Mostrando entradas con la etiqueta Competencia social e cidadá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Competencia social e cidadá. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de julio de 2012

Os sete países co mellor medio ambiente do mundo

En Eroski Consumer  Alex Fernández Muerza déixanos un artigo onde analiza os sete países co mellor medio ambiente de mundo segundo o índice "Beffer Life" (Mellor Vida) da  Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).  Este índice compara a calidade do medio ambiente segundo varias variables e clasifica os países. Suecia é o país considerado co mellor medio ambiente do mundo e España queda no posto 28.
Merece a pena reflexionar sobre este punto e axudar a mellorar este ranking  e así mellorar a nosa saúde e a calidade de vida.
Pódese ampliar a  información accedendo ao artigo de Eroski Consumer.


Gráfico cos sete países co mellor ambiente do mundo
Os sete países co mellor medio ambiente do mundo

sábado, 28 de mayo de 2011

Traballando as eleccións municipais na web 2.0

Boa idea a de Rafa Martín Aguilera para estudiar as propostas políticas en 5º de educación primaria. O alumnado divídese en grupos para facer carteis nos que recollen datos dos partidos que se presentan nas súas localidades: nome, siglas, anagrama e web do partido, candidatos e candidatas, eslogan e propostas.
Estes carteis deben colocarse nunha wiki, aínda que de momento só hai tres (PP de Pinto, PSOE de Parla e UPYD de Parla). Non sei se houbo algún problema na realización da tarefa ou se os irán colocando nos vindeiros días.

miércoles, 20 de mayo de 2009

Educar en valores

Dous videos para reflexionar. Penso que sobran os comentarios.



Os nenos veno. Os nenos fano

martes, 7 de abril de 2009

Educación para a cidadanía. Reseñas bibliográficas (I)

Aproveitando que o día está frío comezo a facer unha pequena selección de obras que pola súa temática poden servir de reflexión e utilidade para abordar a nosa labor cotiá. Abordarei, entre outras, temáticas que fan referencia a: resolución de conflictos, mediación escolar, igualdade de xénero, convivencia, valores, dereitos humanos, multiculturalidade e interculturalidade, fracaso escolar, competencia social e cidadá, cooperación,... Tamén poñerei enlaces a videos relacionados con algunhas obras, autores ou remas especiais:
Mal de escuela de Daniel Pennac. Ed. Mondadori, 2008
Mal de escuela aborda a cuestión da escola e a educación desde un punto de vista insólito, o dos alumnos fracasados. Daniel Pennac, prestixioso escritor francés sendo un pésimo estudiante na súa época mezcla así recordos autobiográficos e as súas reflexións acerca da pedagoxía e as disfuncións da institución escolar, sobre a dor de ser un mal estudiante e a sede de aprendizaxe, sobre o sentimento de exclusión e o amor ao ensino. Con humor e tenrura, análise crítica e fórmulas efectivas, ofrece una brillante lección de intelixencia. Mal de escuela é a historia duhna metamorfose. De cómo un mal alumno chega a ser profesor e máis adiante un escritor renombrado.
No seguinte enlace podemos acceder a un video no que se ofrece unha entrevista a dito autor: Video entrevista
Las cinco mentes del futuro de Howard Gardner
Gardner propón cinco mentes que debemos desenvolver e axudar aos nosos fillos e xóvenes a desenvolver para enfrentarnos a un futuro cada vez máis complexo e esixente: a mente disciplinada, a mente sintética, a mente creativa, a mente respetuosa e a mente ética.
Howard Gardner and Five Minds for the Future ( www. video google.com)
Guía de mediación escolar de Mª Carme Boqué Torremorell. Ed. Octaedro
C
omprender os conflictos, comunicarse abertamente, recoñecer e expresar emocións e sentimentos, desenvolver habilidades de pensamento, participar activamente, convivir en paz e redescubrir os procesos de mediación constituien os eixes vertebradores desta obra. Desenvolve un programa de actividades orientadas principalmente hacia Primaria eSecundaria, a toda a comunidad educativa. Presentadas de manera sistemática, práctica e participativa, a súa finalidade é contribuir á construcción de actitudes e valores para a convivencia e crear un entramado humano onde superando as barrerias da incomprensión e a violencia, adultos e xóvenes disfruten do feito de ensinar e aprender.
Nos seguintes pdf podemos ler artigos da mesma autora:
Resolución de conflictos en el aula de Juan Vaello Orts
Este libro pretende aportar algunhas ideas prácticas que sirvan ao educador para afrontar esos conflictos desde un enfoque constructivoe formativo, é dicir, considerando cada conflicto como unha ocasión propicia para transmitir ao alumno habilidades sociais que contribuian á convivencia.
Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades de
Xesús R. Jares.
Ed. Xerais
Malia posuíren unha finalidade educativa en si mesmos, os xogos non son neutrais. A través deles podemos aprender uns valores determinados, de aí a importancia de seleccionalos. Os presentados en Técnicas e xogos cooperativos
para todas as idades teñen unha característica especial: aínda que habitualmente nos xogos a competitividade é o elemento que mantén a tensión, neste caso enfatízanse as estratexias cooperativas para a súa execución, de tal xeito que non hai gañadores nin perdedores; todos participan por igual sen quedar ninguén excluído. Estes xogos e dinámicas cooperativas foron utilizados en distintas situacións e con idades diferentes para construír grupos vertebrados desde o mutuo coñecemento, a confianza, a comunicación, a ledicia e a cooperación. Esta obra de Xesús R. Jares resultará moi útil para o profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e da Universidade, así como para os responsables das actividades de educación non formal, tempo libre, asociacionismo, etc. Do mesmo xeito, este libro tamén pode ser utilizado en grupos de diferentes tipoloxías: asociacións de pais e nais, asociacións veciñais, empresas, etc.

domingo, 9 de noviembre de 2008

WebQuest para xeografía

Sigo buscando webquest para unir ao banco de recursos. Hoxe tocoulle o turno ao buscador da Berritzeguneak de Vitoria-Gasteiz. Aquí pódense buscar webquest e cazas do tesouro por área, nivel, idioma e data de incorporación ao buscador. Teñen moitos recursos clasificados nos anos 2004 e 2005, pero despois parece que tiveron un parón. Este ano retomaron o traballo no buscador e están clasificando máis webquest.
Algunhas das que me gustaron son:
  • O Camiño Real: Regreso ao Futuro. Estudo da ruta que seguíu o explorador Juan de Oñate polos territorios de México, Texas e Novo México. Gústame a idea de comparar a ruta orixinal coa que se pode facer na actualidade. Antes de usala é necesario actualizar os enlaces: a webquest xa á moi vella (1997) e case todos os vínculos que probei non funcionan.

  • O turismo rural. WQ de Ecobachillerato, no que se estudia a oferta de turismo rural. Está pensada para a economía do bacharelato, pero tamén é útil no estudo da xeografía porque tamén se buscan as características das zonas onde se asentas as casas de turismo rural. Na webquest propón o estudo do turismo na zona de Aragón, pero é fácilmente trasladable a Galicia.

  • A gastronomía das nosas rexións. WQ para o ciclo superior de restauración no que se propón o estudo da gastronomía das distintas comunidades autónomas. Para aplicalo á xeografía require bastante traballo de relación entre os menús propostos e as características da zona.Pero sobre todo é unha pena perder o traballo de degustación que propón na webquest.

  • Peregrinos de Santiago. Estudo do Camiño de Santiago desde os puntos de vista histórico, turístico e cartográfico. É un traballo dun profesor brasileiro para o ensino do español.

  • Unha fin de semana en Londres. Propón a organización da viaxe dunha familia para pasar un fin de semana en Londres, tendo en conta a busca de actividades segundo os gustos de cada un dos membros da familia e do presuposto dispoñible. Co mesmo tema das viaxes tamén temos outros a Mallorca, e A Alcarria.

  • Web Tour Multicolor. Unha viaxe en favor da tolerancia e o respeto cara outras culturas. WQ para 2º de ESO na que se estudian outras culturas desde cinco puntos de vista: historia, economía, dereitos humáns, arte e actualidade

jueves, 9 de octubre de 2008

Banco de proxectos colaborativos

A través do blog "Materiales y Recursos de Aula para el Ámbito Social y Lingüístico" entérome dunha iniciativa do Ministerio de Educación Nacional de Colombia para recompilar proxectos colaborativos clasificados por área e por competencia.
Para o ámbito de sociais temos varios en tres apartados interesantes:
Algúns dos proxectos están moi ligados á zona (La guadia, Rescatemos a música colombiana...) e outros requiren a inscrición nalgunha rede colombiana, pero a maioría son aplicables directamente ou con pequenas modificacións nos nosos colexios e institutos.
Todos os proxectos teñen unha ficha na que se fai unha pequena descrición e dan datos sobre o nivel educativo recomendado, a duración, o idioma, país, autores, etc. Algúns dos que me interesaron son:
  • Mi escuela, tu escuela. Propón que o alumnado busque informacións sobre a escola noutros países e a intercambien co alumnado doutras escolas. Pode facerse en calquera nivel eductivo. É un proxecto arxentino da Red Telar que ten un blog onde poden lerse experiencias de anos anteriores.
  • Calendario multicultural. Proxecto de Educalia para elaborar un calendario a partir do coñecemento dos rasgos identificativos doutras culturas. Para primaria e ESO.
    (Educalia vai desaparecer este ano e integrarse en Educared. Supoño que esto non influirá no proxecto).
  • Cando sexa grande quero ser... Dirixido á Educación Primaria, pretende mostrar as vantaxes do estudio cara a conseguir unha mellor calidade de vida no futuro.
  • Creando a miña propia empresa. Outro proxecto arxentino no que se busca a creación dunha empresa compartindo experiencias con estudiantes doutros lugares sobre o comercio en distintos países, a moeda, as leis, etc.

Agardo que sexa do voso interese.