miércoles, 3 de septiembre de 2014


Imaxe Marta Arias. CC BY-SA
O curso Proxectos de aprendizaxe e intelixencias múltiples é unha  actividade a desenvolver no CFR de Lugo durante o primeiro trimestre do curso 2014/2015.

A súa duración é de 21 horas e está destinada a todos os corpos e especialidades.

A reflexión sobre a práctica educativa e a súa adaptación aos coñecementos actuais sobre a aprendizaxe, sendo conscientes da diversidade en cuanto a intelixencias (verbal-lingüística, lóxico-matemática, visual-espacial, cinestésica-corporal, musical, naturalista, interpersoal, intrapersoal) será o punto de partida.

Abordaranse tamén  estilos de aprendizaxe e estilos de ensinanza, metodoloxía para a diversidade de intelixencias con exemplos, recursos e estratexias para a aula.

Novos ecosistemas de aprendizaxe e en qué medida a perspectiva das Intelixencias Múltiples facilita o traballo por competencias básicas serán outros dos aspectos a tratar.

Obxectivos

1.Reflexionar sobre a teoría das intelixencias múltiples relacionándoas coas competencias básicas.

2.Analizar a aplicación de novas metodoloxías didácticas que integran as intelixencias múltiples nas actividades de ensino-aprendizaxe, como os proxectos de comprensión ou/aprendizaxe baseada en proxectos.

3.Promover a capacitación do profesorado a través do deseño e posta en práctica de proxectos de aprendizaxe e no uso responsable das TIC.

Contidos

1.Teorías, correntes e modelos que axudan a estruturar a escola que queremos.

   1.1.Neurociencia.

   1.2.Estratexias de pensamento.

   1.3.Intelixencias múltiples e diversidade.

2.Estratexias metodolóxicas de aplicación na aula.

   2.1.Enfoque por proxectos.

   2.2.Aprender a aprender.

3.Novos ecosistemas de ensinanza e aprendizaxe.

   3.1.Licenzas e dereitos de autor.

Para máis información contactar con:

Marta Arias López

cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.es

Teléfono: 982251068

Inscrición a través de fprofe

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.