Mural Locator na que se expoñen murais xeolocalizados de todo o mundo . Aquí podemos pasar unha tarde entretida con estas obras de arte que non podemos admirar nos museos.
Como podedes ver no mapa a maioría das imaxes proceden de Estados Unidos.
Vou enchear de cor este recuncho do blog con algúns dos que máis me gustaron:

Como podedes ver no mapa a maioría das imaxes proceden de Estados Unidos.
Vou enchear de cor este recuncho do blog con algúns dos que máis me gustaron:- The Orange Grove, de Colleen Mitchel-Veyna e Morgan McCall en California

- Rue Notre Dame, de artistas descoñecidos en Canadá
Etiquetas:
Arte
domingo, 24 de octubre de 2010
Os tellados da Catedral de Santiago
Os dous últimos sábados estiven colaborando nas xornadas "Os camiños de Santiago como recurso didáctico".
Para rematar a actividade fixemos unha visita ás cubertas da Catedral. Desde alí pode verse como foi evolucionando a construción pasando por diversos estilos: románico, gótico, renacentista e barroco. Tamén poden contemplarse de xeito distinto outros edificios e rúas de Santiago.
Podedes ver información sobre as cubertas na páxina: http://www.catedraldesantiago.es
Deixo algunhas das fotos que sacamos. A ameaza de chuvia fíxonos temer que non poderíamos subir, pero hoube sorte e tal como nos repetía a coordinadora María Paz Gago, ata o remato non caeu nen unha pinga.
Unha visita recomendable.

Actividades culturais,
Actividades de formación,
Arte,
Galicia,
Historia,
Patrimonio
jueves, 7 de octubre de 2010
Actividades para grupos escolares do Museo Provincial
O Museo Provincial acaba de publicar o catálogo de actividades escolares para o curso 2010/2011. Na guía temos un resumo das actividades programadas e os niveis educativos aos que van destinadas:
Para concertar unha visita ou solicitar calquera información pódese chamar ao teléfono 982242300 ou enviar mensaxe ao correo didactica@museolugo.org
Os responsables do museo piden que os grupos non superen os 30 alumnos e que as visitas se concerten polo menos 15 días antes.
Aquí podedes ver o folleto que distribúe o Museo:
1328 PROGRAMA Actividades Escolares-curso 2010 2011
- A muralla dos nenos (2º, 3º e 4º de primaria)
- A muralla no museo (5º e 6º de primaria e 1º de ESO)
- A arte do vestido (4º e 5º de primaria e 1º de ESO)
- Algo máis que ver un cadro (4º e 5º de primaria)
- Debuxa un conto: a escola de Doloriñas (educación infantil e 1º e 2º de primaria)
- Safari no museo (1º, 2º e 3º de primaria)
- Rutas literarias (ESO e bacharelato)
- Visita de iniciación ao museo (primaria, ESO e bacharelato)
- Visita á sección de prehistoria e arqueoloxía (3º ciclo de primaria, ESO e bacharelato)
- A romanización (ESO e bacharelato)
Para concertar unha visita ou solicitar calquera información pódese chamar ao teléfono 982242300 ou enviar mensaxe ao correo didactica@museolugo.org
Os responsables do museo piden que os grupos non superen os 30 alumnos e que as visitas se concerten polo menos 15 días antes.
Aquí podedes ver o folleto que distribúe o Museo:
1328 PROGRAMA Actividades Escolares-curso 2010 2011
miércoles, 11 de agosto de 2010
Castelos de area
Este mes sigo coas actividades artísticas na praia. Aquí poño unhos vídeos con castelos de area.
Neste outro vídeo o artista canadense Maurice Bernard explica como facer un castelo. Tamén fala do tipo de pintura que fai e das razóns polas que comezou a pintar.
Neste outro vídeo o artista canadense Maurice Bernard explica como facer un castelo. Tamén fala do tipo de pintura que fai e das razóns polas que comezou a pintar.
Etiquetas:
Arte
sábado, 7 de agosto de 2010
Arte coa area
Nestes días de verán nos que a maioría visitamos as nosas fermosas praias para descansar, ocurréseme déixarvos estes vídeos que ilustran algo distinto que se pode facer coa area.
A artista do primeiro vídeo é Kseniya Simonova, gañadora do concurso televisivo Ukranian's Got Talent no ano 2009. Os outros vídeos son da israelí Ilana Yahav. Buscando en Youtube podemos ver moitos máis vídeos deste tipo.

martes, 29 de junio de 2010
Fundación Gala - Salvador Dalí
A Fundación Gala - Salvador Dalí é unha entidade cultural privada dedicada a "promocionar, fomentar, divulgar, prestixiar, protexer e defender a obra artística cultural e intelectual do pintor". Foi creada en 1983 por desexo do pintor, que a presidiu ata a súa morte en 1989.Actualmente a Fundación xestiona os Museos Dalí de Figueres, Portlligat e Púbol, as coleccións, que abranguen máis de 4000 obras, exposicións, publicacións, dereitos da propiedade documental e de imaxe, etc.
Dispón dun servizo educativo que organiza actividades dirixidas ao alumnado de todos os niveis. Gran parte destas actividades organízanse nos Museos, pero na páxina web podemos ver algunhas: A persistencia da memoria e Sono causado polo vó dunha abella arredor dunha granada uns segundos antes de espertar. Son xogos educativos creados a partir de obras e textos de Dalí. Teñen versións para familias, escolas e adultos. Por exemplo, na versión para o alumnado da ESO e o bacharelato hai que responder unhas perguntas sobre a obra a partir da información obtida nunha serie de vídeos explicativos.
No catálogo razoado de pinturas podemos atopar información das obras pintadas entre 1910 e 1930: imaxe, data, soporte, técnica, dimensións, localización... En vindeiros anos o catálogo irase ampliando ata chegar a 1983.
domingo, 23 de mayo de 2010
Castelao: A derradeira lección do mestre
Onte fun ver a exposición Castelao: A derradeira lección do mestre. Dita exposición vai estar aberta ata o día 10 de xullo de 2010 no Museo Provincial de Lugo. Nela podemos ver obras feitas entre os anos 1936 e 1950, anos nos que o autor estivo exiliado. Ademais dos debuxos e gravados podemos ver manuscritos orixinais, as súas lentes, varios autorretatos, máscaras usadas no estreno "Os vellos non deben namorarse" e varios audiovisuais.Coincidindo coa exposición presentouse unha sala permanente de obras de Castelao.
Máis información:
- Museo Castelao
- Castelao: A súa vida
- Castelao na Galipedia
- Castelao na rede (recompilación de enlaces do Concello de Pontevedra)
Etiquetas:
Arte,
Exposicións,
Historia,
Museos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Agardo que sexa do voso interese.