Mostrando entradas con la etiqueta Primaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Primaria. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de octubre de 2010

Libro colaborativo LIM

No blog Actividades LIM propóñennos participar na construción colaborativa de unidades didácticas utilizando o programa LIM, creado por Fran Macías. Estas unidades publicaranse cunha licenza Creative Commons.
Pode facerse en calquera momento do curso, creando unidades didácticas apropiadas para a época: O Samaín, O Outono, Os Dereitos Humáns, O Día da Paz, Día da Muller Traballadora, A Semana da Prensa, O Día do Libro, Día Mundial da Saúde, Galicia, Europa, As Letras Galegas, Día Mundial do Medio Ambiente... As propostas para O Samaín deben entregarse antes do 25 de outubro e as dos dereitos humáns antes do 29 de novembro.
A organización deixa aberta a posibilidade de que propoñamos máis temas.
As actividades que se entreguen antes das datas propostas formarán parte do libro que se publicará en Actividades LIM, coa posibilidade de descargalo para usar sen conexión a internet.
Na seguinte presentación pode verse como participar. Animádevos!!!

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Navegando polo tempo

Con este nome agrúpanse seis unidades didácticas de historia para o terceiro ciclo de primaria realizadas polo profesorado e alumnado de 5º curso do CP "Manuel Pérez" de Bollullos del Condado (Huelva) no curso 2003/04.
Cada unha das unidades consta de:
  • Textos preparados polo alumnado do centro coa axuda do profesor, apoiados por uns gráficos e animacións moi atractivos
  • Un mapa conceptual inicial e outro final. Nalgúnha das unidades tamén hai mapas finais preparados polos alumnos individualmente.
  • Moitas actividades realizadas con Hot Potatoes.
  • Un diccionario cos conceptos do tema.
  • Unha metodoloxía na que se explican os obxectivos, proposta didáctica e temporalización, instrumentos de avaliación e conclusións.
As unidades didácticas tratan da prehistoria, Exipto, Os pobos do Mediterráneo, Roma, A Idade Media e a época dos descubrimentos.

sábado, 12 de julio de 2008

Coñecemento do medio no segundo ciclo de primaria

http://www.aehermes.org/costa21/unidades.html
É un conxunto de once unidades didácticas preparadas por un grupo de profesores andaluces. Cada unidade consta de catro apartados:
  • Contidos, no que se expón o tema.
  • Actividades, preparadas con Hot Potatoes.
  • Investigacións, en forma de cazas do tesoro ou misións virtuais.
  • Glosario, no que se recollen os termos da unidade que poden presentar maior dificultade.
Algunha das unidades didácticas desenroladas son Organización social, Poboación e traballo, Paisaxe e Paisaxes históricos.
Agardo que sexa do voso interese.