miércoles, 7 de agosto de 2013

Curso: Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Imaxe de Marta Arias López//CC BY-SA
O curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos é unha das actividades que dende a asesoría Lingüística e social vaise ofertar para desenvolver a fase teórica no primeiro trimestre dentro do Plan anual de formación do profesorado 2013/2014.Ésta é unha actividade que se desenvolveu neste curso pasado e que se decidíu repetir dada o éxito acadado (interese amosado, alta implicación,  valoración  e satisfacción por parte do profesorado asistente).
O curso computa 50 horas de formación e 30 serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede titorizadas por unha persoa experta na didáctica por proxectos) onde se elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto que poderá desenvolverse de forma colaborativa.

As sesións presenciais abordarán contidos como o traballo por proxectos,  o patrimonio cultural, paisaxístico, artístico e natural da nosa contorna. Teremos en conta as contornas de aprendizaxe colaborativa e recursos multimedia como o uso das tecnoloxías móbiles e dixitais. Tamén se desenvolverán saídas didácticas para visitar a cidade e algunhos museos.

O proxecto a desenvolver dentro da fase non presencial poderá ser elaborado de forma colaborativa polo profesorado que perteza a un mesmo centro.

Dentro dos criterios de selección en primeiro lugar daráselle preferencia ao profesorado do ámbito lingüístico e social, ao profesorado dun mesmo centro e criterios xerais do plan de formación.

Referencia: L1301016
Centro de formación e recursos: Lugo
Temporalización:  1º trimestre, Curso académico 2013/2014
Data límite de inscrición: 20/09/2013
Lugar: Lugo
Prazas:  20 
Obxectivos:
  1. Capacitar ao profesorado para planificar e desenvolver actividades de aula nas que se empregue o traballo por proxectos e propostas metodolóxicas colaborativas.
  2. Empregar os recursos educativos da contorna próxima.
  3. Analizar, integrar, crear e valorar materiais TIC no ensino-aprendizaxe do patrimonio.
Contidos:
  1. Traballo por proxectos no ámbito social. Proceso e instrumentos de planificación. Deseño de proxectos para a aula. Experimentación e avaliación.
  2. Didáctica do patrimonio e contornas de aprendizaxe colaborativa, locais e en rede. As TIC como instrumento de traballo na aula aplicado ao traballo por proxectos (portfolios dixitais, aulas virtuais, blogues, wikis, etc.).
  3. Recursos multimedia no tratamento de contidos sociais. O emprego de tecnoloxías móbiles e dixitais.
  4. Presentación de diferentes modelos e experiencias prácticas da didáctica do patrimonio segundo a metodoloxía por proxectos.
  5. Establecer criterios para elaborar un plan de experimentación e avaliación dunha proposta de actividade de aula en relación co traballo por proxectos. 


No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.