martes, 3 de febrero de 2015

A diversidade nas aulas. Estratexias para unha escola inclusiva

A diversidade nas aulas. Estratexias para unha escola inclusiva
Chave.  Marta Arias. CC BY-SA

A diversidade nas aulas. Estratexias para unha escola inclusiva é unha actividade dirixida a todo o profesorado coa finalidade de sensibilizar e contribuir a desenvolver unha actitude positiva cara a inclusión do alumnado nas aulas e centros ordinarios e aprender estratexias de intervención para a aplicación na aula inclusiva atendendo ás súas características.
Dita actividade desenvolverase no Centro de Formación e Recursos de Lugo.
O nº de horas totais é de 24 h, sendo 24 horas presenciais e 3 de traballo individual
  1. Obxectivos Sensibilizar e contribuir a desenvolver unha actitude positiva cara a inclusión do alumnado nas aulas e centros ordinarios.
  2.  Coñecer as características do alumnado con necesidades educativas específicas.
  3.  Aprender estratexias de intervención para a aplicación na aula inclusiva.
Contidos
  1.  Intervención na aula inclusiva: recursos específicos para o alumnado con dificultades aprendizaxe, conduta, discapacidade e outros necesidades.
  2.  Deseño e aplicación de respostas educativas educativas dentro da escola inclusiva.
  3.  Estratexias de intervención para a inclusión do alumnado.

Para o desenvolvemento das sesións presenciais contamos coa colaboración do seguinte profesorado relator:
  • Fátima María García Doval
Doutora en Didáctica e Organización Educativa, licenciada en Pedagoxía. Foi directora do CEE Manuel López Navalón. Actualmente asesora de Orientación Educativa no Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa en Santiago
  • José Luís Guede Losada
Xefe de estudios e profesor no CPR de Ourense. Licenciado en Ciencias Sociais. Destaca polo traballo mediante Aprendizaxe Baseado en Proxectos, Proxectos de Comprensión, Intelixencias Múltiples e Aprendizaxe Cooperativa na aula.
  • María Carmen Loureiro López
Licenciada en Psicoloxía pola UAM, diplomada en Profesorado de Educación Xeral Básica e actualmente profesora de secundaria no IES Illa de Arousa
No curso creado na aula virtual do CFR de Lugo ampliarase información  quedará  documentación para consulta de todo o profesorado.

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.