A páxina de Google sorprendeume hoxe co anuncio "Explora museos de todo o mundo. Descubre o
Art Project coa tecnoloxía de Google". Así que lanceime a exploralo e non dou parado.
Pódese pasear polas salas de 17 museos, entre eles o
Thyssen-Bornemisza e o
Reina Sofía usando os controis de movemento e o zoom do Google Earth. Pulsando no signo + que aparece ao lado dalgunha das obras ou seleccionado o título no desplegable da parte superior podemos ver o cadro en alta resolución, cun zoom que nos permite fixarnos nos detalles.
Pulsando no botón cunha
i que hai na parte superior dereita dános información do cadro, o autor, enlaces a vídeos relacionados, outra obras, etc.
O botón
Visitor guide lévanos a un vídeo que amosa o funcionamento da páxina e unha lista das preguntas máis correntes.
Agora vou seguir visitando o Palacio de Versalles. Déixovos cunhas preguntas: de que cadro é esta imaxe? en que museo está?