miércoles, 21 de abril de 2010

Copias de seguranza

A partir da supresión do servizo gratuito de Ning e da pregunta de Pedro Cuesta sobre qué servizo nos afectaría máis se desaparecera, empecei a pensar nas opcións de copia que teñen as ferramentas que uso habitualmente. O de Ning non me afecta moito: son coadministradora dunha comunidade que montamos ao remate do curso Sociais 2.0 , pero que non ten moito movemento así que non se perde moito. Para sustituilo estou probando Socialgo e xa verei se vale a pena trasladar algo. De momento tranquilidade.
Pero hai outros servizos dos cales a súa desaparición podería ser unha catástrofe: Mister-Wong, Blogger, Netvibes, Google Docs, a Moodle do CFR...
  • Sobre os meus favoritos en Mister-Wong xa pensara hai tempo na posibilidade de perder os enlaces. Periodicamente vou facendo copias de seguridade na pestana favoritos, ferramentas - exportar marcadores. Garda un arquivo no formato html que logo podo engadir aos marcadores do Firefox ou importar en Delicious, onde teño unha copia dos favoritos.
  • O blog tamén o vou gardando, aínda que ás veces penso que se desaparecera libraríame de moito traballo. Faise en configuración - exportar e descargo un arquivo en formato xml co que aínda non intentei facer nada. Un día que teña tempo vou probar subilo noutro servizo para ver como queda.
  • Para o Netvibes non atopei cómo facer a copia. Como servizo alternativo teño pensado Pageflakes, pero espero que non sexa necesario.
  • Dos documentos que teño no Google Docs vou descargando unha copia cando os vou facendo. Tamén hai a posibilidade de descargar varios nun arquivo comprimido seleccionándoos e pulsando en máis accións - exportar.
  • Na páxina Data Liberation, mantida por varios inxenieros de Google, infórmannos da forma de facer copias dos datos de calquera das ferramentas Google: Maps, Sites, Picasa... Non probei case ningunha pero gardo o enderezo para cando sexa necesario.

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.