Na páxina Educación en valores hai enlazadas un montón de actividades para concienciar ao alumnado neste tema. Entre elas estiven fixándome nas webquest, lembrando que un dos obxectivos cando abrín o blog era a súa clasificación e difusión.
- 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia cara a Muller, de Ana Hermoso Rodríguez e Fernándo García Páez, do CEIP San Walabonso de Huelva, revisada no ano 2006.
Destinada ao alumnado do 3º ciclo de educación primaria. En grupos de dous, neno e nena, hai que buscar información sobre as irmás Mirabal e o dereito da muller a unha vida sen violencia. Poden verse as presentacións feitas na clase. - A violencia de xénero, de Víctor García e Ana Mª del Bosh. Para 3º e 4º de ESO.
Como tarefas hai que realizar a simulación dun xuizo, obrigando ao alumnado a documentarse sobre o papel que ten que representra: agresor, víctima, familiares, xuiz... Tamén hai que contestar a unha serie de preguntas.
É unha pena a gran cantidade de publicidade que aparece nesta webquest. Entre anuncios e ventás emerxentes ocupan a metade da pantalla. En Educación en valores teñen o texto da webquest sen esta publicidade. - Violencia de xénero, de Juana G. Linares e Juán Lafuente Vázquez. Para secundaria e bacharelato.
Sitúa ao alumnado como integrantes dunha Mesa de Expertos contra a Violencia de Xénero, que ten que facer propostas de mellora partindo dun estudio estatístico da situación, a busca da lexislación vixente e a análise das opcións da muller maltratada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario