Mostrando entradas con la etiqueta TIC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TIC. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de febrero de 2012

Principios Neurocognitivos para o ensino de nativos dixitais

Despois dun longo período de "obrigado descanso" debido a  unha fractura de Colles, engado unha nova entrada  con este vídeo que atopei do Dr . Roberto Rosler  (médico neurociruxano na Universidade de Bos Aires).  Roberto Rosler, tendo en conta os Principios Neurocognitivos de cómo funciona o cerebro dos nativos dixitais,  dunha forma divertida  e didáctica indícanos unha serie de recomendacións á hora de elaborar presentacións e desenvolver unha clase.
Merece a pena escoitalo!
 

Nos seguintes enlaces: Un menage a trois cerebral: "Reptiles, Emociones y Cogniciones" analiza tamén de forma  científica, educativa e sen deixar de ser divertida o funcionamento do noso cerebro.
1/3: Un menage a trois cerebral: "Reptiles, Emociones y Cogniciones"
2/3: Un menage a trois cerebral: "Reptiles, Emociones y Cogniciones"
3/3: Un menage a trois cerebral: "Reptiles, Emociones y Cogniciones"

miércoles, 9 de marzo de 2011

Libertexto

Estou probando esta extensión do Mozilla Firefox. Permite traballar sobre unha páxina web subliñando textos e facendo anotacións. Cada texto marcado pode completarse con etiquetas, comentarios, unha imaxe, o enderezo dunha páxina web... Cos textos marcados fai un esquema que se pode exportar como mapa mental para editar co Freemind ou como páxina web.
O programa pode descargarse en dúas versións: para páxinas web ou para páxinas web e arquivos PDF.
Está creado por un grupo de profesores universitarios españois dirixidos por Rafael Ibáñez.
Cun pouco de práctica no manexo pode ser unha ferramenta de moita axuda á hora de preparar escritos documentados en páxinas web.

Libertexto_tutorial from Libertexto on Vimeo

sábado, 14 de agosto de 2010

Presentacións de Pere Marqués

Ao longo do mes de agosto o profesor da Universidade Autónoma de Barcelona Pere Marqués publicou varias presentacións interesantes para os centros que comezan co proxecto Abalar:

29 modelos didácticos para as aulas 2.0
Descrición de distintas formas de utilizar as TIC nunha aula con encerado dixital, lector de documentos e un ordenador por alumno ou alumna. Están clasificadas en actividades centradas nas explicacións do profesorado, traballo individual do alumnado, actividades guiadas e proxectos longos. Tamén da ideas de usos das TIC nas titorías, na dirección do centro e nas familias.

18 modelos didácticos para o encerado dixital

Actualización dos traballos desenvolvidos nos últimos anos por Pere Marqués e o grupo DIM.

13 modelos didácticos para o uso do libro de texto dixital

Describe as características dos libros de texto dixital e as súas posibles utilizacións nas aulas con encerado dixital ou cun ordenador por alumno ou alumna.

sábado, 4 de julio de 2009

Educ@con tic

Mediante un artigo de Aulablog21 entérome da creación do espazo colaborativo Educ@contic, promovido por red.es e varios ministerios, entre eles o de Educación. Ven a continuar a labor comezada no curso pasado con Internet na aula.

Este espazo empezou a funcionar a finais de abril coordinado por Anibal de la Torre e nel colaboran profesores como Francisco Muñóz de la Peña, Mª Jesús Rodríguez e Salvador Llopis. Recollen información sobre a actualizade das TIC no ensino, experiencias e ferramentas para utilizar na aula.

O rexistro no sitio permite comentar os artigos, recibir novas do sitio e participar nas enquisas. Se xa estabas rexistrado no congreso virtual "Internet na aula" podes entrar co mesmo nome de usuario e contrasinal.

Coa etiqueta "Geografía" actualmente hai catro artigos:

  • Un pouco de astronomía . Recolle información sobre o portal de astronomía da Consejería de Educación de Murcia. Ten noticias e actividades para infantil, primaria e secundaria.
  • Xoga en Google Earth con Trentivieso . Earthquest creada por Oscar Barquin e Esther García para o alumnado de primaria.
  • Ensina o mundo submarino con Google Earth . Fala da capa sobre o mundo submarino que ten o Google Earth a partir da versión 5.0.
  • Aprende xogando co avó . Actividades para que os nenos e nenas traballen distintas materias a través de xogos. En xeografía hai xogos sobre as autonomías de España, capitais do mundo e estados de EE.UU.
Tamén hai varias entradas sobre ferramentas informáticas de interese para o profesorado de Ciencias Sociais, por exemplo unha sobre a creación de liñas do tempo con Dipity ou o uso dos viaxes virtuais nas clases de lenguas clásicas do IES Azahar de Sevilla.
Agardo que sexa do voso interese.