sábado, 30 de enero de 2010
Día Escolar da Paz e da Non Violencia
Déixovos coa canción de Victor Jara "O dereito a vivir en paz" nas voces de Luar na Lubre e Ismael Serrano.
El derecho de vivir
poeta Ho Chi Minh,
que golpea de Vietnam
a toda la humanidad.
Ningún cañón borrara
el surco de tu arrozal.
El derecho de vivir en paz.
Indochina es el lugar
mas allá del ancho mar,
donde revientan la flor
con genocidio y napalm;
la luna es una explosión
que funde todo el clamor.
El derecho de vivir en paz.
Tío Ho, nuestra canción
es fuego de puro amor,
es palomo palomar
olivo de olivar
es el canto universal
cadena que hará triunfar,
el derecho de vivir en paz.
miércoles, 27 de enero de 2010
Concurso literario de imaxes
O alumnado deste centro está facendo unha galería de fotografías comentadas cun relato. Non coñezo as bases do concurso. A maioría dos relatos parecen redactados polo propio alumnado e as fotos e o o texto están comentados por Miguel Bugallo, profesor deste centro.
Tanto os textos como as imaxes teñen licencia Creative Commons by-sa.

Aproveito para comentar que na Aula virtual deste centro podemos atopar recursos para traballar as Ciencias Sociais en 1º de ESO e Historia Contemporánea para 1º de BACH.
miércoles, 20 de enero de 2010
Blog das TIC na clase de Ciencias Sociais
Dende o mes de novembro estase a celebrar en Pamplona o Seminario "A pizarra dixital na aula de CC.SS". Para que os participantes compartan ideas e materiais crearon o Blog das TIC na clase de Ciencias Sociais, con artigos sobre software e ferramentas web 2.0 que se poden utilizar nesta materia. Podemos ver información sobre Hot Potatoes, outros blogs, presentacións, Slideshare, Youtube...Está coordinado por Pedro Oña, profesor do IES Felíx Rodríguez de la Fuente de Burgos e autor doutros blogs de aula das materias Historia e Xeografía.
viernes, 15 de enero de 2010
GigaPan
As fotografías tómanse coa axuda do GigaPan EPIC, unha especie de brazo no que se acopla a cámara de fotos. Hai que indicar as coordenadas dunha diagonal da imaxe que queremos sacar e a máquina encárgase de sacar miles de fotos que despois se ensamblan para formar a
panorámica. O aparatiño custa uns 300 dólares, así que de momento non está ao alcance de calquera.O que sí podemos facer fácilmente é navegar polas fotos e marcar zoas que nos interesen. Para facer probas estiven marcando a tumba do Apóstolo e a imaxe de Santa Bárbara nesta magnífica fotografía da Catedral de Santiago sacada por Ilux.
Pasei horas apreciando todos os recunchos da fachada que nos explicou David Chao Castro na visita guiada arredor da Catedral nun curso de arte que fixen no pasado mes de outubro.Outros lugares que visitei:
Non deixedes de visitar esta páxina. É moi divertido.
domingo, 10 de enero de 2010
Paseando polo Rato
Aquí deixo algunhas das fotos que saquei e aproveito para utilizar a última ferramenta que atopei para colocar as presentacións: myPlick.
viernes, 8 de enero de 2010
jueves, 7 de enero de 2010
Descubre Galicia
Pulsando no botón "inicio" dános a opción de facer unha navegación aérea coa axuda do Google Maps, un percorrido polas rúas das principais vilas mediante imaxes de 360º ou ver unha selección de videos. Tamén podemos acceder a datos da actividade socioeconómica de provincias, vilas... recompilados polo IGE (Instituto Galego de Estadística).A páxina está feita pola Factoría Eurodigital (Pontevedra) co fin de promocionar o turismo durante o Xacobeo 2010 permitíndonos coñecer o patrimonio artístico, histórico e cultural de Galicia. Varias empresas, sobre todo do sector da hostalería, están facendo acordos coa Factoría Eurodigital para promocionar os seus negocios nesta páxina.
Coa mesma tecnoloxía desta web están construindo virtualplanet360.com con imaxes de cidades de España e outros países como Francia, Suiza, Portugal, Brasil, Italia...
Como exemplo dos materiais desta paxina poño dous videos da cidade de Lugo.
lunes, 4 de enero de 2010
Signoguías nos museos
Outros museos accesibles son o Museo Thyssen-Bornemisza que ofrece 21 obras neste momento, o Museo Nacional de Arte Romano e o Museo Nacional de Altamira. jueves, 31 de diciembre de 2009
O Twitter de Sociais
Levo tanto tempo oíndo falar de Twitter e os microblogs que non puiden resistirme e creei o twitter de sociais.Por agora non lle vexo moita utilidade ao invento. Creo que estou entre as fases 9 e 10 das 46 propostas por Shane Nickerson, así que aínda teño moito camiño por diante.
Anoto as páxinas ás que me interesa voltar a miúdo, pero iso xa o facía co Mister-Wong de forma moito máis ordenada. Tamén sigo os tweed de xente e institucións como o Museo do Prado, o Museo Provincial de Lugo ou @Iniciarte, pero para estes traballos tamén prefiro o Netvibes.
En fin, seguiremos traballando, a ver se co tempo acabo de collerlle o gusto.
Páxinas que falan dos usos educativos de Twitter:
- Usar Twitter nos centros educativos: Juan José de Haro fálanos no seu blog do uso de Twitter como ferramenta de comunicación nos centros. No artigo dá ideas para o uso de Twitter, consellos de utilización, erros que hai que evitar...
Juan José é un gran defensor do emprego de Twitter como ferramenta de apoio no ensino. Entre outras páxinas mantén Edu Twitter, unha wiki na que recolle centros e docentes que utilizan Twitter e experiencias na clase co microblogging. - En educ@conTIC hai varios artigos dedicados a Twiter: Usos de Twitter en educación, Ferramentas 2,0: Twitter en ecucación...
- Profesores comenzan a probar estratexias de ensino en 140 caracteres: artigo no xornal El Mercurio de Chile.
- O que debes saber se eres novo en Twitter: consellos para as que estamos a empezar.
domingo, 27 de diciembre de 2009
Holandeses no Museo do Prado
No Museo do Prado podemos ver a exposición Holandeses no Prado, que estará aberta ata o día o 11 de abril de 2010 e que coincide coa publicación do primeiro catálogo razoado sobre as obras holandesas presentes na pinacoteca madrileña. A mostra ten como peza central a Judith no banquete de Holofernes, de Rembrandt. Conta tamén con obras de diferentes autores como Jan Both, Jacob Ruisdael, Gabriel Metsu, Adrien van Ostade, Philips Wouwerman...
miércoles, 23 de diciembre de 2009
Premios materiais educativos do ITE
Lendo o último Boletín de novidades de Educared entereime que A viaxe a Grecia acadou o Primeiro Premio Nacional no concurso convocado polo Ministerio de Educación no 2009, a través do ISFTIC, para materiais educativos curriculares en soporte electrónico. Os seus autores son Gonzalo Trespaderne, Manuel Merlo e Eduardo Alés do IES Abdera de Adra (Almería) que xa no 2007 acadaron o Primeiro Premio polo seu traballo Axial.
A viaxe a Grecia é unha aplicación informática creada para desenvolver a asignatura de Filosofía y cidadanía. Posúe recursos educativos que poden servir de modelo modelo para todas as áreas tanto para secundaria como para primaria.
En opinión dos autores tamén se pode utilizar na casa en colaboración coa familia e sinalan:
"ten á base unha novela didáctica escrita ex profeso, con máis de douscentas páxinas e cen ilustracións a toda cor. A partir dela, ofértase un profesor virtual, textos, fichas de contido , un blog, unha wiki; diversas actividades entre as que destacan as elaboradas a partir de videos, audios, cuestionarios interactivos, etc."
No apartado de blogs acadou o primeiro premio o titulado Os blogs de Sociais do Departamento de Xeografía e Historia do IES Tiempos Modernos de Zaragoza polos seus blogs de aula de ESO e BACH para Ciencias Sociais, Xeografía e Historia.
O portal Artecreha, dedicado á didáctica da Historia da Arte en todos os niveis educativos obtivo o segundo premio no apartado blogs educativos. O grupo Creha foi creado no ano 2001 por Javier Jiménez Zorzo; Ignacio Martínez Buenaga; J. Antonio Martínez Prades e Jesús Martínez Verón cos obxectivos de renovar os materiais didácticos relacionados coa historia da arte e divulgar temas relacionados con esta materia. Na súa páxina reúnen recursos, comentarios, estilos artísticos, diccionario de termos ...
sábado, 19 de diciembre de 2009
viernes, 18 de diciembre de 2009
Diccionario Xeográfico Ilustrado de Galicia
Hoxe no Hotel monumento San Francisco realizouse a presentación do Diccionario XeográficoIlustrado de Galicia.
Francisco Javier Río Barja, (Lugo,1919 ) é o director desta obra. Doutor en Xeografía e Historia, ademais de licenciado en Filosofía e Letras ao longo da súa vida Río Barja recibiu diversos premios e recoñecementos polo seu traballo tales como a Medalla Castelao e o Premio Xunta de Galicia de Investigación. Entre os seus libros publicados destacan "Mapa en relieve de Galicia 1:100.000", "Bibliografía das Xeografías", "Cartografía xurisdiccional de Galicia no século XVIII" e "Galicia, esa descoñecida".
Nesta obra colaboran destacados especialistas, a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, o Sitga e o Colexio de Xeógrafos de Galicia realizando a supervisión editorial Francisco Rodríguez Lestegás.
A colección consta de 28 tomos contendo máis de 50.000 entradas, 10.000 fotografías, 1.000 mapas e unha detallada cartografía.
Poderase obter a partir do día 20 xunto a El Correo Gallego e Galicia Hoxe.
(Información e imaxes recollidas de El correo Gallego.es)
jueves, 17 de diciembre de 2009
Ruta nas Illas Cíes
Xa hai tempo que fixen unha ruta polas Illas Cíes, no mes de maio, pero remateina tan enfadada que non quixen nin ver as fotografías.
As previsións xa non eran moi boas: chuvia pola mañá que iría remitindo pola tarde. A realidade foi catastrófica: chuvia constante pola mañá que evolucionou a diluvio despois de comer. Total que estivemos todo o día subindo aos miradores para ver... nubes.
Percorremos as rutas do Monte Faro, do Faro da Porta, de Monteagudo e do Alto do Príncipe, dende as que segundo o guía pódense contemplar fermosas vistas. Ata deixei algún tramo sen percorrer porque xa sabía o que esperaba ao final.
A tarde fixémola a paso lixeiro e rematamos unha hora antes do previsto. Estabamos desexando poñer roupa seca e tomar un café quentiño.
Como hai que aprender de todo, quedeime con que teño que poñer o plástico cando cae a primeira gota. ¡Nada de esperar uns minutos a ver se para!
A pesar de todo quédame o desexo de voltar moi pronto e déixovos cunhas imaxes deste fermoso parque natural que sacamos neste día.
jueves, 10 de diciembre de 2009
10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos
Hoxe celébrase o Día dos Dereitos Humanos, que neste ano vai ter como tema central a non discriminación co lema "Vive a diversidade, termina coa discriminación". Hoxe temos que recordar distintas situacións de marxinación que vivimos a cotío: a emigración, o trato aos indíxenas e minorías étnicas, a violencia contra a muller, os problemas das persoas discapacitadas...Neste día conmemórase o aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos en 1948 como consecuencia de dúas guerras mundiais.
No vídeo a Alta Comisionada da ONU para os DD HH, Navi Pillay, promove un mundo no que todas as persoas sexan tratadas por igual.
Máis información sobre o Día dos Dereitos Humanos:
- Ideas e actividades suxeridas por Amnistía Internacional para a celebración deste día nas escolas
- Enlaces a documentos das Nacións Unidas
- Canal de UNOHOHR en Youtube
- Portal Educación para os Dereitos Humanos da UNESCO
- Propostas na páxina Educación en Valores
- Coñeza os Dereitos Humanos ao dedillo
- Datas importantes na historia dos Dereitos Humanos
lunes, 7 de diciembre de 2009
Descubre lugares patrimonio da Humanidade con Street View
De momento só se poden ver algúns dos lugares do patrimonio europeo, moitos deles en España, e entre eles a Praza do Obradoiro en Santiago, a Praza Maior de Salamanca e a Cidade Vella de Cáceres.
Agardamos que moi pronto podamos visionar outros lugares que pola súa distancia non podemos ir tan fácilmente.
viernes, 4 de diciembre de 2009
Pola defensa dos dereitos fundamentais en internet
Tamén podedes asinar a petición dun ADSL máis barato e de maior calidade, aínda que de momento parece que o goberno non fai moito caso.
7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.
martes, 1 de diciembre de 2009
Contos Solidarios
"Contos Solidarios percorreu máis cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramenta lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica….. Contos Solidarios abre esta páxina web para achegar os contos e o traballo de Bicis pola Paz e Papaventos a todas/os que queirades coñecelo, e para que colaboredes con esta iniciativa que reivindica outro mundo posible a través dun universo paralelo formado polos contos solidarios, no que nos poidamos refuxiar para construír un mundo real de xustiza e liberdade."
Nesta páxina hai unha selección de contos ilustrados, algúns por alumnado dos colexios de Chantada e outros por artistas como Cristina Ouro ou Irene Contreras. Pódense ler mediante unha agradable interface feita en flash na que soamente hai que pulsar na frechas para pasar á páxina seguinte.
Na sección cineteca podemos ver recomendacións de películas e libros.
Co diñerio recadado co proxecto Contos Solidarios finánciase a compra de bicicletas doadas para o profesorado, persoal médico, promotores e promotoras da saúde e veterinarias e veterinarios de países de Asia, África e América Latina.
Agardo que sexa do voso interese.