Co título de Patrimonio da Humanidade a UNESCO intenta dar a coñecer e axudar na conservación dunha serie de lugares destacados pola importancia cultural ou natural. O programa empezou no ano 1972 e no 2008 había catalogados 878 sitios. O sábado pasado declarouse monumento Patrimonio da Humanidade a Torre de Hercules, que se converteu no cuarto monumento galego en ser destacado tras o Casco histórico de Santiago de Compostela (1985), o Camiño de Santiago (1993) e a Muralla Romana de Lugo (2000). A torre é un antigo faro romano construído no século I, que ao longo da historio sufriu varias reconstruccións. A fachada actual de estilo neoclásico é do século XVIII.
Esta fin de semana celébrase o Arde Lvcvs. Durante uns días compartiremos a cidade con lexionarios, patricios romanos, celtas e gladiadores. Poderemos asistir a actos como a queima da muralla, o circvs romano, vodas celtas ou visitar o campamento romano. Podes consultar o programa das festas para ver os máis de 200 actos programados, xunto cos lugares onde se celebran. Así que imos preparar a túnica e vémonos no campamento.
A Fotopedia é unha enciclopedia visual creada a partir das fotografías dos usuarios. Actualmente conta con máis de 5.000 fichas e case 175.000 fotos de diversos temas, entre eles "xeografía e viaxes" e "historia, arte e cultura popular".
Cada ficha contén un breve texto en inglés extraído da Wikipedia xunto a unha colección de fotografías ordenadas mediante votacións entre os usuarios, enlaces a fichas relacionadas e, se o tema o permite, a situación no Google Maps. As fotografías da Fotopedia non teñen licencia comercial, polo que podemos usalas libremente nos traballos escolares citando a fonte.
As fotos pódense colocar no blog mediante unha presentación na que aparecen as imaxes do tema seleccionado. Por exemplo, aquí poño as da ficha sobre Argentina:
"No nos llevaremos nada, dejaremos hecho para los demás nuestra única forma de trascendencia" (Carlos Cristos)
Hoxe, na TVE2, proxectarase o documental "Las alas de la vida". Este documental trata sobre a vida de Carlos Cristos, un médico ao que lle foi diagnosticada unha enfermidade coñecida como "Atrofia Multisistemia". Na película vese como afronta esta enfermidade dexenerativa e relata un pouco os últimos anos da súa vida.
Este documental foi premiado no Festival de Cine de Valladolid hai 3 anos, ademais doutros premios. Tamén se proxectou na Semana de Cine Internacional de Lugo no 2007.
O equipo pedagóxico da película propón material didáctico para alumnado de secundaria a fin de reflexionar sobre os diferentes temas que o film vai plantexando a través do seu protagonista, Carlos Cristos.
O material pode ser utilizado antes de visionar a película e despois. O programa consta de: ficha técnica da película; índice dos capítulos, caderno de cuestións previas ao visionado, ficha para traballar en clase despois da proxección, apuntes de psicoloxía adolescente, propostas didácticas e metodolóxicas, así como bibliografía e lecturas relacionadas cos temas tratados.
Reportaxe sobre o documental dirixido por Antoni P. Canet.
As presentacións creadas con PowerPoint ou Impres son unha ferramenta moi utilizada polo profesorado de Historia da Arte, sustituíndo aos proxectores de diapositivas que empregabamos hai uns anos. En internet podemos atopar cantidade de páxinas con presentacións deste tipo:
Xa falei nun dos primeiros artigos deste blog do profesor Juan Diego Caballero e os seu blog ENSEÑ-ARTE, con máis de cen presentacións agrupadas en bloques percorrendo toda a Arte, desde as primeiras manifestacións prehistóricas ata os movementos máis actuais. Pódese acceder a todas as presentacións en Juandi's Slideshows.
No IES Adormideras de A Coruña teñen varias presentacións clasificadas en arte antiga, medieval, moderna e contemporánea.
O profesor Enrique Valdearcos, do IES Gonzalo de Berceo de Alfaro (La Rioja) ten un CD co temario completo de Histora da Arte de 2º de Bacharelato que inclúe apuntes, presentacións, imaxes, enlaces, diccionario, test, exames de selectividade... Pode descargarse completo mediante varios arquivos comprimidos no formato RAR. O CD inclúe 27 presentacións das mellores que vin sobre o tema.
Para rematar poño un tutorial sobre a creación dunha presentación con fotografías elaborado por Raúl Hidalgo Cortijo: Titorial Presentacion de Diapositivas
O 30 de maio fixemos outra ruta dentro do proxecto "Sendas costeiras" organizado por Acivro, percorrendo a illa de Cortegada pola mañá e a illa de Arousa pola tarde. Para empezar o día tocou madrugar: saída ás 7:30. Eu quería dormir no autobús pero non me deixaron as veciñas que non deixaban de falar. Desde Carril leváronnos á illa nunha zodiac. Tiña medo de marearme, pero a ría estaba moi tranquila e foi unha viaxe moi agradable. A ruta pola illa estivo guiada pola única empresa autorizada para realizar visitas á mesma. Ían explicándonos a historia da illa, detalles da capela e do poboado abandonado e as características das árbores e da vexetación atopada. Foi unha ruta sinxela e moi agradable, entre loureiros, piñeiros e carballos, etc visitando de vez en cando algunha praia pequeniña. Ao rematar voltamos a Carril na zodiac, facendo un percorrido máis longo para pasar préto das illas Malveiras e observar as bateas. Despois de comer fixemos outra ruta máis cortiña visitando as praias da illa de Arousa. Tamén moi agradable, aínda que a calor animaba a deixar a mochila para darse un baño, como fixeron algunhas compañeiras de viaxe.
Home é unha película dirixida por Yand Arthus-Bertrand e coproducida por Luc Besson na que, mediante imaxes aéreas, trátanse os temas medioambientais máis importantes. Vaise estrenar o venres 5 de xuño, Día Mundial do Medio ambiente, en Youtube. É a primeira vez que unha película estrénase ao mesmo tempo en internet e nas salas comerciais. Tamén se emitirá en canles de televisións nacionais e en pantallas grandes ubicadas en lugares emblemáticos. Hai que suliñar que cinco capas de Google Earth amosarán contidos creados polos usuarios, sinalando os sitios reais onde se difundirá a película, ofrecerán material educativo sobre os temas do film, etc Xa teño ganas de vela!!!
En Youtube podemos ver avances do film, da rodaxe, entrevistas, etc.
O Constructor é unha ferramenta de creación de contidos educativos dixitais creada no marco do Proxecto Atenea da Junta de Extremadura. Pode xerar 47 modelos de actividades (encrucillados, dictados de palabras ou frases, emparellamentos, composicións musicais, reconstrucción de figuras...) de forma moi sinxela. Na páxina do programa hai un curso para aprender a crear materiais con esta ferramenta. Ten versións para os sistemas Linux e Windows. Para usar os materiais creados non fai falta ter instalado o programa: chega con ter un navegador e o plugin do Flash. Tamén pode ser necesario contar cun programa para descomprimir arquivos porque os materiais quedan empaquetados nun arquivo ZIP. As actividades creadas co Constructor distribúense cunha licencia Creative Commons que permite a copia da obra recoñecendo ao autor, sen empregala en usos comerciais e compartindo as modificacións coa mesma licencia. No catálogo de materiais podemos atopar actividades para todos os niveis educativos. En secundaria atopo 26 recursos para Ciencias Sociais e en primaria 74 recursos de Coñecemento do Medio.
Ars VIRTUAL é un programa desenvolto pola Fundación Telefónica na que podemos coñecer varios monumentos de España, América Latina e Marrocos mediante visitas virtuais desenvolvidas mediante técnicas 3D. Podemos navegar pola web mediante o menú ou cun mapa do patrimonio onde podemos ver a situación dos monumentos. Os lugares españois están clasificados en reales sitios (Granxa de San Ildefonso, Mosteiro do Escorial, Palacio de Aranjuez, etc.), templos (catedrais de León, Burgos, Sagrada Familia, Toledo e as tres culturas), patrimonio natural (As Médulas e o Parque Natural de Cabárceno) e outros monumentos (conxunto románico do Vall de Boí, Alhambra de Granada e Atapuerca). En Marrocos e América Latina de momento hai poucas visitas. En Galicia non ten catalogado ningún monumento, quedamos ás portas coa visita Ás Médulas. Esperemos que coa chegada do AVE podan acercarse a esta terra. Unha vez elixido o monumento ábrese unha nova ventá do navegador na que temos acceso ás distintas seccións da visita. Dependen do monumento elixido, pero na maioría podemos ver unha reseña histórica, explicación das características do monumento e imaxes panorámicas dos aspectos máis representativos. Na imaxe da esquerda temos a portada da Catedral de León. A maioría das visitas déronme problemas no navegador Firefox porque é necesario ter instalado un control Activex que só funciona no Explorer. Algunhas, como a das Médulas poden facerse instalando o Adobe Shockwave ou o Adobe Flash Player. Cando é necesario algún destes plugins a páxina facilítanos a súa descarga e instalación, así que en pocos minutos xa podemos ver a páxina sen problemas.
No boletín informativo nº 29 da Consellería de Educación engadiron un cadro que, baixo o título "Traballar coa arte", ofrécenos unha serie de enlaces relacionados coa arte en Galicia. De momento hai catro páxinas vinculadas:
Pintores de Galicia: dedicada á pintura e aos pintores contemporáneos galegos. Ten un listado dos artistas xunto ao seu lugar de nacemento e as técnicas empregadas. Podemos ver as biografías dalgúns deles. Supoño que pouco a pouco irán colocando as de todos. Tamén hai dúas pequenas seccións de escultores e fotógrafos. Completan a páxina un listado de museos e fundacións, outro de galerías, información sobre concursos de pintura e unha sección de actualidade.
Colección Caixa Nova: onde podemos ver as obras da colección de arte de Caixa Nova. Pódense buscar por autor, obra, ano ou utilizar un buscador de palabras. Hai unha área didáctica e unha colección de obras preparadas para o seu estudio, pero non puden ver ningunha destas seccións debido ao seu mal funcionamento no Firefox.
Museos de Galicia: páxina do MUGA (Sistema Galego de Museos). Na portada vemos unha clasificación de museos por sectores: arqueolóxicos, arte contemporánea, etnográficos, ciencia e teconoloxía... Para cada museo temos información sobre localización, horarios, prezo da visita, unha breve reseña da súa historia e o enlace á páxinas web.
Outro servizo para relacionar fotografías son os mapas de Google Maps. En ViewAT atopamos fotografías panorámicas cunha descrición do lugar sacada da Wikipedia e a localización do lugar no mapa. Hai unhas poucas fotografías de Galicia como a do Interior dunha palloza, O Cebreiro , Montañas de Los Ancares de Enrique Álvarez e A Torre de Hércules de Susana López, Faro Islas Cies de Ricardo Cambón, BACABÚ no Museo Provincial de Lugo e o Museo do Pobo Galego de Jesús Martínez, etc. A páxina ten un buscador no que podemos elixir a temática das fotografías: lugares históricos, curiosidades, espazos espirituais... Tamén poden verse as panorámicas no Google Earth aproximándose desde o espazo. Na imaxe podemos ver a Praza do Obradoiro de Santiago durante os fogos do apóstolo. É unha fotografía de Ricardo Cambón.
Do blog Educación Tecnológica cito outra web con outra ferramenta que nos permite realizar mensaxes de audio e embebelas no blog:
Photoface é una web de Oddcast que nos permite crear avatares e facelos falar. Podemos configurar o fondo, partes, da imaxe: cor do pelo, aspecto facial, vestimenta, sexo, idade, etc.
Escribimos o texto a escoitar e a imaxe o le coa voz elexida. Tamén a podemos grabar a través do micro do noso ordenador ou mediante o teléfono.
Parabén a Celestino Arteta, primeiro clasificado nos premios Espiral Edublogs 09 co seu blog Educación Tecnológica dedicado ás ferramentas educativas da web 2.0. Do citado blog recollo a web Acapela tv na que se poden crear pequenos textos e posteriormente embeber os resultados no blog convertido nun programa televisivo no que un locutor le as mensaxes en distintos idiomas.
Para celebrar o Día do Traballo recupero estes dous vídeos promocionados pola Consellería de Traballo no ano 2008. Este ano parece que non hai nada parecido. Están editados polo Centro Galego de Artes da Imaxe.
Onte ía ir de excursión a Cortegada co club Acivro, pero como foi aprazada polo mal tempo entretívenme ordenando as fotografías da anterior ruta que fixeramos. Foi na costa asturiana, recorrendo as praias que hai entre os pobos de Ortiguera e Viavélez. O día foi precioso e a ruta moi agradable, aínda que ten moitos tramos de asfalto. Chamáronme a atención as praias pedregosas desta zona. Gustoume especialmente a de Torbas coa súa fervenza. A comida tamén estivo rica. Pola tarde estaba previsto visitar Tapia, pero non poidemos porque a ruta levounos máis tempo do previsto. Queda para outra ocasión.
Con este blog pretendo amosar unha pequena selección de recursos, enlaces, acontecementos e novidades que agardo sexan de interese para o traballo na aula. Tamén serve de complemento ao traballo desenvolvido dentro da asesoría. Toda a persoa que queira colaborar pode mandar as súas aportacións a tamar.arias@gmail.com Moitas grazas polas vosas visitas, comentarios e aportacións. Marta Arias López
Emblema
Docente ABP
Emblema
Docente Evaluador
Emblema
Docente activo
Emblema
Emblema PLE docente
Emblema
Emblema MOOCafé
Emblema
Emblema Docente conectado
PLE de Marta
Blog do curso Entornos Personales de Aprendizaje
ARASAAC. Candidatura Premio Píncipe de Asturias 2014