jueves, 7 de junio de 2012

Plans de formación permanente do profesorado. Curso 2012-2013


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca plans de formación permanente (DOG 28 de maio de 2012) para implantar en centros públicos no curso 2012-2013.
Son Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permiten deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.
Dese xeito o propio centro pode organizar a formación específica de todo o profesorado interesado.
Características
  • Terán como obxecto desenvolver unha ou máis liñas de traballo.
  • As liñas estarán integradas por un ou máis itinerarios formativos.
  • Teñen unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • Deben estar aprobados polo Claustro e polo Consello Escolar e incluiranse na programación xeral anual do centro.
  • Debe participar máis do 50% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.
  • O prazo de presentación é dun mes a partir do día 29 de maio.
  • Orzamento ata 6.000 euros
Podes descargar a información e os documentos dende aquí:
Anexos para cubrir e imprimir:
  1. Anexo I
  2. Anexo II
  3. Anexo III
  4. Anexo IV 
NOTA: Incorporación de  novo profesorado ata o 30 de setembro.
Poderase solicitar a colaboración do CFR da zona.
Prazo dun mes a partires do 29 de maio 

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.