lunes, 3 de mayo de 2010

¿Que reto queres facer realidade no 2030?

A Agencia Ciudadana de Ciencia e Innovación é unha iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e o Ministerio de Ciencia e Innovación co obxectivo de sensibilizar aos cidadáns sobre o valor da ciencia e a innovación. Estes días están recollendo a opinión dos cidadáns sobre os retos científicos que poden modificar a nosa vida no ano 2030.
Podemos votar por un dos 14 retos propostos por personalidades do mundo da ciencia e a innovación como Anna Cabré, Margarita Salas, Paulina Beato ou Jane Goodall. A votación está aberta ata 26 de maio e os resultados serán presentados aos ministros de Ciencia e Innovación durante o Consello de Competitividade da UE.
Entre os proxectos presentados están as tecnoloxías para axudar ás persoas maiores, tratamentos médicos personalizados grazas á xenética, cidades máis cómodas, accesibles e ecolóxicas, aproveitar as TIC e internet en beneficio da educación ou unha agricultura menos agresiva co medio ambiente.
Na páxina da axencia podemos ver vídeos onde se explican os retos e materiais para descargar.

Para promover a iniciativa entre os mozos e mozas hai un acceso para escolas onde podemos inscribir a nosa clase. Esta actividade está dirixida ao alumnado de secundaria, bacharelato e formación profesional e pretende a proposta de novos retos e a súa evaluación atendendo ao seu impacto sobre a poboación, factibilidade, coste e importancia social.
Os grupos escolares entrarán no sorteo dunha viaxe de 3 días para unha clase de estudantes de ata 35 persoas a un lugar de España no que se visitará unha grande instalación relacionada coa Ciencia e a Innovación.
Para realizar esta actividade é necesario descargar os materiais: Entre as persoas que participen na votación e cubran o formulario de datos sortearase unha viaxe de 5 días para 2 persoas a un lugar de Europa no que se visitará unha grande instalación relacionada coa Ciencia e a Innovación.

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.