Entérome en
Código cero da formación dun grupo de traballo que ten o obxectivo de inventariar o patrimonio cultural galego, creando a páxina web
patrimoniogalego.net onde van recoller datos dos bens culturais galegos: tipo de ben, situación, época, propiedade, estado de conservación, referencias bibliográficas... Poden verse algunhas fichas de exemplo do traballo a realizar, por exemplo ésta do
mosteiro de Corenza, na comarca de Noia.
De momento a páxina está en probas, con vistas a comezar despois das Letras Galegas. Parece que vai ter catro apartados:
- Proxecto e equipo, onde explican as características do proxecto e a forma de colaborar.
- Que debes saber sobre o patrimonio, queconterá lexislación, enlaces a asociacións de defensa do patrimonio e como denunciar unha agresión.
- O catálogo social do patrimonio, onde se poden facer buscas por tipo de ben, concello, época e camiño para chegar ao ben.
- A lista vermella, que non teño claro que vai conter. Supoño que un catálogo dos bens en estado de conservación crítico.
Desde a páxina pídennos a
colaboración para participar no proxecto. Sobre todo necesitan catalogadores cos que podan cubrir todas as comarcas de Galicia. De momento non teñen aberto o formulario para apuntarse así que este més haberá que seguir as noticias do proxecto na súa
páxina de Facebook.
Desexámoslles que pronto teñan o catálogo cheo de lugares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario