miércoles, 11 de julio de 2012

A cidade na arte

Imaxe da cabeceira do blog  La ciudad en  el Arte
Cabeceira do blog
Grazas a Diego Sobrino que acaba de enviarme un e-mail recibido de Josué Llull onde solicita a difusión entre todos os membros de CLIO EN RED e agora difúndoo entre todo o profesorado lector deste blog o traballo chamado "La Ciudad en el Arte."  Este proxecto é desenvolvido polo alumnado e o profesorado de Maxisterio da Escola Universitaria Cardenal Cisneros de Alcalá baixo a dirección do Dr. Josué Llull Peñalba, profesor titular da área de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e de D. Isaac Pinto Gismero, xefe de proxectos informáticos da Escola Universitaria Cardenal Cisneros. O obxetivo do traballo é o estudo da cidade e o fenómeno urbano dende unha perspectiva multidisciplinar.
 Contén imaxes histórico-artísticas (pinturas, debuxos, grabados, fotos antigas, etc), textos explicativos, enlaces a páginas web de interese bibliografía e aplicacións de Google maps dedicadas a máis de 100 cidades de todo o mundo. De España temos: Alcalá de Henares, Alicante, Barcelona, Bilbao, Burgos, Cádiz, Madrid (11), Salamanca, Santander, Segovia, Toledo (4), Valencia, Vitoria e Zaragoza.
 Sinalan que o proxecto está en desenvolvemento, pero agradecen a súa difusión e tamén comentarios e suxerencias de mellora.
Dende aquí os meus parabéns.
Podedes acceder dende o seguinte enlace: "A Cidade na Arte"

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.