Imaxe de Marta Arias Licenza//CC BY-SA
Dende o 16 de outubro estase desenvolvendo no CFR de Lugo o curso Ler e escribir, escribir para ler.
Dita actividade consta de 25 h presenciais e 5 non presenciais onde o profesorado asistente levará á á práctica na aula algún recurso ou contido do desenvolvido no curso.
Obxectivos:
- Revisar as investigacións pedagóxicas actuais sobre a adquisición e mellora da competencia comunicativa na escrita de acordo co establecido na LOE.
- Coñecer propostas e experiencias didácticas de ensino-aprendizaxe da lingua escrita: a mellora da competencia lectora e da expresión escrita.
- Analizar diferentes enfoques da animación e mellora da lectura e da composición de textos.
- Competencia comunicativa na expresión escrita. Modelos teóricos sobre os procesos de lecto-escritura. A lectura eficaz, a lectura comprensiva, a competencia lectora e o desenvolvemento da competencia na produción de textos.
- Os textos. Claves para a selección de textos axeitados para o traballo na aula e as recomendacións de lectura Obradoiro de escrita: fundamentos, técnicas de xeración de ideas, aspectos prácticos (parágrafo, frase, palabra, textura, puntuación, impresión, revisión) e outros condimentos.
- Á escritura pola literatura.
- Ler e escribir nas novas tecnoloxías (televisión, revistas, cómics, webs,blogs, chat, teléfonos móbiles: novos soportes para os procesos da lectura e a escrita; implicacións didácticas). Boas prácticas na rede. Licenzas ABP.
O profesorado relator co que contamos é o seguinte:
Ramón Noche Fraga que abordou ao longo de dúas sesións conceptos claves como o uso de boas prácticas na rede, licenzas, ferramentas para a creación de actividades (padle, wordle, ferramentas de Google e o uso da aula virtual Moodle).
O martes 22 de outubro contamos coa presenza de Carlos Negro Romero que baixo o título da súa docencia A escritura pola literatura. Poemas transformers a totalidade do profesorado asistente creou e sentíose poeta.
Miguel Ángel Curiel presentará diversas estratexias de animación á lectura cun taller de creación poética.

O 6 e o 14 de novembro Xosé Antón Núñez Álvarez abordará a temática interacción lectoescritura na aula.
Fernando Trujillo Sáez dentro do seu relatorio: Ver, ler e escribir. O traballo por proxectos para o desenvolvemento das competencias básicas abordará contidos como:
- Cambios na aprendizaxe nos albores do século XXI: da Xeración Gutenberg á Xeración Disney
- A aprendizaxe baseada en proxectos: sentido, valor e estratexias
- Un exemplo de organización de centros para a aprendizaxe baseada en proxectos: A Semana dos Proxectos.
E para rematar o día 21 de novembro estará connosco Francisco José da Silva Irago (Kiko da Silva) para traballar o cómic.
No hay comentarios:
Publicar un comentario