martes, 25 de agosto de 2009

Fotos de viaxes de José Manuel Oliván Bauluz

Conversando cun compañeiro sobre lugares para visitar indicoume unha páxina con imaxes de mosteiros en Rumanía. Investigando sobre o fotógrafo atopei a páxina de José Manuel Oliván con fotografías das súas viaxes, que non son poucas.
Aínda que na páxina principal aparecen varios países, ata agora soamente están activos os enlaces da India, Nepal, México e Rumanía. Podemos pasar moitas horas contemplando estas imaxes e para que vos fagades unha idea direivos que da India hai un total de 2750, de Nepal 580, de México 567 (lástima que lle roubaran parte delas xunto co equipo fotográfico) e de Rumanía 553. Nelas aparecen monumentos, paisaxes, imaxes cotiás, fauna, etc.
Conectando co autor comentoume que vai seguir engadindo fotografías comezando por Italia e Marrocos. Máis adiante tamén colocará as dos outros países despois de escanealas debido a que foron feitas cunha cámara analóxica.
Na seguinte presentación podedes ver algunhas destas fermosas fotografías.
Grazas, José Manuel, pola túa colaboración.

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.