sábado, 30 de agosto de 2008

IX Inforensino

Observo que o IX Inforensino celebrarase os días 12, 13 e 14 de setembro na Facultade de Veterinaria de Lugo.
No programa provisional vexo varias conferencias que poden ser interesantes para o profesorado de sociais:
  • A Kalipedia. Trátase dunha enciclopedia promovida pola editorial Santillana con contidos adaptados á ESO. Ten apartados de xeografía e historia.
  • Análise dos valores nos medios de comunicación, nas aulas de CCSS e Educación para a Cidadanía. Na súa exposición Miguel Vázquez Freire fará unha análise dos valores transmitidos por diversos medios de comunicación e abordará estratexias para poder traballar nas aulas.
  • Sistema de información xeográfica: unha ferramenta útil. Manuel Francisco Marey Pérez analizará as súas funcións, razóns e posibilidades da súa utilización.
  • Google Earth. Temática abordada por Manuel Francisco Marey Pérez.
  • Encerados dixitais. Na conferencia explícase o funcionamento da pizarra Smart Board e as súas aplicacións. Mariló soe poner algún exemplo de uso do Google Earth.
  • Ensinar economía, xeografía e estatística co portal educativo do Instituto Galego de Estatística. Neste portal podemos atopar algunha unidade didáctica sobre xeografía como esta sobre o movemento natural da poboación.
  • A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial: Un recurso educativo multimedia e interactivo en formato web. Xa falei sobre este traballo hai uns días no artigo sobre as colaboracións galegas no congreso "Internet en el aula".
  • Seguimento GPS a través de Internet. Traballos con Google Maps.
  • Premios Ediga: demostración dos traballos premiados. Máis actividades para o encerado dixital.
  • Obradoiro LIM: LIBROS INTERACTIVOS MULTIMEDIA. O LIM é un programa para crear actividades como sopas de letras, encrucillados, galerías de imaxes e sons, completar textos... Podemos facernos unha idea do seu funcionamento vendo algunha das actividades da biblioteca, por exemplo, a paisaxe da costa de Cariño ou cidades.
  • Proxecto Xogamos?. Recurso para a elaboración de xogos de pregunta-resposta. Como exemplo podedes ver este sobre Galicia.
  • Galicia encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia. Antonio Reigosa Carreiras expoñerá os encantos desta páxina da que xa falei na data 14 de agosto.

lunes, 25 de agosto de 2008

O cine, a tv e o video como recursos didácticos

Na seguinte web educativa de economía e sociedade econoaula.com podedes atopar razóns que xustifican a utilización do cine, o video e a televisión nas nosas aulas. Despois de abordar estes motivos analiza a forma en que se pode elaborar o comentario da película e aporta unha clasificación temática de films a utilizar en sociais. Tamén fai unha reseña de programas e canles de tv así como de videos a utilizar en economía.
Na filmoteca virtual da web Aula de cine hai enlaces a material de introducción (ficha técnico-artística, director, suxerencias de aplicación didáctica, puntos de interese,...) para medio centenar de películas. Tamén se atopan referencias a outros materiais didácticos elaborados por diverso profesorado e unha colección de enlaces a espazos web relacionados con este tema:

No blog do Club de lectura da biblioteca do IES Moncho Valcarce Felices Pesadelos podemos atopar información para traballar a película "O nome da rosa.

As webquest fomentan a motivación do alumnado, o traballo en equipo e poñen en marcha actividades creativas e diferentes. Obrigan a utilidade de habilidades cognitivas de alto nivel (comprensión, análise, síntese e avaliación). O alumnado non debe limitarse á búsqueda de información. Debe usar e transformar esa información. Co material presentado neste formato pódese favorecer o aproveitamento didáctico do cine nas aulas. Poderíanse utilizar as seguintes WebQuest ou elaborar algunha nova para traballar aspectos didácticos da película:

Contribucións galegas no congreso virtual "Internet en el aula"

O congreso virtual "Internet en el aula" vai estar aberto ata o 30 de outubro. Ten tres modalidades: espazos de reflexión, contribucións e talleres. Nas contribucións temos actividades e experiencias realizadas en colexios e institutos de España coa axuda das tecnololoxías da información e da comunicación. Pódese ver un listado das contribucións presentadas clasificadas por liña temática, nivel/área ou ferramenta empregada.
Entre as categorías Coñecemento do medio natural, social cultural (primaria) e Ciencias sociais, xeografía e historia, arte (secundaria) atopei seis traballos feitos en Galicia:

viernes, 22 de agosto de 2008

Mister-Wong

Para facilitar a busca dos recursos que imos poñendo neste blog abrin unha conta en Mister-Wong donde os irei clasificando. Por se non o coñecedes, Mister-Wong é unha páxina de marcadores sociais, unha especie de extensión dos favoritos ou marcadores do navegador con algunha vantaxe como a de poder velos desde calquera ordenador ou saber a xente que garda favoritos similares aos nosos. Preparei unha axuda sobre algunha das súas posibilidades, que irei completando según vaia empregando novas funcións.
Estiven buscando grupos con enlaces relacionados coas Ciencias Sociais e solo atopei o CCSS, ao que xa estou anotada. De momento solo somos dúas usuarias e hai poquiños enlaces. Espero que cando comence o curso vaia animándose.

lunes, 18 de agosto de 2008

Xogos de simulación

Na rede existen varios xogos interesantes aplicados ás Ciencias Sociais e dos que anotamos tres aos que se pode acceder directamente tecleando o seu nome en Google:

Los dados de la vida
: Centrado en aspectos xeográficos relacionados co mundo e as súas desigualdades.
Mercápolis: Sobre o comercio e os conflitos coloniais que se orixinaban no antigo Réxime.
Iter-Itineris: Sobre a vida dunha familia na cidade de Bruxas no século XV.
Juego para emprendedores: Trátase dun xogo para reflexionar sobre situacións que poden pasar no día a día dun proxecto empresarial.

domingo, 17 de agosto de 2008

Buscando praia

Por se tamén andades á caza do sol neste nublado agosto que temos, na páxina queplaya.es podedes ver información das praias españolas: tempo previsto, infraestructura, lugares cercanos para visitar, imaxes, chiringuitos... Có apoio dos mapas de Google Maps. Aquí podedes ver a información que pon dunha das praias de Barreiros.
Rexistrándose pódense gardar as praias favoritas e darlles un vistazo antes de organizar a saída.

jueves, 14 de agosto de 2008

Galicia encantada

Nesta páxina, subtitulada Enciclopedia da fantasía popular de Galicia, podemos atopar unha recompilación de lendas populares galegas. A coordinación dos contidos é de Antonio Reigosa, pero pódese colaborar enviando relatos relacionados coa fantasía popular en calquera punto da xeografía galega ou comentarios aos textos publicados. Por exemplo, A vella e o xigante está escrito polo alumnado de 3º de ESO do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria do curso 2005/06.
Entre as seccións da páxina hai un concurso no que, partindo dunha fotografía e a situación no Google Maps hai que dar os datos correctos do lugar e algunha lenda relacionada con el. Hoxe non teñen resposta as fotografías 33 (Seara do Río, no Courel?) e 34 (Mosteiro de San Salvador de Celanova?). Alguén coñece algunha lenda destes lugares?

lunes, 11 de agosto de 2008

O soño dun cartógrafo

A semana pasada lin O soño dun cartógrafo de James Cowan. Nesta novela relátase a vida de frai Mauro, un cartógrafo da corte de Venecia no século XVI que debuxa o mapa do mundo pertindo dos relatos de viaxantes que o visitan na súa celda.

"...convertin en tarefa da miña vida cartografiár o curso dos que vagan polos confines da terra. Ningunha historia de maniño é demasiado trivial para que non mereza a pena escoitala, ningún diario de viaxeiro demasidado pedestre para quenon mereza a pena lelo. Estiven a merced dos comentarios doutros dende que abandonie as matemáticas e a física coa finalidade de estudar o mundo ao que eles enfrontáronse.

Quixen viaxar desde que me alcanza o recordo. Chamome frai Mauro. Sou un monxe maduro en anos e máis ben corpulento. A algúns é posible que lles pareza un pouco perezoso. O meu problema é que sempre deume medo facer esa viaxe..."

Hoxe pódese facer o traballo de frai Mauro de forma moito máis sinxela. Temos ao alcance da man ferramentas que nos permiten tanto coñecer relados das viaxes doutras persoas como representalos nun mapa. Por exemplo, podemos ler os artigos do blog Viaxes de Europa ou da rede social Viajaris. Tamén pódense representar imaxes coa súa situación no mapa. Por exemplo en Flickr temos esta exposición colectiva de fotografías de París.

jueves, 7 de agosto de 2008

Un paseo virtual con moita arte

No número de agosto da revista Personal Computer & Internet hai un artigo sobre as páxinas web dos museos. Céntrase sobre todo na posibilidade de facer percorridos de 360º polas salas, nas ferramentas para ver as pinturas en alta resolución e nos datos administrativos: horarios, tarifas, posibilidade de comprar entradas online...
Os museos tratados no artigo son:
  • Hermitage Museum: ofrece visitas de 360º de case todas as salas, cunha descrición dalgunha das obras exhibidas. Tamén pódense contemplar vistas dos arredores d0 museo. Pódense facer buscas por tipo de obra, autor e título nunha colección dixital dos fondos do museo con imaxes de alta resolución.
  • Louvre: Para as visitas virtuais é necesario ter instalado o programa QuickTime. Ao pasar enriba das obras móstrase unha breve ficha técnica da peza e pulsando nela pódese consultar máis información e ver as imaxes en alta resolución. O visitante pode crear un espazo persoal coas súas obras favoritas.
  • Museos Vaticanos: Cada sala pódese visitar coa axuda de ferramentas que permiten xirar, acercar ou ampliar ou seu interior. É posible consultar a lista completa das obras expostas e as fichas descritivas das máis importantes.
  • National Gallery: Ten arquivos de son, animacións e vídeos feitos por estudiantes do Central Saint Martin's College of Art and Design inspirándose nalgunha das obras do museo. Tamén hai audio tours e unha coleccion de pezas con imaxes en alta resolución.
  • Rijksmuseum: De momento non é posible facer visitas virtuais. Ten unha colección dunha selección de obras do museo con fotos exhaustivas e imaxes das obras, que se poden ordenar seguindo diferentes criterios e ubicalas nunha liña de tempo.
  • Thyssen-Bornemisza: facendo clic sobre as obras ábrese unha ficha coa información do catálogo e a biografía do artista.
Outros museos citados no artigo, pero sen describilos son:
Agardo que sexa do voso interese.