lunes, 15 de septiembre de 2008

Cazas do tesouro

As cazas do tesouro son unhas actividades moi sinxelas coas que se pode traballar con Internet na aula. Consisten nunha folla de traballo cunha serie de preguntas e outra de enderezos web que o alumnado debe utilizar para atopar as respostas. Hai xeradores de cazas do tesouro como o de Aula 21, pero tamén se poden facer cun procesador de textos.Para faceros unha idea de como son podedes ver "La prehistoria” para 5º de primaria ou "Aprendo a ser tolerante" para 3º de ESO. Coas cazas conséguese que o alumnado aprenda os contidos do tema que estamos traballando, ao tempo que mellora as súas destrezas de lectura e compresión de textos e desenrola estratexias de busca na web.Unha vez elixido o tema e os obxectivos que imos traballar podemos preparar unha caza do tesouro redactando os seguintes apartados:
  1. Introducción. Debe redactarse de forma que capte o interese do alumnado. Nela hai que facer unha descrición do traballo a realizar.
  2. Preguntas. Temos que asegurarnos que sirvan para acadar os obxectivos propostos e que as respostas se poden atopar nun dos recursos propostos.
  3. Recursos. É importante comprobar que estan activos pouco tempo antes de levar a caza á aula. Se utilizamos cazas atopadas en Internet debemos comprobar a validez dos recursos. Se a caza se prepara para nenos pequenos non se debe pasar de un ou dous enderezos. Para os maiores pódense empregar máis, aínda que non convén empregar moitos por que pode desanimalos.
  4. A gran pregunta. Opcionalmente pode prantexarse unha pregunta que non se atope directamente nos recursos, senón que haxa que elaborala partindo da imformación atopada para responder ás outras preguntas. Tamén pódese utilizar a gran pregunta para que o alumnado faga unha valoración do aprendido ou exprese a súa opinión.
  5. Avaliación. Debemos preparar a forma de comprobar se os obxectivos iniciais se acadaron. Pódese facer en función da cantidade de respostas acertadas, pero é necesario comprobar a calidade das respostas, as estratexias de busca, valorar a forma de traballo en equipo, etc.

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.