viernes, 25 de mayo de 2012

Symbaloo para as nosas aulas

Imaxe de webmix en Symbaloo con recursos de materias de  ciencias sociais (Galicia)
 Webmix Symbaloo CCSS
Symbaloo é unha aplicación que nos permite organizar os marcadores de forma visual con iconos cadrados que podemos personalizar e que nos levan ao enlace da web correspondente.
 Vía  Digitaula podemos acceder a máis información nos seguintes posts:
Facendo probas estou recopilando webs e blogs do profesorado galego.
Como exemplo deixo a dirección de webs e blogs relacionados coas materias de  Ciencias Sociais  feitos por profesorado galego.
Tamén comecei a recoller webmix relacionados coas NEE,  e pouco a pouco irei engadindo enlaces aos webmix de Lingua e LiteraturaBibliotecas Escolares, Primaria, Educación Infantil ...
Gustaríame coñecer a túa páxina ou blog. Enviame a dirección e tamén a doutro profesorado que coñezas e engadireinas ao Symbaloo.

miércoles, 23 de mayo de 2012

WhatWasThere

Hoxe pasei un bo e agradable rato agradable vendo fotos antigas en WhatWasThere. Esta páxina permite situar fotografías nun mapa e utilizar o Google Street Wiew para situar a imaxe na súa situación, regulando a transparencia para poder ver a fotografía ou como é o lugar na actualidade.

Hai moitas fotografías de cidades de Estados Unidos e Canadá. En Europa non hai moitas, destacando Londres e arredores con máis de 500 fotos. En España a maioría son de Villaviciosa e Barakaldo.

Mapa con imaxes situadas no seu lugar

Rexistrándose pódense subir imaxes. Xa estou buscando fotos antigas de Lugo e do Incio para situalas no mapa.

viernes, 18 de mayo de 2012

Time is nothing

Imaxe da cámara fotográfica Lumix GF1
XatacaFoto
Neste timelapse podemos dar unha mirada rápida arredor do mundo. A viaxe dura 343 días e visitamos 17 países mediante 6237 fotografías tomadas por Kiem Lam cunha cámara como a da imaxe.
Ideal para elixir o destino das próximas vacacións, se a crise o permite.


Fonte: Xatacafoto

jueves, 17 de mayo de 2012

Día das Letras Galegas 2012

Cando ti volvas 
Na matricial Galiza, sempre túa, 
que dend-a Torre d'Hercules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas pol-o mare; 
de toxo unha fogueira en cada monte, 
cando ti volvas pol-o mare;
dos castros na coróa unha cachela, 
cando ti volvas pol-o mare;
unha loura candea en cada pino, 
cando ti volvas pol-o mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes, 
cando ti volvas pol-o mare; 
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas pol-o mare; 
un farol mariñeiro en cada dorna, 
cando ti volvas pol-o mare; 
veliñas â xanela en cada casa, 
cando ti volvas pol-o mare; 
e as pérolas das bágoas derramadas, 
cando ti volvas pol-o mare, 
cando ti volvas pol-o mare... 

Valentín Paz Andrade - Pranto Matricial 
 
Música: Pranto Matricial de 2 na Fronteira

sábado, 12 de mayo de 2012

Orbis, explorando a rede viaria romana

Orbis é un proxecto da universidade de Stanford que reproduce a rede de transportes do mundo romano. Elixindo dúas cidades proporciónanos a ruta entre elas usando as vías terrestres, marítimas e fluviais empregadas hai 2000 anos, calculando a distancia, o tempo e o custo da viaxe segundo o medio de transporte elixido e a época do ano. Permite optar pola ruta máis curta, máis rápida ou máis barata. Os datos para a elección da vía e os cálculos proveñen de documentos da época.
Por exemplo, a ruta máis rápida para cruzar a península desde Tarraco ata Flavium Brigantium ten 1602 km e tardaríase en facela máis de 17 días por rutas terrestres e marítimas.


As rutas pódense descargar no formato kml para incorporalas ao Google Earth.
A páxina de Orbis ofrécenos información moi completa sobre a ferramenta: como utilizala, incluíndo un videotitorial, exemplos, como se realizou, as fontes dos datos empregados, etc.

domingo, 6 de mayo de 2012

WikiPaintings

Acabo de descubrir WikiPaintings, un proxecto que pretende crear un repositorio de obras de arte de alta calidade abarcando dende a arte rupestre ata a actualizade.
Trátase dun proxecto sen ánimo de lucro onde o pesoal usuario pode contribuír engadindo imaxes ou modificando as descricións, corrixindo datos, traducindo a páxina a outros idiomas ou axudando no mantemento da base de datos.
A páxina permite buscas por obras ou artistas con varios criterios de clasificación: movemento artístico, cronolóxicamente, nacionalidade, estilo...
Tamén  se pode facer unha presentación de diapositivas coas obras dun autor.
Intentei crear unha conta, pero de momento a páxina está en fase de probas e recibín un correo informando que temporalmente non é posible rexistrarse.
Un proxecto interesante, que convén seguir e apoiar para ver como evoluciona.


miércoles, 2 de mayo de 2012

Where in the World


No blog de Google entérome de que está disponible o xogo Where in the World en castelán. Cada mes hai que localizar un lugar no Google Maps partindo dunha imaxe e varias pistas. Para resolvelo hai que indicar en qué lugar se atopa a imaxe e a súa localización  no mapa.
As pistas e o formulario para responder poden verse en https://sites.google.com/site/whereintheworldversionespanol/.
O premio non é gran cosa: felicitan á primeira persoa que de a resposta na páxina de G+, no foro de Google Earth e en Twitter. Pero buscando o lugar pásase un rato agradable.
Xa intentara nalgunha ocasión con xogos similares en inglés con pouca sorte e, agora, sego sen tela. Levo case unha hora buscando a imaxe nos arredores de Londres sen atopar nada parecido. Haberá que seguir probando.

domingo, 22 de abril de 2012

Día da Terra

Recordando este día, déixovos algunhas imaxes das miñas andainas.

Día da Terra on PhotoPeach Día da Terra II on PhotoPeach

jueves, 19 de abril de 2012

II Encontro entre o profesorado no Museo del Prado

(c) Museo del Prado
Na sección de educación do Museo del Prado está anunciado o II Encontro entre o profesorado que se celebrará o vindeiro sábado 21 e vai ser retransmitido en directo. O obxectivo deste encontro é dar a coñecer os traballos realizados nas aulas relacionados co museo. No programa do encontro atopamos varias experiencias de centros madrileños.

Na páxina están dispoñibles as ponencias do primeiro congreso, celebrado o ano 2010.

miércoles, 18 de abril de 2012

17 de maio, Día de Internet 2012

Día de Internet 2012
O Día de Internet é un proxecto na rede que xurde da sociedade, pola sociedade e para a sociedade e está aberto á participación voluntaria e gratuíta de todos. Pretende dar a coñecer as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para mellorar o nivel de vida dos pobos e dos cidadás.
O Día de Internet aporta unha oportunidade para impulsar e favorecer o acceso á Sociedade da  Información dos non conectados e dos discapacitados.
Todo o mundo pode participar. A través dos diferentes perfiles pódese elixir o que mellor se axusta e o grao de implicación:
Build your own custom video playlist at embedr.com Fonte e máis información na web   Día de Internet 2012

domingo, 15 de abril de 2012

Sir Ken Robinson: ¡A comezar a revolución da aprendizaxe!

Sir Ken Robinson
Sir Ken Robinson, vía Wikipedia
 Sir Ken Robinson é un experto internacional no desenvolvemento da creatividade,  innovación e recursos humanos aplicados ao mundo dos negocios. 
"A estrutura da educación está cambiando baixo os nosos pés. Estamos baixo un proceso de inflación académica. De repente, os títulos non valen nada"
No seguinte vídeo desta conferencia reflexiona sobre o momento no que nos atopamos: de cómo a educación alonxa ás persoas dos seus talentos naturais, a necesidade non dunha evolución se non dunha revolución da educación, o desafío de innovar,os problemas da linealidade da educación, da conformidade e a necesidade dun cambio radical personalizando a educación para contribuír a desenvolver o talento natural do alumnado.


Vía ">Thinking Heads

viernes, 6 de abril de 2012

Mapinterest

Estiven probando Mapinterest, un sitio para compartir información dos que últimamente aparecen seguindo a liña de Pinterest.
Neste caso trátase de situar lugares de interese nun mapa, clasificándoos en cultura e entretemento, comercio, turismo deportes, saúde e educación (non sei porque están na mesma categoría) e hoteis e restaurantes. A estes lugares pode asociarse un vídeo de Youtube ou imaxes de Pinterest ou Instagram.
De momento hai moi poucos usuarios e sitios para ver. A páxina non funciona ben en ocasións, bloqueándose ao pulsar o botón de ir á páxina anterior e ao pulsar nalgúns lugares, pero fíxome ilusión situar Lugo entre os primeiros lugares que aparecen no mapa.

lunes, 2 de abril de 2012

Fragas do Eume

Arde un dos lugares máis fermosos de Galicia.

(c) La Voz de Galicia

V Televisión percorre o corazón das Fragas do Eume. Información sobre a Fraga do Eume:
Recordando unhas fotografías que saquei cunha sinxela cámara fotográfica. Pulsa na imaxe para acceder ao álbum.

Fragas do Eume

martes, 27 de marzo de 2012

A hora do Planeta

Un ano máis, WWF convoca A hora do Planeta para demostrar que hai moitas persoas dispostas a comprometerse na loita contra o cambio climático.
Podes unirte apagando as luces o sábado 31 de marzo entre as 20:30 e as 21:30.
En Lugo tamén  se van apagar na Praza Maior. Hai que superar as 5000 cidades que no 2011 apagaron as luces dos seus monumentos!

lunes, 26 de marzo de 2012

Lembrando a Antonio Tabucchi

"É difícil ter conviccións  precisas cando se fala das  razóns do corazón, sostén Pereira."

martes, 20 de marzo de 2012

Acontecementos históricos contados en Twitter

En Soft&Apps leo dúas iniciativas para reescribir a histoira en Twitter:

Na conta @RealTimeWWII un grupo de estudantes contan acontecementos da II Guerra Mundial como se estiveran pasando actualmente. Os tweets publícanse na mesma data e hora na que aconteceron no ano 1940. Tamén pode seguirse en Facebook.


Na conta @TitanicRealTime infórmannos do afundimento do Titánic, podendo seguir minuto a minuto os acontecementos que ocurriron no barco.


Tamén podemos seguir as vidas de Jonh Ford Kennedy, Richard Nixon, Abraam Lincoln ou George Washington.
Twitter estase a converter nunha forma divertida de aprender historia.

sábado, 17 de marzo de 2012

Guía para deseñar unha secuencia didáctica

A través do Twitter atopei esta presentación de Ana Basterra. Nela pódense ver exemplos de tarefas moi interesantes e atopar consellos para o desenvolvemento das clases e para elaborar unha secuencia didáctica. Os consellos que máis me gustaron foron:
  • Propoñer tarefas, secuencias didácticas e proxectos onde o alumnado faga algo.
  • Deseñar actividades contextualizadas.
  • Empezar con tarefas cortas e próximas.
  • Prantexar actividades con sentido, relacionadas entre sí e que rematen na elaboración dun producto final.
  • Elixir actividades e tarefas que non teñan unha única solución.
  • Dar pautas ao alumando que os axude na resolución.
  • Facilitar a formación entre iguais.
  • Deixar ao alumno momentos para reflexionar no que está a aprender.
  • Corrixir os erros e aplaudir os avances do alumnado.
Na presentación están enlazadas varias tarefas relacionadas co proxecto Un billete de ida e volta, investigación sobre os movementos migratorios entre España e América.

viernes, 17 de febrero de 2012

Principios Neurocognitivos para o ensino de nativos dixitais

Despois dun longo período de "obrigado descanso" debido a  unha fractura de Colles, engado unha nova entrada  con este vídeo que atopei do Dr . Roberto Rosler  (médico neurociruxano na Universidade de Bos Aires).  Roberto Rosler, tendo en conta os Principios Neurocognitivos de cómo funciona o cerebro dos nativos dixitais,  dunha forma divertida  e didáctica indícanos unha serie de recomendacións á hora de elaborar presentacións e desenvolver unha clase.
Merece a pena escoitalo!
 

Nos seguintes enlaces: Un menage a trois cerebral: "Reptiles, Emociones y Cogniciones" analiza tamén de forma  científica, educativa e sen deixar de ser divertida o funcionamento do noso cerebro.
1/3: Un menage a trois cerebral: "Reptiles, Emociones y Cogniciones"
2/3: Un menage a trois cerebral: "Reptiles, Emociones y Cogniciones"
3/3: Un menage a trois cerebral: "Reptiles, Emociones y Cogniciones"

Agardo que sexa do voso interese.